IN417M - Axudas para o aforro e eficiencia enerxética : bombas de calor xeotérmicas(BCX)

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica

Iniciar presentación electrónica: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento desde outro sistema electrónico da Administración da Xunta de Galicia.


Presencial

Modelo de solicitude

Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos da solicitude

Prazo de presentación: 29/07/2010 - 30/09/2010.

Desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG ata o 30 de setembro de 2010

Prazo de resolución: 5 meses

Sentido do silencio administrativo: Negativo

Versión en formato PDF

  • A solicitude de subvención será presentada segundo os modelos normalizados dos documentos anexos II e III ás presentes bases reguladoras.
    Os formularios de solicitude deberán ser obtidos, cubertos e validados polo solicitante a traves do enderezo http://www.inega.es/axudasinega2010. Estes modelos valerán tanto para a súa presentación en papel, una vez impresos, como para a presentación electrónica, que se describe no artigo 6º.
  • A) Documentación xenerica, que deben achegar todos os solicitantes:
    • 1. Modelo de solicitude (anexo II ADM 00). Marcarase expresamente o procedemento correspondente ao concepto solicitado.
    • 2. Declaración responsable (anexo II ADM 01) referida aos seguites puntos:
      a) Non encontrarse en ningunha das causas de prohibición para ser beneficiario das subvencións establecidas no artigo 10.2º e 3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
      b) Non atoparse en ningún dos supostos establecidos no artigo 1 do Regulamento (CE) 1998/2006 (DOUE do 28 de decembro) da Comisión, do 15 de decembro de 2006, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis.
    • 3. Declaración expresa doutras axudas (anexo II ADM 02).
      A solicitude da axuda leva consigo a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións expedidas polos organismos competentes acreditativas de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda.
      No caso de que o solicitante denegue expresamente a devandita autorización, deberá, obrigatoriamente, presentar as certificacións coa solicitude. Non obstante o anterior, están exentos de presentar os xustificantes de cumprimento das obrigas tributarias e fronte a Seguridade Social os beneficiarios das subvencións establecidos no artigo 48 da Lei 9/2009, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2010.
  • A.2. Documentación que, se for o caso, deben presentar en función do tipo de beneficiario:
    • 1. Empresas.
      A solicitude da axuda leva consigo a autorización ao órgano xestor para solicitar ao Rexistro Mercantil toda a información das empresas solicitantes que sexa necesaria para a resolución do procedemento.
      En caso de non ter o domicilio social en Galicia, deberá acreditarse a existencia dun centro de traballo ou a realización dalgunha actividade empresarial xustificable en Galicia.
      As entidades que non se encontren obrigadas por lei a se inscribiren no Rexistro Mercantil ou calquera outro rexistro público, presentarán a documentación acreditativa da constitución e da representación correspondente.
    • 2. Autónomos.
      A presentación da solicitude implica a autorización ao órgano xestor para solicitar o certificado da Axencia Estatal da Administración Tributaria en que se indiquen as epígrafes do imposto de actividades económicas (IAE) en que figura dada de alta a empresa solicitante. No caso de que o solicitante denegue expresamente esta autorización, deberá, obrigatoriamente, presentar a certificación coa solicitude.
    • 3. Administracións públicas.
      -Certificación do acordo do órgano competente para solicitar a subvención, en que conste o compromiso de realizar a actividade pola que se pide a subvención, no caso de obtela.
      -Certificación expedida pola Secretaría-Intervención ou informe da Intervención-Tesouraría declarando que a actividade se encontra suxeita ao IVE e non pode repercutilo.
    • 4. Entidades sen ánimo de lucro.
      -Acreditación da representación coa que se actúa.
      -Declaración expresa de que o obxecto da subvención non se dedica nin se adscribe a unha actividade empresarial ou profesional (anexo II ADM 03).
    • 5. Agrupación de persoas físicas e xurídicas, públicas ou privadas, sen personalidade xurídica.
      -Documentación acreditativa da súa constitución.
      -Documentación acreditativa da representación con que se actúa.
      -Documento en que consten os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, indicando a porcentaxe da subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios (anexo II ADM 04).
    • 6. Particulares.
      -Declaración expresa de que o obxecto da subvención non se dedica, nin se adscribe a unha actividade empresarial ou profesional (anexo II ADM 03).
  • B. Documentación tecnica. Consta de:
    • 1. Datos xerais do proxecto (anexo II TEC 01).
    • 2. Memoria tecnica en función do procedemento e concepto solicitado, debendo presentarse unha documentación completa por cada proxecto para o cal se solicita subvención (anexo III).
    • 3. Documentación tecnica propia de cada procedemento establecida no anexo I.
      • Certificado do coeficiente de rendemento (COP/EER) emitido por un laboratorio independente e acreditado para realizar as probas segundo a norma UNE-EN 14511, para os equipamentos incluídos no ámbito de aplicación da dita norma. Para os fabricantes asociados a Eurovent será suficiente con presentar a impresión da parte da base de datos en que figure o equipamento para o que se solicita a axuda. Para os equipamentos con selo de calidade da EPHA (Asociación Europea de Bomba de calor) será suficiente con presentar calquera documento que xustifique que o modelo ten o dito selo en vigor.
      • Certificado de eficiencia enerxetica do proxecto de edificación subscrito polo proxectista do edificio ou das súas instalacións termicas, previsto no Real decreto 47/2007, do 19 de xaneiro ou xustificación de non obrigatoriedade. Deberase acreditar a inscrición do devandito certificado no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxetica de Edificios da Comunidade Autónoma de Galicia, cando sexa de aplicación o Decreto 42/2009, do 21 de xaneiro.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Instrucións

Versión en formato PDF

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (INEGA)

R/ Avelino Pousa Antelo, 5 San Lázaro
15707Santiago de Compostela
Teléfono: 981541538Fax: 981541515

Versión en formato PDF

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, así como convocar as devanditas subvencións para o ano 2010, para os proxectos de aforro e eficiencia enerxética en Galicia, que se inclúen no anexo I desta resolución.
Neste programa subvencionanse os:Proxectos de instalacións de bombas de calor xeotérmicas (BCX).
Concepto.
Instalación de bombas de calor xeotérmicas en edificios novos ou existentes, destinadas a atender a demanda de benestar térmico e hixiene das persoas, cun coeficiente de eficiencia enerxética en modo calefacción (COP) igual ou superior a 4, e un coeficiente de eficiencia enerxética en modo refrixeración (EER) igual ou superior a 3,5 en condicións de ensaio establecidas na norma UNE-EN 14511.
Custo elixible.
Bomba de calor xeotérmica, sistema de captación (materiais e obra civil), anticonxelante e depósitos de inercia.
Non se admitirán solicitudes para bombas de calor de circuíto aberto.
No circuíto primario só se admitirá o emprego de anticonxelante que non estea formado por substancias perigosas para o medio ou constitúa un perigo para a saúde, e tubo continuo.
Contía máxima da subvención.
O 30% do custo elixible.

Beneficiarios:

Persoas físicas ou xurídicas de natureza pública ou privada (propietarios ou titulares de edificios do sector residencial e terciario, promotores, inmobiliarias, comunidades ou mancomunidades de veciños, empresas municipais de vivenda, administracións públicas, empresas de servizos enerxéticos, etc.).

Versión en formato PDF

AUTONÓMICA

Resolución do 21 de xullo de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a proxectos de aforro e eficiencia enerxética correspondentes ao exercicio 2010, cofinanciadas polo Feder no marco do programa Feder-Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 143 do 28 de xullo de 2010).

Ligazón á normativa

Versión en formato PDF


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.