IN412B - Axuda do Plan Renove de Fiestras.

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica

Iniciar presentación electrónica: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento desde outro sistema electrónico da Administración da Xunta de Galicia.


Presencial

Modelo de solicitude

Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos da solicitude

Prazo de presentación: 01/03/2017 - 29/09/2017.

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o día 1 de marzo e finalizará o 29 de setembro de 2017, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito.

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio administrativo: Negativo

Versión en formato PDF

  • Solicitude segundo o Anexo IV desta orde, acompañada da seguinte documentación:
  • Documentación adicional obrigatoria para persoas físicas:
    • Copia da escritura da vivenda a nome do solicitante, recibo do imposto de bens inmobles (IBI) a nome do solicitante.
    • Copia de como mínimo tres ofertas de diferentes propietarios no caso de darse as circunstancias recollidas no artigo 9.f) das bases reguladoras da orde.
    • Anexo VI, de ser o caso.
  • Documentación adicional obrigatoria para agrupacións de persoas físicas:
    • Copia do documento que acredite a constitución da agrupación.
    • Copia do nomeamento do representante ou apoderado único da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, corresponden á agrupación.
    • Documento en que consten os compromisos de execución asumidos, así como o importe da subvención que se aplicará a cada un deles, que terán igualmente a condición de beneficiarios (anexo V).
    • Copia de como mínimo tres ofertas de diferentes propietarios no caso de darse as circunstancias recollidas no artigo 9.f) das bases reguladoras da orde.
    • Anexo VI, de ser o caso.
  • Documentación adicional obrigatoria para comunidades de vecinos:
    • Copia da acta de constitución da comunidade de propietarios coa relación de propietarios e a determinación da cota de participación respectiva.
    • Copia da certificación do acordo adoptado pola maioría legalmente establecida pola correspondente comunidade de propietarios en que se aceptan as bases da convocatoria, se compromete á execución das respectivas obras e se faculta o presidente ou administrador de predios para formular a solicitude de subvención.
    • Copia da acta onde conste o nomeamento do presidente ou certificado expedido polo secretario da comunidade referente a este aspecto, ou certificación do administrador de predios que xestione a comunidade.
    • Anexo V debidamente cuberto.
    • Copia de como mínimo tres ofertas de diferentes propietarios, no caso de darse as circunstancias recollidas no artigo 9.f) das bases reguladoras da orde.
    • Anexo VI, de ser o caso.
  • A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
  • As solicitudes, deberán presentalas as entidades colaboradoras exclusivamente por vía electrónica, a traves do formulario normalizado accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben dende as páxinas web: https://entidadescolaboradoras.xunta.gal, https://planrenovefiestras.xunta.gal, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 39/2016, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Instrucións

Versión en formato PDF

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS

SUBDIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA

SERVIZO DE ENERXÍAS RENOVABLES E EFICIENCIA ENERXÉTICA
Edificio Advo. San Caetano, s/n - bloque 5 - 4ª planta
15781Santiago de Compostela
Teléfono: 981545573 / 981545464Fax: 981545515
Email: cei.dxem.axudasenerxía@xunta.es
Información web: http://economiaeindustria.xunta.es

Versión en formato PDF

A presente orde ten por obxecto aprobar as bases polas cales se rexerá a concesión de axudas por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria destinadas á rehabilitación dos ocos acristalados da fachada, tanto no referente ao acristalamento como aos marcos ou perfís, co fin de acadar melloras significativas na demanda enerxética do edificio e os conseguintes aforros en termos económicos.
O plan entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 29 de setembro de 2017.
O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva.
A concesión destas axudas estará, en todo caso, condicionada á existencia de crédito orzamentario axustado e suficiente no momento da resolución de concesión e, no caso de esgotamento do crédito, a Administración deberá publicar no Diario Oficial de Galicia e tamén na páxina web da DXEM a dita circunstancia, o que levará consigo a non admisión das solicitudes posteriores.
Actuacións, gastos subvencionables e contía das axudas.
1. Será subvencionable a renovación de fiestras que formen parte da envolvente térmica do edificio pola compra de novas fiestras que cumpran coas seguintes especificacións técnicas:
a) Dispor de marcación CE conforme a norma UNE EN 14351-1:2006+A1:2011.
b) Exixencias mínimas de eficiencia enerxética:
1ª. Opción A: carpintaría de madeira ou PVC e acristalamento que cumpra algún dos seguintes requisitos:
A.1. Dobre acristalamento con cámara de 12 mm ou superior para vidros normais.
A.2. Dobre acristalamento con cámara de 6 mm ou superior e con cristal baixo emisivo (con emisividade menor ou igual a 0,1).
2ª. Opción B: carpintaría metálica con rotura de ponte térmica de 12 mm ou superior con dobre acristalamento con cámara de 6 mm ou superior e con acristalamento baixo emisivo (con emisividade menor ou igual a 0,1).
En todo caso, a instalación destas carpinterías deberá cumprir coa exixencia mínima establecida no Código técnico da edificación que corresponda e segundo o disposto na Orde FOM/1635/2013, do 10 de setembro, pola que se actualiza o Documento básico DB-HE «Aforro de enerxía», do Código técnico da edificación, aprobado polo Real decreto 314/2006, do 17 de marzo.
A renovación consistirá na substitución dunha fiestra existente por outra de igual ou inferior tamaño.
Será subvencionable a colocación dunha nova fiestra paralela á existente (dobre fiestra), sempre e cando esta nova fiestra satisfaga os requisitos enerxéticos citados.
Tamén será subvencionable a renovación de portas que separen estadías calefactadas do exterior, sempre e cando cumpran coas especificacións técnicas deste artigo e teñan marco por todo o perímetro.
Considéranse custos subvencionables a retirada das fiestras existentes, a fabricación das novas fiestras e a súa instalación, sempre e cando veña detallado na factura.
2. Non son subvencionables:
a) Os cerramentos acristalados que se instalen coa finalidade de pechar ambientes exteriores (terrazas e/ou tendedeiros), por non tratarse dunha renovación senón de modificacións na envolvente da vivenda.
b) Ocos acristalados non situados na fachada como, por exemplo, as fiestras tipo velux.
c) As fiestras que estean nas particións interiores das vivendas (fiestras interiores, fiestras de cuartos de baño interiores...), é dicir, aquelas que non separan estadías calefactadas do exterior.
d) En ningún caso serán subvencionables os gastos relativos a actuacións que xa fosen obxecto de subvención nas anteriores campañas do «Plan Renove de fiestras».
3. Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionable.
4. Non se considerarán subvencionables:
a) Os gastos e custos financeiros que sexan consecuencia do investimento.
b) Os gastos realizados en bens usados.
5. Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados entre o día seguinte da reserva de fondos e o derradeiro día do prazo de xustificación.
6. O IVE (imposto sobre o valor engadido) será subvencionable para os particulares, entidades sen ánimo de lucro e administracións públicas, para o cal será necesario realizar unha declaración responsable (opción establecida na solicitude-anexo IV) en que se indique que o obxecto da subvención non se dedica nin se adscribe a ningunha actividade empresarial ou profesional ou, no caso de ser Administración pública, que non pode repercutir o IVE.
7. A contía da axuda ascenderá a un máximo de 100 ?/m2 de oco, cuns límites de 3.000 ? por vivenda unifamiliar/piso ou edificios de vivendas. Para o caso de comunidades de propietarios, a axuda máxima será de 3.000 ? por vivenda unifamiliar/piso, co máximo de 50.000 ? por edificio.
En calquera caso, a cantidade da subvención non poderá ser superior ao 25 % do custo total da obra.
8. Soamente se admitirá unha solicitude de axuda por solicitante e vivenda ou edificio de vivendas, con excepción da renovación de fiestras que fosen obxecto de axuda na convocatoria do Plan Renove de fiestras 2016 (Orde do 28 de decembro de 2015, DOG núm. 249, do 31 de decembro), sempre que o solicitante execute unha actuación non subvencionada anteriormente. Neste caso, a nova actuación si poderá ser subvencionable.
9. En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado.

Beneficiarios:

Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas propietarias ou titulares de calquera dereito sobre vivendas de uso residencial e comunidades ou mancomunidades de veciños, sempre que a actuación subvencionable descrita no artigo 3 se realice en inmobles sitos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Requisitos:

- Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas físicas nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.
- As beneficiarias obríganse a facilitar canta información lles sexa requirida pola DXEM no exercicio das súas funcións de fiscalización do destino das axudas.

Versión en formato PDF

AUTONÓMICA

Orde do 27 de xaneiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativas ao Plan Renove de fiestras, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2017(DOG nº 21 do 31 de xaneiro de 2017).

Ligazón á normativa

Versión en formato PDF


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.