IN417F - Axudas para o aforro e eficiencia enerxética. Plans de transporte para empresas (EPT)
Obxecto
Obxecto
Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións ás actuacións e proxectos de aforro e eficiencia enerxética, tal e como se definen por sectores de actividade nas epígrafes do anexo I, que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no seu articulado e anexos.
Poderán obter dereito a subvención todas aquelas actuacións solicitadas dentro do prazo previsto no artigo 5 destas bases, sempre que se executen entre o día 1 de xaneiro de 2011 e o 15 de setembro de 2012 dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Estas axudas son para Plans de transporte para empresas (EPT).
Concepto e custo elixible.
? Estudos para a realización dun plan de transporte a unha empresa ou centro de actividade (polígono industrial, centros educativos ou sanitarios, etc.) de máis de 50 traballadores que realicen a súa actividade principalmente nas instalacións ou edificios propios do emprazamento obxecto do plan, dirixidos a cambiar o modo maioritario de desprazamento ao posto de traballo en vehículo turismo, con baixa ocupación. Os participantes afectados deberán manifestar o seu apoio e o compromiso de levar a cabo as medidas que se propoñan sempre e cando sexan técnica e economicamente viables. O estudo debe realizarse de acordo coa «Guía práctica de plans de transporte» dispoñible en www.inega.es. O incumprimento destes requisitos poderá dar lugar á minoración ou denegación da axuda segundo corresponda.
? Estudos previos á implantación de medidas específicas de mobilidade sustentable, que teñan un impacto importante no aforro de enerxía. Os estudos que teñan por obxecto actuacións de natureza similar terán que integrarse dentro deste.
? Experiencias piloto de medidas relacionadas coa mobilidade sustentable, por exemplo, a implantación dun sistema de coche compartido, carrís-bus, servizos de autobús lanzadeira, etc.
Contía máxima da subvención.
O 60% do custo elixible cos seguintes custos máximos de licitación:
Ler máis Ler menos
A quen vai dirixido?
Concellos, outras administracións públicas, empresas e organizacións empresariais.
A onde acudir
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (INEGA)
R/ Avelino Pousa Antelo, 5 San Lázaro
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541538
Fax: 981541515
Órgano responsable
INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (INEGA)
Normativa
Ámbito Autonómico
Resolución do 2 de setembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións a proxectos de aforro e eficiencia enerxética para o exercicio 2011, no marco do convenio subscrito entre o IDAE e o Inega o día 3 de xullo de 2008 e con financiamento en parte do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional ao abeiro do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (DOG nº 176 de 14 de setembro de 2011).
Corrección de erros. Resolución do 2 de setembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións a proxectos de aforro e eficiencia enerxética para o exercicio 2011, no marco do convenio subscrito entre o IDAE e o Inega o día 3 de xullo de 2008 e con financiamento en parte do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional ao abeiro do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (DOG nº 192 de 6 de outubro de 2011).
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres