IN201I - Subvencións aos concellos galegos para a creación de Espazos Activos de Emprendemento Comercial no medio rural.
Obxecto
1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto fomentar a creación de espazos activos de emprendemento comercial no medio rural, a través dos concellos galegos.
2. O procedemento de concesión destas subvencións, co código de procedemento IN201I, tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, e serán compatibles con calquera outra destinada ao mesmo fin, calquera que for a súa natureza e a entidade que a conceda, sempre que, conxuntamente, non supere o custo total da actuación ou proxecto.
3. Con carácter xeral e de acordo co establecido no artigo 29.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007), consideraranse subvencionables os gastos e investimentos que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actuación subvencionada.
Considéranse actuacións subvencionables as que a seguir se especifican, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2017 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 16, e que teñan por obxecto a creación de espazos de emprendemento comercial situados en concellos de ata 20.000 habitantes.
Concretamente, será subvencionable a posta en marcha e/ou a adecuación de instalacións de uso comercial co obxectivo de habilitar espazos de emprendemento comercial, que contarán coa oportuna sinalización e de poñer á disposición postos de venda adecuados espacialmente nos cales se desenvolverán actividades comerciais que veñan complementar o mix comercial existente na zona.
Os espazos activos de emprendemento comercial darán prioridade a aquelas iniciativas comerciais que estean vencelladas coa comercialización dos produtos locais, de forma que o mercado poida configurarse como un escaparate e referente dos produtos vinculados ao correspondente territorio.
A porcentaxe subvencionable acadará o 70 % do investimento, cun máximo de 70.000,00 euros de subvención.
Estes investimentos requiren a inclusión, por parte do concello solicitante, dun proxecto para a realización de actuacións de difusión-asesoramento-formación dirixidas as persoas interesadas sobre o novo espazo de emprendemento comercial, así como, de ser o caso, información para o aumento da rendibilidade do posto de venda con técnicas de visual merchandising, colocación do produto e atención ao cliente. Esta actuación terá unha subvención máxima de 600,00 euros, incluída necesariamente no investimento subvencionable.
4. Gastos subvencionables.
De acordo co previsto no artigo 29.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en adiante, Lei 9/2007), consideraranse subvencionables os gastos e investimentos que, sen admitir dúbida, respondan á natureza da actuación subvencionada.
No suposto de rehabilitación e mellora de bens inventariables cumprirase o estipulado no artigo 29, puntos 4 e 5, da citada Lei 9/2007 e, de ser o caso, as seguintes regras especiais:
No caso de bens inscritibles nun rexistro público, o beneficiario deberá destinar os bens ao fin concreto para o que se concedeu a subvención durante un período de cinco anos.
Os gastos subvencionables deberán estar realizados entre o 1 de xaneiro de 2017 e a data límite de xustificación establecida nestas bases reguladoras. Todos os investimentos deberán estar plenamente realizados, pagados, operativos e verificables na data límite de xustificación do proxecto.
5. Quedan expresamente excluídas do ámbito de aplicación desta orde as actuacións seguintes:
a) Custos relativos á adquisición de bens inmobles e/ou o seu mantemento, así como alugamento de locais.
b) Custos relativos á redacción de proxectos técnicos que non leven aparellada a súa execución.
c) Custos de toda clase de persoal, agasallos promocionais, premios, trofeos, gastos de representación e a realización de recepcións e actos análogos.
d) Campañas de promoción ou calquera outra actuación que teñan por finalidade o patrocinio, colaboración ou axuda económica que comporten actividades lúdicas, turísticas, de exaltación gastronómica ou similares, así como as actuacións promovidas polos centros comerciais abertos ou polas asociacións de praceiras/os das prazas de abastos.
6. Subvencionarase un proxecto por concello e a solicitude presentada terá como obxecto a realización dunha única actuación definida no punto 3 deste artigo. De presentarse máis dunha solicitude, terase en conta a primeira presentada segundo o número e data do rexistro de entrada na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Ler máis Ler menos
A quen vai dirixido?
Os concellos da Comunidade Autónoma de Galicia de ata 20.000 habitantes.
Son obrigas do beneficiario as previstas no artigo 11 da Lei 9/2007, e particularmente:
a) Realizar o investimento ou a actuación que fundamenta a concesión da subvención.
b) Acreditar ante a entidade concedente a realización do investimento ou a actividade, así como o cumprimento dos requisitos ou condicións que determinan a concesión ou o desfrute da subvención.
c) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente, ou a calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos coma estatais ou comunitarios, para o cal se achegará canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
d) Comunicarlle á entidade concedente a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. Así mesmo, comunicar a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención.
e) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos incluídos os documentos electrónicos mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
f) Reintegro, total ou parcial, da subvención percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
g) Declarar con anterioridade a se ditar a proposta de resolución de concesión estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda.
h) Garantir o cumprimento da normativa de axudas de Estado no que atinxe ao destino que se lle dea ás infraestruturas obxecto das subvencións.
i) Cumprir as obrigas de información contidas na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
Ler máis Ler menos
Requisitos
Non poderán acadar a condición de beneficiarios aqueles solicitantes nos cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
A onde acudir
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DA CORUÑA
R/ Vicente Ferrer, 2
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184962 / 981184914
Fax: 981184790
Email: axudas-IN223.cei.co@xunta.es
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
Dirección Xeral de Comercio e Consumo
SUBDIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO
SERVIZO DE PROMOCIÓN COMERCIAL E DA ARTESANÍA
Edificios Administrativos. San Caetano, 3º planta
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544530 / 81545596
Fax: 981545541
Email: cei.dxcomercio@xunta.es
http://economiaeindustria.xunta.es
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE LUGO
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294938 / 982294670
Fax: 982294681
Email: axudas-IN223.cei.lu@xunta.es
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE OURENSE
Curros Enríquez, 1º - 4º
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386712 / 988386717
Fax: 988386727
Email: axudas-IN223.cei.ou@xunta.es
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE PONTEVEDRA
SERVIZO DE COORDINACIÓN INDUSTRIAL DE VIGO
Praza da Estrela, s/n
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817550 / 986817557
Fax: 986817580
Email: invigo@xunta.es
Ler máis Ler menos
Órgano responsable
SERVIZO DE PROMOCIÓN COMERCIAL E DA ARTESANÍA
Normativa
Ámbito Autonómico
Orde do 2 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións aos concellos galegos para a creación de espazos activos de emprendemento comercial no medio rural e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 51 do 14 de marzo de 2017).
Orde do 16 de xuño de 2017 pola que se amplía a dotación orzamentaria das subvencións convocadas ao abeiro da Orde do 2 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións aos concellos galegos para a creación de espazos activos de emprendemento comercial no medio rural e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 122 do 28 de xuño de 2017).
Orde do 9 de outubro de 2017 pola que se amplía o prazo de xustificación das subvencións convocadas ao abeiro da Orde do 2 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións aos concellos galegos para a creación de espazos activos de emprendemento comercial no medio rural, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 197 do 17 de outubro de 2017).
Orde do 16 de novembro de 2017 pola que se amplía o prazo de xustificación das subvencións convocadas ao abeiro da Orde do 2 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións aos concellos galegos para a creación de espazos activos de emprendemento comercial no medio rural, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 220 do 20 de novembro de 2017).
Ler máis Ler menos
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres