Financiamento para os proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios.

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede

Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.



Presencial

Modelo de solicitude

Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos solicitude

Prazo de presentación: 31/12/2015 - 30/01/2016.

Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Prazo de resolución: Catro meses

Sentido do silencio administrativo: Negativo

Versión en formato PDF

  • Solicitude normalizada (anexo I).
  • Á solicitude xuntarase a seguinte documentación:

    Copia do proxecto asinado pola persoa coordinadora do equipo de dinamización, co visto e prace do director ou directora do centro. O proxecto deberá analizar a realidade concreta do centro e, a partir dela, establecer os obxectivos e deseñar as actividades que permitan modificar a situación de partida. Desenvolverá os seguintes puntos:

    a) Breve estudo sociolingüístico actualizado no que se tocarán os puntos que se indican a continuación:

    ? O contorno sociolingüístico do centro.

    ? A situación do profesorado.

    ? A situación do alumnado.

    ? A situación lingüística do centro.

    b) Descrición dos obxectivos adecuados a cada un dos catro puntos anteriores.

    c) Descrición detallada das actividades de dinamización lingüística para cada un dos obxectivos propostos.

    Cadro resumo das actividades asinado polo director ou directora do centro. No cadro teñen que constar de forma resumida a temporización, o nome da actividade, a persoa ou persoas responsables do departamento ao que pertenzan, os destinatarios e destinatarias, así como o orzamento previsto e o material necesario para a realización das actividades. O modelo deste cadro resumo figura no anexo II desta orde.

    A documentación complementaria poderase presentar electronicamente a través de calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal, baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou do seu representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos e no artigo 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

    A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

    As copias dos documentos terán a mesma validez e eficacia ca os seus orixinais, sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

    No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica por parte da persoa solicitante ou do seu representante supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, os protocolos e o tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

    Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou o seu representante deberán indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Instrucións

Versión en formato PDF

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA

GABINETE DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
R/ Vivente Ferrer, 2
15008A CORUÑA
Teléfono: 981184720Fax: 981544785

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

XEFATURA TERRITORIAL DE LUGO

GABINETE DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Ronda da Muralla, 70
27071LUGO
Teléfono: 982294162Fax: 982294152

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

XEFATURA TERRITORIAL DE OURENSE

GABINETE DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
R/ Concello, 11
32003OURENSE
Teléfono: 988386659Fax: 988386600

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

XEFATURA TERRITORIAL DE PONTEVEDRA

GABINETE DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
R/ Fernández Ladreda, 43 - 8º andar
36003PONTEVEDRA
Teléfono: 986805971Fax: 986805045

www.xunta.es/linguagalega

Versión en formato PDF

A presentación e a realización de proxectos de fomento do uso do galego nos centros públicos de ensino de Galicia dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, promovidos polos equipos de dinamización da lingua galega e polo profesorado responsable do proxecto naqueles centros de ensino que conten con menos de seis unidades, durante o curso escolar 2015/16, e o establecemento de axudas que apoien o seu financiamento.

As axudas reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.

Beneficiarios:

Os centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensino regrado de nivel non universitario.

Requisitos:

Os proxectos e as actividades desenvolvidos ao abeiro desta convocatoria deberanse presentar e desenvolver de acordo coa vixente normativa ortográfica e morfolóxica do idioma galego, fixada pola Real Academia Galega o 12 de xullo de 2003, tal e como se establece na disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística (DOG núm. 84, do 14 de xullo). Así mesmo, coidarán o respecto á toponimia oficial nos termos previstos no artigo 10 desta lei.

Quedan excluídos das axudas reguladas nesta orde aqueles centros que non xustificasen as axudas recibidas ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2014 pola que se anuncia a convocatoria para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia, que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2014/15 (ED101C) (DOG do 9 de xaneiro de 2015).

Versión en formato PDF

AUTONÓMICA

Orde do 1 de decembro de 2015 pola que se anuncia a convocatoria para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia, que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2015/16 (DOG nº 248 do 30 de decembro de 2015).

Ligazón á normativa

Versión en formato PDF


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.