IN417W - Axudas para o aforro e eficiencia enerxética: auditorías enerxéticas e investimentos de aforro e eficiencia enerxético(AGR)
Obxecto
Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións ás actuacións e proxectos de aforro e eficiencia enerxética, tal e como se definen por sectores de actividade nas epígrafes do anexo I, que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no seu articulado e anexos.
Poderán obter dereito a subvención todas aquelas actuacións solicitadas dentro do prazo previsto no artigo 5 destas bases, sempre que se executen entre o día 1 de xaneiro de 2011 e o 15 de setembro de 2012 dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Estas axudas son para Auditorías enerxéticas e proxectos de mellora de eficiencia enerxética no sector agrario (AGR).
Concepto e custo elixible.
Auditorías enerxéticas e implantación de melloras derivadas dunha auditoría enerxética previa en instalacións consumidoras de enerxía no sector agrario destinadas a mellorar a eficiencia enerxética.
As auditorías resultantes deberán ter o contido mínimo indicado no documento «Contido mínimo de auditoría enerxética» dispoñible na páxina web do Inega (http://www.inega.es). O formulario de resultados da auditoría deberá cubrirse na súa totalidade. O incumprimento destes requisitos poderá dar lugar á minoración ou denegación da axuda segundo corresponda. A auditoría enerxética previa debe alcanzar a actuación a acometer e xustificar a natureza e os resultados desta.
Custo elixible e contía máxima da subvención
Para a implantación das medidas que propoñan as auditorías enerxéticas a contía máxima da axuda será dun 20% do custo elixible (illamento térmico, bombas, caldeiras, equipamentos de frío, etc...) e ata un 40% para a mellora dos sistemas de iluminación artificial.
A contía máxima da subvención para a realización tanto da auditoría enerxética como da auditoría previa que ten que ir asociada ao investimento, será do 75% do custo da auditoría cun límite de 7.500 euros /estudo.
Ler máis Ler menos
A quen vai dirixido?
Empresas do sector primario: agricultura, gandaría e acuicultura.
A onde acudir
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (INEGA)
R/ Avelino Pousa Antelo, 5 San Lázaro
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541538
Fax: 981541515
Órgano responsable
INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (INEGA)
Normativa
Ámbito Autonómico
Resolución do 2 de setembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións a proxectos de aforro e eficiencia enerxética para o exercicio 2011, no marco do convenio subscrito entre o IDAE e o Inega o día 3 de xullo de 2008 e con financiamento en parte do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional ao abeiro do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (DOG nº 176 de 14 de setembro de 2011).
Corrección de erros. Resolución do 2 de setembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións a proxectos de aforro e eficiencia enerxética para o exercicio 2011, no marco do convenio subscrito entre o IDAE e o Inega o día 3 de xullo de 2008 e con financiamento en parte do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional ao abeiro do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (DOG nº 192 de 6 de outubro de 2011).
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres