Comunicación de datos para a inscrición na sección cuarta de comerciantes ambulantes.
Forma presentación
Tramitación en liña
Iniciar presentación electrónica na sede
Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.
Iniciar modificación e baixa dende a carpeta do cidadán
Modificación e baixa dende a carpeta do cidadán: acceda a súa carpeta do cidadán para realizar modificacións e baixas sobre expedientes abertos.
Acceso ao expediente con código de seguridade
Acceso con código de seguridade: acceda a un expediente empregando o código de seguridade proporcionado. O acceso require autenticación na carpeta do cidadán.
Presencial
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.
Datos solicitude
Prazo de presentación: Aberto todo o ano.
Antes do inicio da actividade ou unha vez iniciada esta.
- As persoas físicas ou xurídicas interesadas na súa inscrición nesta sección poden presentar a solicitude conforme o modelo normalizado que se establece no anexo IV.
- A comunicación de datos a esta sección conterá, polo menos, os seguintes puntos:
- a) A persoa física ou xurídica titular da actividade e, se é o caso, as persoas con relación familiar ou laboral que vaian desenvolvela no seu nome. No caso de cooperativas, a relación das súas persoas socias que vaian desenvolver a actividade. E isto coa indicación dos produtos que van comercializar e dos concellos en que desenvolverán a actividade.
- b) A modalidade de venda ambulante.
- c) A relación de produtos obxecto de comercialización.
- d) A referencia ao lugar para atender as reclamacións das persoas consumidoras.
- A persoa interesada ou a que exerza a súa representación achegará co formulario de comunicación de datos a siguiente documentación:
- a) Se é unha persoa física, copia do documento nacional de identidade ou, no caso de ser estranxeira, do pasaporte ou doutro documento oficial en vigor acreditativo da súa identidade, só no caso de non autorizar a súa consulta.
- b) No caso de persoas xurídicas, o número de identificación fiscal.
- c) Documentación que acredite estar de alta no imposto de actividades económicas ou copia do último xustificante do pagamento do dito imposto.
- d) A certificación de alta no réxime correspondente da Seguridade Social.
- e) A acreditación dunha cotización como vendedor/a ambulante de, polo menos, dezaseis horas semanais no réxime correspondente da Seguridade Social.
- f) Escritura de poder da persoa que exerza a representación legal, se é o caso.
- g) Escritura ou acta de constitución da empresa ou entidade no caso de persoas xurídicas que exerzan unha actividade comercial.
- h) O documento nacional de identidade e unha fotografía de cada unha das súas persoas traballadoras para os efectos da expedición da tarxeta de venda ambulante a que se refire o seguinte artigo.
Así mesmo, con carácter anual e durante o mes de xaneiro, deberase achegar un informe de vida laboral da persoa traballadora.
- A circunstancia de estar dada de alta e ao corrente do pagamento do imposto de actividades económicas ou, se é o caso, no censo de obrigados tributarios, deberá ser acreditada, a opción da persoa interesada, ben por ela mesma ou ben mediante autorización á Administración para que verifique o seu cumprimento.
Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica
Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
DIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO
SUBDIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO
Edificios Administrativos. San Caetano, 3º planta
15781SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981545557Fax: 981545541
Información web: http://economiaeindustria.xunta.es
1. A inscrición nesta sección do Rexistro Galego de Comercio realizarase de oficio ou por pedimento da persoa comerciante e non terá carácter constitutivo para o acceso á actividade.
2. As persoas que se dediquen á venda ambulante poderán solicitar a inscrición nesta sección antes do inicio da actividade ou unha vez iniciada esta.
Beneficiarios:
Vendedores ambulantes
AUTONÓMICA
Decreto 118/2012, do 20 de abril, polo que se regula o Rexistro Galego de Comercio (DOG nº 84 do 3 de maio de 2012.
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres