IN417P - Subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de aforro e eficiencia enerxética na Administración Local.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

Convocar para o ano 2016, en réxime de concorrencia competitiva, as subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nos edificios da Administración local e nas instalacións de iluminación pública exterior dependentes desa administración

O obxecto destas subvencións é apoiar proxectos de aforro e eficiencia enerxética que se executen en edificios da Administración local e nas instalacións de iluminación pública exterior existentes dependentes desa Administración.

A quen vai dirixido?

As entidades locais de Galicia.

Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da citada Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Obrigas dos beneficiarios

1. Son obrigas dos beneficiarios as establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, en particular, as establecidas nestas bases reguladoras e na resolución de concesión.

2. Cando un beneficiario non poida executar o proxecto deberá renunciar á subvención. A renuncia efectuarase mediante a presentación do anexo III que se xunta a título informativo. Este anexo deberá cubrirse a través da aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.es).


3. O beneficiario está obrigado a respectar o destino do investimento, polo menos, os cinco (5) anos posteriores á data da resolución de pagamento final, salvo que existan prazos de maior amplitude aplicables no ámbito da Xunta de Galicia para proxectos determinados, caso en que se aplicarán estes.

4. Os bens subvencionados quedarán afectos á actividade subvencionada un mínimo de cinco (5) anos desde a resolución de pagamento final, salvo que existan prazos de maior amplitude aplicables no ámbito da Xunta de Galicia para proxectos determinados, caso en que se aplicarán estes.

5. O beneficiario deberá cumprir as medidas en materia de información e comunicación, sobre o apoio procedente dos fondos Feader, recollidas no punto 2 da parte 1 do anexo III do Regulamento de execución (UE) 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo a axuda ao desenvolvemento rural a través de Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

Os beneficiarios deben darlle publicidade á concesión da axuda do seguinte xeito:
a) Se o investimento supera os 50.000 ?, mediante unha placa cos logotipos das administracións que financian o proxecto. O tamaño mínimo da placa será A4 (297x210 mm).
b) Cando o orzamento supere os 100.000 euros, o beneficiario colocará un valo publicitario durante a execución das obras, que non poderá retirar ata a visita de comprobación in situ. Para investimentos superiores a 500.000 euros o valo será permanente.

O 25 % do espazo, como mínimo, dos valos e placas estará reservado para destacar a participación da Unión Europea, figurando o logotipo do Feader e o lema: «Feader: Europa inviste no rural».

O Inega porá á disposición dos beneficiarios modelos de placa e valo (na súa web).

6. O beneficiario deberá conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, polo menos, durante o período de permanencia dos investimentos e está obrigado a facilitar a información que lle requira o Inega e a someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro dos órganos competentes da Administración autonómica, estatal e comunitaria no exercicio das súas funcións.

7. Os beneficiarios estarán obrigados a levar un sistema de contabilidade separado ou ben un código contable axeitado para todas as transaccións relativas ao proxecto subvencionado.

8. Os beneficiarios no marco das medidas de desenvolvemento rural comprometeranse a proporcionarlle á autoridade de xestión, aos avaliadores designados ou a outros organismos en que a dita autoridade delegase a realización deste tipo de tarefas, toda a información necesaria para poder realizar o seguimento e avaliación do programa, en particular en relación co cumprimento de determinados obxectivos e prioridades (artigo 71 do Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro).

Ler máis Ler menos

Requisitos

1. Que non estean iniciados na data de presentación da solicitude da axuda. Os solicitantes poderán iniciar a execución do proxecto unha vez presentada a solicitude.
2. Que se desenvolvan nas zonas rurais de Galicia. A definición de zona rural realizarase por eliminación daquelas zonas consideradas densamente poboadas (urbanas) no seu territorio. No caso de Galicia, só teñen esa consideración de zonas urbanas os sete concellos dos núcleos de poboación máis grandes da Comunidade Autónoma (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela). A autoridade de xestión, xunto co Instituto Galego de Estatística, perfila as cuadrículas de estudo (1 km2) dentro de cada unha das zonas urbanas a nivel parroquia. As parroquias definidas como rurais ou intermedias serán admisibles para os efectos do fondo Feader.

3. Que sexan finalistas, é dicir, que no momento da certificación final cumpran os obxectivos e funcións para os que foron aprobados.
4. Que sexan viables tecnicamente.
5. Que se axusten á normativa sectorial (comunitaria, estatal e autonómica) en materia enerxética.
6. Que se axusten ás especificacións indicadas nas presentes bases.
7. Que o promotor do proxecto non teña sido sancionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria pola comisión de infraccións en materia de subvencións no prazo dun ano se a infracción foi cualificada como leve, de dous anos se a infracción foi cualificada como grave ou tres anos se a infracción foi cualificada como moi grave. Os prazos computaranse desde a data de remate do prazo de presentación das solicitudes.
8. O beneficiario no caso de pagamento indebido quedará obrigado a reembolsar o importe en cuestión, ao cal se engadirán, de ser o caso, os xuros correspondentes. Non se aplicará a obriga de reembolso se o pagamento é froito dun erro da autoridade competente ou de outra autoridade sen que o beneficiario puidera detectar razoablemente ese erro (artigo 7.1 e 3 do Regulamento (UE) 809/2014, da Comisión, do 17 de xullo).
Con carácter xeral, os supostos de retirada total e parcial da axuda e a imposición de sancións administrativas ao beneficiario veñen reguladas no artigo 63 do Regulamento (UE) 809/2014, da Comisión, do 17 de xullo.
9. O investimento para que a actuación sexa subvencionable deberá superar os 3.000 euros (IVE excluído).

Ler máis Ler menos

A onde acudir

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (INEGA)

R/ Avelino Pousa Antelo, 5 - San Lázaro

15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981541520 / 981541539

Fax: 981541515

http://www.inega.es

Órgano responsable

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (INEGA)

Normativa

Ámbito Autonómico

Resolución do 10 de maio de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas, mediante proxectos de aforro e eficiencia enerxética na Administración local, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020 (DOG nº 93 do 18 de maio de 2016).

Ligazón á normativa

Resolución do 1 de setembro de 2016 pola que se redistribúen e se amplían os créditos orzamentarios por epígrafes e o prazo de execución das actuacións e xustificación dos investimentos recollidos na Resolución do 10 de maio de 2016, pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas, mediante proxectos de aforro e eficiencia enerxética na Administración local, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do programa operativo Feader-Galicia 2014-2020 (DOG nº 170 do 7 de setembro de 2016).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.