IN617D - Inscrición / modificación / baixa na división C do Rexistro Industrial de Galicia.

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede

Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Iniciar modificación e baixa dende a carpeta do cidadán

Modificación e baixa dende a carpeta do cidadán: acceda a súa carpeta do cidadán para realizar modificacións e baixas sobre expedientes abertos.



Acceso ao expediente con código de seguridade

Acceso con código de seguridade: acceda a un expediente empregando o código de seguridade proporcionado. O acceso require autenticación na carpeta do cidadán.



Presencial

Modelo de solicitude

Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos da solicitude

Prazo de presentación: Aberto todo o ano.

Este decreto entrará en vigor aos 20 días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Versión en formato PDF

  • As industrias, actividades, empresas de servizos, entidades e axentes incluídos no ámbito de aplicación do Rexistro Industrial de Galicia cuxos/as titulares estean obrigados/as a solicitar autorización administrativa ou a presentar declaración responsable ou comunicación, de acordo ca normativa que lles sexa aplicable, serán inscritos de oficio no Rexistro Industrial de Galicia a partir dos datos básicos e complementarios contidos na autorización, declaración responsable ou comunicación. Do mesmo xeito quedarán inscritas as variacións esenciais ou cesamentos de actividade que se produzan.
  • Os/as titulares das industrias, actividades, empresas de servizos, entidades e axentes incluídos no ámbito de aplicación do Rexistro Industrial de Galicia que non estean obrigados a solicitar autorización administrativa ou a presentar declaración responsable ou comunicación, poderán comunicar, unha vez iniciada a actividade, os datos básicos e complementarios para a súa inscrición no Rexistro Industrial de Galicia. Así mesmo, poderán comunicar as variacións esenciais ou cesamentos de actividade que se produzan.
  • O modelo para a comunicación deses datos establecense no anexo IV. No caso de rexistros sectoriais integrados consonte ao indicado na disposición adicional única, poderanse comunicar ademais os datos adicionais que estableza regulamentariamente por orde a consellería competente no dito rexistro sectorial, sen prexuízo da obrigatoriedade de inscrición que poida establecer a normativa sectorial aplicable.
  • A inscrición realizarase unicamente por medios electrónicos a traves dos formularios electrónicos normalizados accesibles desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de conformidade ao establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010 polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Instrucións

Versión en formato PDF

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DA CORUÑA

SERVIZO DE ADMINISTRACIÓN INDUSTRIAL DA CORUÑA

Vicente Ferrer, 2 - 1ª planta
15008Coruña, A
Teléfono: 981184978 / 981184906Fax: 981184790

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE OURENSE

SERVIZO DE ADMINISTRACIÓN INDUSTRIAL DE OURENSE

Curros Enríquez, 1º-4º
32003Ourense
Teléfono: 988386748 / 988386744Fax: 988386727

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE PONTEVEDRA

SERVIZO DE ADMINISTRACIÓN INDUSTRIAL DE PONTEVEDRA

R/ Fernández Ladreda, 43-5º
36003Pontevedra
Teléfono: 986805240Fax: 986817580

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE LUGO

SERVIZO DE ADMINISTRACIÓN INDUSTRIAL DE LUGO

Ronda da Muralla, 70
27071Lugo
Teléfono: 982294669 / 982294659Fax: 982294681

Versión en formato PDF

Créase o Rexistro Industrial de Galicia, de carácter informativo, que substitúe ao Rexistro de Establecementos Industriais de Galicia, creado polo Decreto 115/2000, do 11 de maio, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Establecementos Industriais de Galicia.
O Rexistro Industrial de Galicia estará adscrito á consellería competente en materia de industria e a súa xestión corresponderá ás xefaturas territoriais da devandita consellería, con excepción dos datos adicionais correspondentes á integración dun rexistro sectorial, que serán xestionados pola consellería competente no dito rexistro sectorial.
A actuación deste rexistro desenvolverase sen prexuízo das competencias do Rexistro Integrado Industrial de ámbito estatal e de acordo cos principios de coordinación, cooperación e asistencia mutua establecidos no artigo 4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
O Rexistro Industrial de Galicia ten os fins seguintes:
a) Integrar nun único rexistro todos os rexistros sectoriais de industrias e actividades do seu ámbito de aplicación.
b) Dispoñer da información básica relativa ás actividades industriais e a súa distribución territorial e da relativa ás entidades e organismos de control, laboratorios e outros axentes en materia de seguridade e calidade industrial que sexa necesaria para o exercicio das competencias atribuídas ás administracións públicas en materia económica, industrial e sectorial.
c) Constituírse como instrumento de información sobre a actividade industrial, prestando servizo á cidadanía e, particularmente, ao sector empresarial.
d) Subministrar aos servizos competentes da Comunidade Autónoma de Galicia os datos precisos para elaborar as estatísticas industriais ás que se refire a Lei 9/1988, do 19 de xullo, de estatística de Galicia.
e) Servir de instrumento de coordinación das actuacións das distintas consellerías en materia económica e industrial.
A información existente no Rexistro Industrial de Galicia estruturarase nas divisións A, B e C.
- División C: Entidades ou axentes en materia de seguridade e calidade industrial contemplados no apartado b) do artigo 3.2 deste Decreto.

Beneficiarios:

Empresas de ámbito industrial.
División C: Entidades ou axentes en materia de seguridade e calidade industrial contemplados no apartado b) do artigo 3.2 deste Decreto:
- Os organismos de control, verificadores medioambientais, entidades auditoras e de inspección, entidades de certificación, laboratorios de ensaio, laboratorios de calibración e outros axentes en materia de seguridade e calidade industrial.

Requisitos:

O Rexistro Industrial de Galicia conterá os datos básicos e complementarios indicados no anexo I deste decreto, necesarios para o logro dos fins previstos no artigo 2 deste Decreto.
Así mesmo, conterá os datos adicionais que cada consellería estableza a través da correspondente orde reguladora para a integración no Rexistro Industrial de Galicia dun rexistro sectorial de industrias e actividades do seu ámbito de aplicación do que sexa competente.

Versión en formato PDF

ESTATAL

Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da infraestrutura para a calidade e a seguridade industrial (BOE nº 32 do 6 de febreiro de 1996).

Ligazón á normativa

AUTONÓMICA

Decreto 37/2015, do 12 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro Industrial de Galicia (DOG nº 60 do 30 de marzo de 2015).

Ligazón á normativa

AUTONÓMICA

Lei 9/2004, do 10 de agosto, de seguridade industrial de Galicia (DOG nº 166 do 26 de agosto de 2004).

Ligazón á normativa

ESTATAL

Real Decreto 559/2010, do 7 de Maio, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro Integrado Industrial (BOE nº 125 do 22 de maio de 2010).

Ligazón á normativa

ESTATAL

Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria (BOE nº 176 do 27 de xullo de 1992).

Ligazón á normativa

ESTATAL

Real Decreto 411/1997, do 21 de marzo, polo que se modifica o Real Decreto 2200/1995, do 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da Infraestrutura para a Calidade e Seguridade Industrial (BOE nº 100, do 26 de abril de 1997)

Ligazón á normativa

ESTATAL

Corrección de erros do Real Decreto 2200/1995, do 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da Infraestrutura para a Calidade e a Seguridade Industrial (BOE nº 57 do 6 de marzo de 1996).

Ligazón á normativa

Versión en formato PDF


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.