IN421I - Axudas a particulares para proxectos térmicos de biomasa.

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica

Iniciar presentación electrónica: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento desde outro sistema electrónico da Administración da Xunta de Galicia.


Presencial

Modelo de solicitude

Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos da solicitude

Prazo de presentación: 24/03/2017 - 24/04/2017.

Un (1) mes, contado desde o día seguinte ao de remate do prazo de adhesión das entidades colaboradoras. Se o último día do prazo fose inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Prazo de resolución: Catro meses

Sentido do silencio administrativo: Negativo

Versión en formato PDF

  • Co envío da solicitude (anexo III) deberase incluír dixitalmente e en formato PDF, con tamaño máximo por arquivo individual de 5 MB, a seguinte documentación complementaria:
    • a) Autorización para a representación segundo o anexo IV.
    • b) Acreditar a titularidade dos terreos ou inmobles sobre os cales se vai executar o proxecto, ou da dispoñibilidade destes durante un período mínimo de cinco anos (que permitan concretar a situación do predio ou inmoble sobre o terreo).
      Os documentos admitidos para acreditar a titularidade son: titulo de propiedade (copia compulsada ou copia simple, certificado catastral, recibo de pagamento do IBI (emitido polo concello ou polo organismo encargado de xestionar o imposto), contrato de arrendamento ou cesión de uso, xunto documento que acredite a titularidade do arrendador ou cedente.
    • c) No suposto de que o solicitante sexa unha persoa física consultarase automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
      i. DNI/NIE, so no caso de denegar expresamente a súa consulta.
    • d) No suposto de que o solicitante sexa unha agrupación de persoas físicas, privadas sen personalidade, o representante deberá asinar a solicitude e a entidade colaboradora achegará a seguinte documentación:
      • I. Documentación que acredite a súa constitución.
      • II. Documentación que acredite a representación con que se actúa.
      • III. Documento en que consten os compromisos de execución asumidos por cada un dos integrantes, así como o importe de subvención que vai aplicar cada un deles, que terán igualmente a condición de beneficiarios mediante a presentación do anexo V, que se xunta a título informativo. Este anexo deberá formalizarse a traves da aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal).
    • e) No caso de que unha comunidade de veciños sexa a solicitante, de conformidade co artigo 13.3 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, sobre propiedade horizontal, o/a presidente/a terá a representación da comunidade neste procedemento e será a persoa asinante da documentación, e deberá presentarse:
      • I. A acta de constitución da comunidade de propietarios coa relación dos propietarios e a determinación da cota de participación respectiva.
      • II. Certificación do acordo adoptado pola maioría legalmente establecida pola correspondente comunidade de propietarios en que se aceptan as bases da convocatoria, se comprometen á execución das respectivas obras e se faculta o presidente ou administrador de predios para formular a solicitude de subvención.
      • III. Acta onde conste o nomeamento do presidente ou certificado expedido polo secretario da comunidade referente a este aspecto, ou certificación do administrador de predios que xestione a comunidade.
      • IV. Documento en que consten os compromisos de execución asumidos por cada un dos integrantes, así como o importe de subvención que vai aplicar cada un deles, que terán igualmente a condición de beneficiarios mediante a presentación do anexo V, que se xunta a título informativo. Este anexo deberá formalizarse a traves da aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal).
    • f) Memoria tecnica da actuación. Composta polos seguintes documentos:
      • I. Descrición da instalación proxectada segundo o modelo dispoñible na web do Inega (www.inega.gal), unha memoria tecnica na cal se describirán, de forma detallada, os sistemas da caldeira, os compoñentes principais da instalación termica e do sistema de alimentación de combustible.
      • II. Planos de situación en que se indique a localización dos equipamentos. Fotografía de vista aerea en que se indique de forma apreciable a edificación onde se executará a instalación (SIXPAC, Catastro, etc.). Bosquexos ou planos en que se localicen os equipamentos na edificación.
      • III. Folla de características da caldeira utilizada.
      • IV. No caso de que esta caldeira non estea atope na base de datos do Inega, declaración de conformidade da caldeira segundo a normativa vixente.
    • g) Con independencia do importe do gasto subvencionable, e na procura da moderación de custos propostos, e obrigatorio que a entidade adherida a que corresponde a oferta seleccionada presente, xunto co resto da documentación complementaria, as tres ofertas da instalación que se pretende levar a cabo.
      As ofertas deberán ser comparables desde un punto de vista tecnico-económico, e corresponderán a instalacións con características similares. No caso de que non se escolla a oferta máis vantaxosa desde un punto de vista económico, deberá estar debidamente xustificada a elección, que se fundamentará en criterios tecnico-económicos. No caso de que a xustificación non sexa a adecuada poderá tomarse como investimento elixible o orzamento correspondente á oferta máis económica.
      Deberá remitirse o contido de cada unha das ofertas, e non se admitirá o certificado, informe, invitacións realizadas ou documento similar con indicación que se solicitaron e se tiveron en conta tales ofertas na elección da proposta escollida sen que se concrete o seu alcance.
      Non será necesario acreditar as 3 ofertas no suposto de que polas especiais características dos gastos que se subvencionan non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten. Neste suposto o beneficiario deberá prestar declaración expresa motivada en tal sentido.
  • As solicitudes deberán presentarse exclusivamente por vía electrónica a traves do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal), de acordo co establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
  • A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada de documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 28.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberá indicarse o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
  • No caso de que algún dos documentos que se deba presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos e na forma prevista no artigo 14 desta Resolución.
  • Non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente. Para estes efectos a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta e autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
    Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirllo á persoa interesada, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Instrucións

Versión en formato PDF

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (INEGA)

R/ Avelino Pousa Antelo, 5 San Lázaro
15707Santiago de Compostela
Teléfono: 981541500Fax: 981541515
Información web: www.inega.es

Versión en formato PDF

O obxecto destas subvencións é apoiar proxectos promovidos polos particulares e as súas agrupacións e asociacións con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante equipamentos que utilicen biomasa como combustible.
Serán subvencionables:
a) O custo do equipamento térmico e os seus accesorios principais (sistema de regulación e control, sistemas de limpeza, depuración de fumes, extracción de cinzas).
b) O resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento de sistema.
c) O custo do sistema de almacenamento do combustible.
d) O custo do sistema de alimentación do combustible.
e) O custo de montaxe e conexionado.
f) O IVE, cando non sexa recuperable conforme a lexislación nacional sobre IVE.
En todo caso, os beneficiarios que gocen da exención do IVE deberán acreditar esta circunstancia mediante a presentación do correspondente certificado emitido pola Administración tributaria.
Non son subvencionables:
a) Os gastos de funcionamento da actividade subvencionada e material funxible en xeral.
b) Os gastos anteriores á presentación da solicitude.
c) A reposición ou mera substitución de equipamentos existentes. Para estes efectos, enténdense por gastos de reposición ou substitución aqueles que se limiten a substituír unha máquina existente ou parte dela por unha máquina nova e moderna sen ampliar a capacidade de produción en máis dun 25 % ou introducir cambios fundamentais na natureza da produción ou tecnoloxía correspondente).
d) Equipamento e materiais de segunda man.
e) A simple reposición ou substitución de equipamento e maquinaria.
f) As obras de mantemento e os gastos de alugueiro.
g) As taxas e licenzas administrativas.
h) As partidas de gastos xerais e beneficio industrial, cando estas partidas formen parte do prezo de licitación de acordo coa normativa de contratación administrativa.
i) As conducións de distribución interior da calor e os equipamentos emisores, salvo cando estes sexan parte activa do circuíto de xeración térmica.

Beneficiarios:

1. Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas de dereito privado, propietarias ou titulares de calquera dereito sobre inmobles de dereito residencial, comunidades ou mancomunidades de veciños, sempre que as actuacións subvencionables descritas no artigo 3 se realicen en vivendas ou edificios do sector residencial sitas na Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, as agrupacións de persoas físicas, privadas sen personalidade; estas non poderán disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da citada Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Requisitos:

1. Son obrigas dos beneficiarios as establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, en particular, as seguintes:
a) Que non estean iniciados na data de presentación da solicitude da axuda. Os solicitantes poderán iniciar a execución do proxecto unha vez presentada a solicitude de axuda.
b) As actividades deberán ser realizadas no ámbito rural de Galicia, entendido como tal o ámbito de aplicación do PDR 2014-2020 de Galicia.
c) A definición de zona rural realizarase por eliminación daquelas zonas consideradas densamente poboadas (urbanas) en cada territorio.
A delimitación destas zonas onde se debe realizar a actividade está definida a nivel de parroquia en función da densidade da poboación. Só serán elixibles as parroquias definidas como rurais ou intermedias para os efectos da aplicación do Feader (clasificación ZPP ou ZIP do grao de urbanización da parroquia segundo o GU 2016).
Esta información pode ser consultada na web do Instituto Galego de Estatística:
http://www.ige.eu/estatico/estat.jsp?ruta=html/gl/rural-urbano/MapaParroquiasGrao2016.htm
d) Que sexan finalistas, é dicir, que no momento da certificación final cumpran os obxectivos e funcións para os cales foron aprobados.
e) Que sexan viables tecnicamente.
f) Que se axusten á normativa sectorial (comunitaria, estatal e autonómica) en materia enerxética.
g) Que se axusten ás especificacións indicadas nas presentes bases.
h) Que o solicitante non teña sido sancionado pola Consellería de Economía, emprego e Industria pola comisión de infraccións en materia de subvencións no prazo dun ano se a infracción foi cualificada como leve, de dous anos se a infracción foi cualificada como grave ou tres anos se a infracción foi cualificada como moi grave. Os prazos computaranse desde a data de remate do prazo de presentación das solicitudes.
2. O beneficiario, no caso de pagamento indebido, quedará obrigado a reembolsar o importe en cuestión, ao cal se engadirán, de ser o caso, os xuros. Non se aplicará a obriga de reembolso se o pagamento é froito dun erro da autoridade competente ou doutra autoridade sen que o beneficiario puidese detectar razoablemente ese erro (artigo 7.1 e 3 do Regulamento (UE) 809/2014, da Comisión, do 17 de xullo de 2014).
Con carácter xeral, os supostos de retirada total e parcial da axuda e a imposición de sancións administrativas ao beneficiario e ás entidades colaboradoras veñen regulados no artigo 63 do Regulamento (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014.

Versión en formato PDF

AUTONÓMICA

Resolución do 9 de febreiro de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa destinadas a particulares e cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, se anuncia a convocatoria anticipada para o ano 2017 e se procede á selección das entidades colaboradoras que participarán na xestión destas subvencións (DOG nº 43 do 2 de marzo de 2017).

Ligazón á normativa

Versión en formato PDF


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.