IN417Y - Subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión, mobilidade con combustibles alternativos e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica

Iniciar presentación electrónica: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento desde outro sistema electrónico da Administración da Xunta de Galicia.


Presencial

Modelo de solicitude

Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos da solicitude

Prazo de presentación: 09/09/2016 - 08/10/2016.

Un mes, contado desde o seguinte a aquel en que se publiquen as presentes bases no Diario Oficial de Galicia.

Prazo de resolución: Catro meses

Sentido do silencio administrativo: Negativo

Versión en formato PDF

  • Xunto coa solicitude presentaranse anexadas copias dixitalizadas da documentación complementaria. Os documentos da solicitude deberán incluír unha parte administrativa (A) e unha parte tecnica (B) que se describe a continuación:
    • A) Documentación administrativa:
      Dentro da parte administrativa distinguirase a documentación común a todas as solicitudes (subepígrafe A.1.) e a específica en función do tipo de solicitante (subepígrafe A.2.).
      A.1. Documentación que deben achegar todos os solicitantes:
      1. Modelo de solicitude (anexo I).
      2. Copia do DNI ou NIE do solicitante (persoa física), só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade.
      3. Documento oficial en que conste o código CNAE correspondente á actividade da empresa, tal como: declaración censual, declaración de vida laboral, imposto de actividades económicas. Tamen se aceptarán os documentos en que aparezan as actividades recollidas no IAE que se correspondan coas seccións do CNAE 2009.
      4. Declaración responsable asinada polo representante legal do solicitante de ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o cal se conceda a axuda (modelo dispoñible na páxina web do Inega).
      A.2. Especificacións segundo o tipo de solicitante:
      1. Autónomos:
      Certificado da AEAT en que se indiquen as epígrafes do imposto de actividades económicas (IAE) en que figura dado de alta. Só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
      2. Empresas:
      a) Se non teñen o domicilio social en Galicia, deberán acreditar, cando menos, a existencia dun centro de traballo ou a realización dalgunha actividade empresarial xustificable dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
      No caso das empresas de servizos enerxeticos, o que debe estar situado no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia son os centros de consumo.
      b) Cando non estean obrigadas por lei a inscribirse no Rexistro Mercantil ou calquera outro rexistro público, presentarán a documentación acreditativa da constitución e da representación correspondente.
      Cando unha empresa de servizos enerxeticos xestione total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía deberá achegar ademais:
      a) Unha copia do contrato de servizos enerxeticos en que se recollan as cláusulas asociadas ao proxecto para o cal se solicita a axuda.
      b) Constancia por escrito da autorización e do coñecemento por parte do titular ou titulares da instalación de que se solicita a subvención.
    • B) Documentación tecnica.
      Debe achegarse a documentación tecnica recollida na epígrafe correspondente ao tipo de solicitude:
      B.1. Documentación específica para as solicitudes de axuda para auditorías enerxeticas:
      ? Memoria tecnica do proxecto segundo o modelo de memoria tecnica AE dispoñible na web do Inega (www.inega.es). O incumprimento do contido mínimo desta memoria poderá dar lugar á inadmisión a trámite desta solicitude.
      ? Documento denominado «Ficha de consumos AE», segundo o modelo dispoñible na web do Inega (www.inega.es), no cal se relacione o número de factura e o consumo enerxetico de todas as facturas (electricidade, gas, fuel óleo, gasóleo?) do período anual tomado como referencia (2015 ou últimos doce meses), así como os datos enerxeticos do proxecto.
      ? Compromiso formal do representante de execución de todas as actuacións de aforro detectadas na auditoría que presenten o suficiente grao de madurez tecnolóxica e un período de retorno inferior a dous anos e declaración de que a auditoría non e obrigatoria segundo a normativa vixente.
      ? Certificado do responsable da empresa da porcentaxe de custos que representou a enerxía en relación ao conxunto de custos do centro de traballo no último exercicio.
      B.2. Documentación específica para as solicitudes de axuda para proxectos de mobilidade alternativa:
      ? Memoria tecnica do proxecto segundo o modelo de memoria tecnica MA dispoñible na web do Inega (www.inega.es). O incumprimento do contido mínimo desta memoria poderá dar lugar á inadmisión a trámite desta solicitude.
      ? Documento denominado «Ficha de consumos MA», segundo o modelo dispoñible na web do Inega (www.inega.es), na cal se relacione o número de factura e o consumo enerxetico das facturas de combustible do período anual tomado como referencia (2015 ou últimos doce meses), así como os datos enerxeticos do proxecto.
      ? Fotografías dos vehículos actuais nas cales se observe a súa matrícula ou placa identificativa.
      ? Documentación acreditativa da titularidade do vehículo.
      ? Para novos vehículos, características tecnicas dos vehículos para os cales se solicita a axuda subministrada polo fabricante (catálogo, certificado ou ficha tecnica do fabricante).
      ? Para transformacións de vehículos, características tecnicas dos elementos que se van incorporar e ficha de características tecnicas do vehículo unha vez transformado na cal se indique o consumo enerxetico deste.
      B.3. Documentación específica para as solicitudes de axuda para proxectos de implantación de sistemas de xestión:
      ? Memoria tecnica do proxecto segundo o modelo de memoria tecnica SX dispoñible na web do Inega (www.inega.es). O incumprimento do contido mínimo desta memoria poderá dar lugar á inadmisión a trámite desta solicitude.
      ? Documento denominado «Ficha de consumos SX», segundo o modelo dispoñible na web do Inega (www.inega.es), no cal se relacione o número de factura e o consumo enerxetico de todas as facturas (electricidade, gas, fuel óleo, gasóleo,?) do período anual tomado como referencia (2015 ou últimos doce meses), así como os datos enerxeticos do proxecto.
      ? Certificado do responsable da empresa da porcentaxe de custos que representou a enerxía en relación co conxunto de custos do centro de traballo no último exercicio.
      B.4. Documentación específica para as solicitudes de axuda para proxectos de aforro e eficiencia enerxetica. Distínguese entre proxecto de iluminación e calquera outro tipo de proxectos:
      B.4.1. Proxectos de aforro e eficiencia de iluminación en industria:
      ? Memoria tecnica do proxecto segundo o modelo de memoria tecnica PAE_ILU dispoñible na web do Inega (www.inega.es). O incumprimento do contido mínimo desta memoria poderá dar lugar á inadmisión a trámite desta solicitude.
      ? Fotografías da instalación actual.
      ? Plano de situación das instalacións no establecemento, coa distribución dos equipamentos, en instalacións simples bastará cun plano en planta de localización do centro de traballo.
      ? Características tecnicas dos equipamentos para os cales se solicita a axuda subministrada polo fabricante (catálogo, certificado ou ficha tecnica do fabricante), onde se inclúan os datos lumínicos e do seu consumo enerxetico.
      ? Estudo lumínico das zonas que se reformarán, identificando o programa de cálculo utilizado para a súa realización co obxecto de xustificar os valores que se indican no artigo 5.2. (Em, UGRL /GRL e Uo).
      ? Para as instalacións de iluminación que estean incluídas no ámbito de aplicación do documento HE3 (Eficiencia enerxetica das instalacións de iluminación) do Código tecnico da edificación, xustificación asinada por un tecnico competente de que cumpren coas exixencias establecidas nel. Nos casos en que a instalación non estea incluída total ou parcialmente no ámbito de aplicación xuntar escrito xustificativo dos motivos.
      ? Ademais, nos casos en que proceda, achegar certificado de ter implantado un sistema de xestión enerxetica segundo a Norma UNE-EN ISO 50001:2011.
      B.4.2. Outros proxectos de aforro e eficiencia:
      ? Memoria tecnica do proxecto segundo o modelo de memoria tecnica PAE dispoñible na web do Inega (www.inega.es). O incumprimento do contido mínimo desta memoria poderá dar lugar á inadmisión a trámite desta solicitude.
      ? Documento denominado «Ficha de consumos PAE», segundo o modelo dispoñible na web do Inega (www.inega.es), no cal se relacione o número de factura e o consumo enerxetico de todas as facturas (electricidade, gas, fuel óleo, gasóleo,?) do período anual tomado como referencia (2015 ou últimos doce meses), así como os datos enerxeticos do proxecto.
      ? Fotografías da instalación actual.
      ? Plano de situación das instalacións no establecemento, coa distribución dos equipamentos, en instalacións simples bastará cun plano en planta de localización do centro de traballo.
      ? Características tecnicas dos equipamentos para os cales se solicita a axuda subministradas polo fabricante (catálogo, certificado ou ficha tecnica do fabricante), onde se inclúan os datos da produtividade do equipamento e do seu consumo enerxetico.
      Ademais, nos casos en que proceda, tamen se debe achegar o seguinte:
      ? Certificado de ter implantado un sistema de xestión enerxetica segundo a Norma UNE-EN ISO 50001:2011.
      ? Memoria tecnica adicional para actuacións de renovación de edificios segundo o modelo de memoria tecnica adicional edificios PAE, dispoñible na web do Inega (www.inega.es).
      ? Folla de características da caldeira, onde deberán estar incluídos os rendementos requiridos.
      ? Certificado do coeficiente de rendemento (COP/EER) emitido por un laboratorio independente e acreditado para realizar as probas segundo a Norma UNE-EN 14511, para os equipamentos incluídos no ámbito de aplicación da dita norma (os que non estean incluídos teñen que xustificalo cun informe tecnico do fabricante). Para os fabricantes asociados a Eurovent, será suficiente con presentar a impresión da parte da base de datos en que figure a combinación unidade exterior-interior para a cal se solicita a axuda. Para os equipamentos con selo de calidade da EPHA (Asociación Europea de Bomba de Calor), será suficiente con achegar calquera documento que xustifique que o modelo ten o dito selo en vigor.
      ? Valor do SPF (prestacións medias estacionais) segundo a Norma UNE-EN 14825:2012, UNE-EN 12309 ou o documento «Prestacións medias estacionais das bombas de calor», elaborado polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo e traves do IDAE.
      A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
  • As solicitudes subscribiranas directamente os interesados ou a persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito.
  • A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a traves do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es) e na páxina web do Inega (www.inega.es), de conformidade co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para o acceso á aplicación de presentación das solicitudes será necesario o número do NIF e o contrasinal determinado polas persoas interesadas.
  • A documentación complementaria indicada no artigo 8 destas bases presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
    A publicación dos formularios de solicitude no DOG faise unicamente para os efectos informativos.
  • Na páxina web do Inega disporase de instrucións de axuda para consulta dos solicitantes. Para o caso de dificultades tecnicas ou no caso de requirir máis información, o Inega pon á disposición dos interesados o seu servizo de asistencia tecnica, a traves do número de telefono 981 54 15 00 ou do enderezo de correo electrónico inega.info@xunta.es

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Instrucións

Versión en formato PDF

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (INEGA)

R/ Avelino Pousa Antelo, 5 San Lázaro
15707Santiago de Compostela
Teléfono: 981541500Fax: 981541515
Información web: www.inega.es

Versión en formato PDF

Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión, mobilidade alternativa e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas do sector industrial e servizos que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado desta resolución.
O procedemento administrativo para a concesión de subvencións será o de concorrencia competitiva.
Actuacións que se subvencionan.
1. Poderán obter dereito á subvención todas aquelas actuacións descritas no artigo 5 destas bases que se executen dentro do territorio da Comunidade Autónoma e o prazo de execución dos proxectos subvencionables iniciarase unha vez se teña efectuada a solicitude de axuda ante esta entidade e rematará no prazo previsto no artigo 21.
2. O investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable debe ser de 10.000 euros por actuación, salvo no caso das auditorías enerxéticas e mobilidade alternativa cuxo investimento mínimo será de 6.000 euros.
3. Cada empresa poderá presentar unha ou máis solicitudes. Cada solicitude recollerá un único proxecto técnico que pode constar dunha soa actuación ou de varias actuacións homoxéneas executadas nunha mesma localización e que se valorarán de xeito conxunto. Por exemplo, considéranse actuacións homoxéneas que deben contemplarse nunha única solicitude as seguintes:
- Todas as actuacións de iluminación que se realicen no centro de traballo.
- A renovación de varios equipamentos para o mesmo fin. Por exemplo, a instalación de dúas caldeiras para proceso aínda que estas non sexan iguais (ademais debe incluírse no mesmo proxecto calquera actuación relacionada que se efectúe na sala de caldeiras, como pode ser a instalación dun economizador ou tanque de revaporizado).
Considéranse actuacións non homoxéneas e que, polo tanto, deben cursarse en solicitudes independentes, a combinación de proxectos independentes, por exemplo, a renovación dun compresor, a renovación dos equipamentos de iluminación, a renovación das caldeiras, a instalación de variadores de frecuencia en motores, unha instalación fotovoltaica,?
4. Cando unha empresa presente máis dunha solicitude, pode evitar o envío reiterativo de documentación administrativa indicando o número de expediente e a documentación xa presentada con anterioridade.

Beneficiarios:

a) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídos no sector servizos ou da industria. Para efectos desta orde considerarase sector servizos as actividades incluídas nas seccións: G, H, I, J, K, L ,M, N, O, P, Q, R, S, T ou U do CNAE 2009. Dentro do sector industrial serán subvencionables as empresas incluídas na sección B, C ou D do CNAE-2009, coa excepción da industria extractiva enerxética, a de refinación do petróleo e biocombustible, así como as empresas de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica.
Tamén serán subvencionables as actividades contempladas no IAE que se correspondan con estas seccións do CNAE 2009.
b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía en que o obxecto dos contratos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía. Os centros de consumo en que se actúe deben estar situados en Galicia, corresponder a empresas incluídas no ámbito de actuación das presentes bases e, en concreto, desenvolver algunha das actividades recollidas no parágrafo anterior e amparadas polo Regulamento (UE) 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior.
Pola contra, non poden ser centros consumidores de enerxía nin as persoas particulares (comunidades de propietarios) nin as empresas recollidas no número 4 deste artigo.
O pagamento dos servizos que prestan as ditas empresas baséase na obtención de melloras de eficiencia enerxética e no cumprimento dos demais requisitos de rendemento convidos. Contarase en todo caso con visto e prace do titular da instalación, por se dese lugar á modificación do contrato existente entre ambas as partes.
As empresas de servizos enerxéticos deberán cumprir os requisitos establecidos no Real decreto 56/2016 para o desenvolvemento da actividade profesional de provedor de servizos enerxéticos e deberán estar incluídas na listaxe de provedores de servizos enerxéticos regulada no capítulo III do citado real decreto.
Segundo a definición da Directiva 2006/32/CE, do 5 de abril, sobre a eficiencia do uso final da enerxía e dos servizos enerxéticos, e para os efectos destas bases, entenderase por empresa de servizos enerxéticos, aquela persoa física ou xurídica que poida proporcionar servizos enerxéticos na forma definida no parágrafo seguinte nas instalacións ou locais dun usuario e que afronte certo grao de risco económico ao facelo. Todo isto sempre que o pagamento dos servizos prestados se basee, xa sexa en parte ou totalmente, na obtención de aforros de enerxía por introdución de melloras da eficiencia enerxética e no cumprimento dos demais requisitos de rendemento convidos.
O servizo enerxético prestado pola empresa de servizos enerxéticos consistirá nun conxunto de prestacións, incluíndo a realización de investimentos inmateriais, de obras ou de subministracións necesarias para optimizar a calidade e a redución dos custos enerxéticos. Esta actuación poderá comprender ademais da construción, instalación ou transformación de obras, equipamentos e sistemas, o seu mantemento, actualización ou renovación, a súa explotación ou a súa xestión derivados da incorporación de tecnoloxías eficientes. O servizo enerxético así definido deberá prestarse baseándose nun contrato que deberá levar asociado un aforro de enerxía verificable, medible o estimable.
As persoas ou entidades que resulten beneficiarias da subvención e con posterioridade contratasen a xestión enerxética, total ou parcialmente, a unha empresa de servizos das definidas no punto anterior deste artigo, poderán solicitar a modificación da resolución de concesión no sentido de que pase a ser beneficiaria esta última, xuntando unha copia do contrato de servizos enerxéticos en que se recollan as cláusulas asociadas ao proxecto para o cal se solicita a axuda. Esta solicitude deberá presentarse, como mínimo, 20 días hábiles antes da finalización do prazo de xustificación do investimento do proxecto e pode dar lugar á minoración da axuda inicialmente outorgada tras a aplicación da metodoloxía de cálculo da axuda, segundo o establecido nestas bases, no caso de que se produza unha variación do investimento elixible ou das características técnicas do proxecto.
Son obrigas dos beneficiarios, sen prexuízo das demais obrigas que figuran no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:
a) Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión das subvencións.
b) Xustificar ante o Inega o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou gozo da subvención.
c) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuase o Inega, así como a calquera outra de comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, nomeadamente a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
Ademais, e posto que a convocatoria está dotada con fondos comunitarios, todo beneficiario someterase ás verificacións que levará a cabo a autoridade de xestión sobre a base do disposto nos números 4 e 5 do artigo 125 do Regulamento (CE) núm. 1303/2013, polo que se fixan as disposicións comúns relativas ao Feder, ao FSE e ao Fondo de Cohesión (DOUE L 347, do 20 de decembro), así como ás comprobacións pertinentes dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo.
d) Comunicar ao Inega a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e sempre con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
e) Manter o investimento de que se trate para a finalidade e co carácter solicitado por un período mínimo de cinco anos unha vez rematado o proxecto, previsión que para o suposto de cofinanciamento con fondos comunitarios está recollida no artigo 71 do Regulamento (CE) núm. 1303/2013, polo que se fixan as disposicións Comúns relativas ao Feder, ao FSE e ao Fondo de Cohesión (DOUE L 347, do 20 de decembro) sobre a invariabilidade das operacións durante cinco anos desde o remate da operación, mantendo o investimento sen modificacións substanciais.
Nos contratos de servizos enerxéticos que teñan unha duración inferior a cinco anos terase que achegar un documento asinado polo propietario da instalación no cal asume o compromiso de manter o investimento hasta que se cumpra este período.
f) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como cantos estados contables e rexistros específicos sexan exixidos polas bases reguladoras das subvencións, coa finalidade de garantir o exercicio adecuado das facultades de comprobación e control, así como facilitar a pista de auditoría.
g) Ao tratarse de subvencións cofinanciadas con fondos estruturais da Unión Europea, en relación coa publicidade do financiamento, de conformidade co previsto no anexo XII, punto 2.2 do Regulamento (UE) núm. 1303/2013, o beneficiario deberá recoñecer o apoio do Feder á operación amosando en todas as medidas de información e comunicación que leve a cabo o emblema da Unión, así como unha referencia ao Feder que dá apoio á operación.
Ademais, durante a realización da operación o beneficiario deberá:
1º. Informar o público do apoio obtido do Feder durante a realización do proxecto facendo unha breve descrición no seu sitio de internet, de xeito proporcionado ao nivel de apoio prestado, cos seus obxectivos e resultados e destacando o apoio financeiro da Unión.
2º. Colocar, nun lugar ben visible para o público, por exemplo na entrada dun edificio, un cartel de tamaño mínimo A3, no cal se indicará o nome e o obxectivo principal da operación.
3º. Sen prexuízo do anterior, o beneficiario colocará nun lugar ben visible para o público un cartel ou placa permanente de tamaño significativo nun prazo de tres meses a partir da conclusión da operación que reúna as características seguintes:
a) A contribución pública total á operación supere os 500.000 euros;
b) A operación consista na compra dun obxecto físico, no financiamento dunha infraestructura ou en traballos de construción.
Os carteis ou as placas indicarán o nome e o obxectivo principal da operación e elaboraranse de acordo coas características técnicas adoptadas pola Comisión no Regulamento de execución (UE) núm. 821/2014, da Comisión, do 28 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) núm. 1303/2013.
O Inega facilitará modelos de carteis ou placas a través da súa web.
h) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Requisitos:

- Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
- Cando se trate de axudas para mobilidade alternativa e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas do sector industrial e de servizos, non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 1 do Regulamento (UE) núm. 651/2014, do 17 de xuño, entre as cales figuran:
a) As empresas do sector da pesca e da acuicultura, segundo se recolle no Regulamento (UE) núm. 1379/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro.
b) As empresas que operan na produción primaria de produtos agrícolas que figuran na lista do anexo I do Tratado.
c) Aquelas que operan na transformación e comercialización dos produtos agrícolas:
? Cando o importe da axuda se determine en función do prezo ou da cantidade de produtos deste tipo adquiridos a produtores primarios ou comercializados polas empresas interesadas.
? Cando a axuda estea supeditada a que unha parte ou a súa totalidade repercuta nos produtos primarios.
Non poderán obter a condición de beneficiarias as empresas suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que tivese declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas en crise, excepto cando se trate de réximes de axudas destinados a reparar os prexuízos causados por determinados desastres naturais (artigo 1 do Regulamento (UE) núm. 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño).
- Cando se trate de axudas de minimis para a realización de auditorías enerxéticas e implantación de sistemas de xestión, non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas en que concorra algunha das causas de exclusión previstas no artigo 1 do Regulamento (UE) núm. 1407/2013, da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis; no artigo 1 do Regulamento (UE) núm. 1408/2013, da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola, e no artigo 1 do Regulamento (UE) núm. 717/2014, da Comisión, do 27 de xullo, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura.

Versión en formato PDF

AUTONÓMICA

Resolución do 10 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión, mobilidade alternativa e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industrial e de servizos para o ano 2016, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (DOG nº 171 do 8 de setembro de 2016).

Ligazón á normativa

AUTONÓMICA

Resolución do 29 de novembro de 2016 pola que se modifica o artigo 21 da Resolución do 10 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións, para o ano 2016-2017, para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión, mobilidade alternativa e proxectos de aforr


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.