IN423B - Axudas para a renovación de cubertas con tella cerámica.
Obxecto
Esta orde ten por obxecto aprobar as bases, que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión de subvencións da Consellería de Economía, Emprego e Industria en réxime de concorrencia non competitiva, para a renovación de cubertas con tella cerámica na Comunidade Autónoma de Galicia.
Así mesmo, por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións para o ano 2017.
As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto fomentar a renovación de cubertas con tella cerámica acadando melloras significativas na demanda enerxética dos edificios cos conseguintes aforros en termos económicos.
O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que no seu artigo 19.2 establece que as bases reguladoras das convocatorias de axudas poderán exceptuar do requisito de fixar unha orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos cando, polo obxecto e finalidade da subvención, non sexa necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento ata o esgotamento do crédito orzamentario.
Actuacións e gastos subvencionables.
1. A actuación subvencionable será a renovación de cubertas existentes de edificios de vivenda colectiva ou vivendas unifamiliares, xunto coas súas instalacións anexas, de ser o caso, por unha cuberta de tella cerámica. Non se admitirán as solicitudes que consistan na realización de obras ou traballos de renovacións parciais da cuberta.
2. A renovación ten que cumprir ou mellorar as exixencias mínimas que fixa o Código técnico da edificación no documento «DB HE-1 Limitación da demanda enerxética».
3. Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionable.
As actuacións e os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados con anterioridade á data de xustificación establecida no artigo 17.
Consideraranse custos subvencionables, aqueles gastos que se xeren e que sexan directamente imputables ás actuacións de renovación de cubertas, realizados desde o 1 de xaneiro de 2017 ata a data de xustificación establecida no artigo 17, en concreto:
Custos de materiais das novas cubertas de tella cerámica.
Custos de desmontaxe das cubertas existentes.
Custos de montaxe das novas cubertas de tella cerámica.
Custos das memorias básicas, informes técnicos e certificados necesarios ou proxectos de arquitectura ou enxeñaría na parte correspondente ás actuacións que se vaian subvencionar.
Custos de licenzas.
Custos non subvencionables:
A sustitución ou instalación de carpintarías exteriores (fiestras, canalóns, etc.) e vidros, así como chemineas.
Os gastos e custos financeiros, como consecuencia do investimento.
Os gastos realizados en bens usados.
O imposto sobre o valor engadido (IVE) subvencionarase cando non sexa susceptible de recuperación ou compensación.
4. Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, para o contrato menor, a persoa beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren ou salvo que o gasto se tivese realizado con anterioridade á solicitude da subvención.
A elección entre as ofertas presentadas, que deberá achegarse xunto coa solicitude, realizarase conforme os criterios de eficacia e economía, e no suposto de non recaer a adxudicación na proposta económica máis vantaxosa, deberán achegar unha memoria na que se xustifique expresamente a elección do adxudicatario do contrato.
5. Permítese a subcontratación total ou parcial, pola persoa beneficiaria das actuacións subvencionables, sempre que se axusten ás previsións dispostas no artigo 27 da Lei 9/2007 do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Ler máis Ler menos
A quen vai dirixido?
Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas ou as comunidades de propietarios, sempre que a actuación subvencionable descrita no artigo 2 desta orde se realice en vivendas ou edificios de vivenda colectiva e nas súas edificacións anexas da súa titularidade, sitos na Comunidade Autónoma de Galicia.
Obrigas das persoas beneficiarias.
a) Executar as actuacións que fundamenten a concesión da subvención.
b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización das actuacións e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o goce da subvención.
c) Obter todos os permisos e licenzas que se requiran para o desenvolvemento dos traballos obxecto da axuda, así como cumprir cos requisitos establecidos nas normativas de aplicación, especificamente as relativas á marcaxe CE e á colocación.
d) Someterse ás actuacións de comprobación que serán efectuadas polo órgano concedente, así como a calquera outra actuación de comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o que achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
e) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
f) Dispoñer dos documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación sectorial aplicable á persoa beneficiaria en cada caso.
g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación de fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
h) En cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, no caso da promoción ou difusión pública que as persoas beneficiarias realicen da actuación subvencionada por calquera soporte, deberá constar o cofinanciamento con fondos da Xunta de Galicia a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, que se efectuará incorporando de forma visible o símbolo e logotipo da Xunta de Galicia.
i) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
j) Se é o caso, non disolver a comunidade de propietarios ata que transcorra o prazo de prescrición establecido nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
k) En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo gobernó, a que se atopen vinculadas, logo de requerimento, toda a información necesaria para ao cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.
Ler máis Ler menos
Requisitos
- Non poderán obter a condición de persoa beneficiaria, as persoas físicas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e na súa normativa de desenvolvemento.
- En ningún caso o obxecto da subvención se destinará nin se adscribirá a ningunha actividade empresarial ou profesional.
- As persoas beneficiarias obríganse a facilitar canta información lles sexa requirida pola Dirección Xeral de Enerxía e Minas no exercicio das súas funcións de fiscalización do destino das axudas.
A onde acudir
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS
SUBDIRECCIÓN XERAL DE RECURSOS MINERAIS
SERVIZO DE XESTIÓN MINEIRA
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957092 / 981545588
Fax: 981545515
Email: cei.dxiem.axudasminas@xunta.gal
Órgano responsable
SERVIZO DE XESTIÓN MINEIRA
Normativa
Ámbito Autonómico
Orde do 19 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a renovación de cubertas con tella cerámica, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 128 do 6 de xullo de 2017).
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
Ronda de Fingoi, 170 , Lugo
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
Rúa da Fonte, 3 , Castroverde
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas
Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres