IN417C - Axudas para o aforro e eficiencia enerxética. (PEI)
Obxecto
Obxecto
Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións ás actuacións e proxectos de aforro e eficiencia enerxética, tal e como se definen por sectores de actividade nas epígrafes do anexo I, que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no seu articulado e anexos.
Poderán obter dereito a subvención todas aquelas actuacións solicitadas dentro do prazo previsto no artigo 5 destas bases, sempre que se executen entre o día 1 de xaneiro de 2011 e o 15 de setembro de 2012 dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Estas axudas van dirixidas a Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en industrias (PEI).
Concepto.
Investimentos en substitución de equipos e instalacións consumidores de enerxía por equipos e instalacións que utilicen tecnoloxía de alta eficiencia ou a mellor tecnoloxía dispoñible co obxecto de reducir o consumo enerxético e as emisións de CO2. O importe mínimo do investimento que se van subvencionar será de 6.000 euros.
Custo elixible.
Investimentos en equipamentos, instalacións e sistemas que transformen ou consuman enerxía no proceso produtivo, así como os sistemas auxiliares necesarios para o seu funcionamento, sempre que se demostre a consecución dun aforro enerxético que deberá acadar un mínimo dun 5% respecto do consumo inicial.
Inclúense os proxectos de enxeñaría asociada, obra civil, montaxe e posta en marcha.
Non se consideran parte do proceso produtivo instalacións como iluminación, calefacción, etc.
Contía máxima da subvención.
En equipos e instalacións de proceso: 22% do custo elixible.
En renovación de equipos auxiliares consumidores de enerxía (caldeiras, compresores, queimadores, motores eléctricos) por outros de alto rendemento e inclusión de sistema de control e xestión que supoñan aforro de enerxía: 30% do custo elixible.
A contía máxima da axuda será de 200.000 euros por proxecto.
Ler máis Ler menos
A quen vai dirixido?
Empresas incluídas no sector da industria (Sección C e D do CNAE-2009), coa excepción da industria extractiva enerxética, as de refinación de petróleo e biocombustibles e o tratamento de combustibles nucleares, así como as empresas de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica.
A onde acudir
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (INEGA)
R/ Avelino Pousa Antelo, 5 San Lázaro
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541538
Fax: 981541515
Órgano responsable
INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (INEGA)
Normativa
Ámbito Autonómico
Resolución do 2 de setembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións a proxectos de aforro e eficiencia enerxética para o exercicio 2011, no marco do convenio subscrito entre o IDAE e o Inega o día 3 de xullo de 2008 e con financiamento en parte do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional ao abeiro do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (DOG nº 176 de 14 de setembro de 2011).
Corrección de erros. Resolución do 2 de setembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións a proxectos de aforro e eficiencia enerxética para o exercicio 2011, no marco do convenio subscrito entre o IDAE e o Inega o día 3 de xullo de 2008 e con financiamento en parte do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional ao abeiro do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (DOG nº 192 de 6 de outubro de 2011).
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres