ED535A - Plans de formación permanente do profesorado en centros educativos públicos.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

Esta resolución ten por obxecto convocar e establecer as bases para a selección de plans de formación permanente do profesorado en centros educativos para o curso 2016/17, e establecer as condicións para o seu desenvolvemento.

Os plans de formación terán como finalidade a actualización e o perfeccionamento das competencias profesionais docentes, para a mellora da calidade da educación e dos resultados escolares do alumnado, en consonancia coas iniciativas impulsadas en relación co sistema educativo de Galicia. As competencias profesionais docentes a que se refire este punto, xunto coas subcompetencias asociadas, figuran no anexo II.

Liñas de traballo e competencias profesionais docentes dos plans de formación.


1. Os plans de formación deberán desenvolver algunha das liñas de traballo propostas a continuación.

2. A liña de traballo prioritaria dos plans de formación, de acordo coas directrices desta dirección xeral, será a seguinte:
a) Programación, avaliación e metodoloxías que favorecen a adquisición das competencias clave segundo os novos currículos.

Ademais, os plans de formación poderán tratar unha das seguintes liñas:
b) Planificación estratéxica das linguas no centro.
c) Integración didáctica das TIC. Traballo colaborativo en rede a través de espazos virtuais. Educación dixital.
d) Atención á diversidade e cambios metodolóxicos asociados.
e) Convivencia escolar e clima da aula. Relacións coas familias.
f) Actualización científica e didáctica do profesorado.
g) Mellora da xestión dos centros (con especial atención á xestión directiva) e dos procesos de calidade.
h) Programas europeos e internacionais: accións e plans de promoción e desenvolvemento.
i) Biblioteca escolar, alfabetizacións múltiples e aprendizaxe por proxectos.

Características dos plans.
1. Os plans estarán integrados por unha o máis liñas de traballo. Como principio xeral, potenciaranse a actualización e mellora das competencias profesionais docentes asociadas a cada liña.
2. Cada liña desenvolverase a través dun ou máis itinerarios formativos dependendo dos diferentes niveis de competencia profesional que se pretenda acadar ou doutras circunstancias que así o xustifiquen.
3. Cada itinerario formativo constará, como norma xeral, de dúas ou tres actividades formativas (curso, grupo de traballo, seminario). No caso excepcional de contar cunha soa actividade esta ten que ser grupo de traballo ou seminario.
4. As actividades de cada itinerario formativo estarán secuenciadas para que, partindo da situación inicial determinada polo centro, sexa posible alcanzar os obxectivos finais previstos. As ditas actividades deberán estar integradas nun proceso que inclúa a análise e elaboración de propostas didácticas, así como a súa aplicación á aula ou ao centro, e a reflexión e avaliación dos resultados.
5. Os plans presentados terán unha planificación mínima de dous cursos escolares e máxima de catro.

Ler máis Ler menos

A quen vai dirixido?

Centros educativos públicos dependentes da consellería que impartan as ensinanzas reguladas na LOE.

Requisitos

1. Os plans deberán ser presentados ao claustro e ao consello escolar e incluiranse na programación xeral anual do centro.
2. Contarán coa participación mínima do 40 % do claustro, salvo casos excepcionais que, a xuízo da comisión de selección, resulten debidamente xustificados.
3. Cada centro só poderá participar nun único plan.
4. Varios centros con necesidades comúns e proximidade xeográfica poderán participar presentando un mesmo plan conxunto. Neste caso, un dos centros actuará como representante e centro de referencia para efectos administrativos, e rexerán os mesmos requisitos que para os plans únicos de centro en canto á aprobación, e o plan executarase como unidade de acción.

5. Todo o profesorado que preste servizos nun centro seleccionado nesta convocatoria poderá participar no seu plan de formación. Cada participante integrarase, como mínimo, nunha das liñas de traballo seleccionadas e, polo menos, nunha das súas actividades formativas. No caso de integrarse nunha única actividade, esta deberá ser un grupo de traballo ou un seminario.
6. De serlle concedido o plan a un centro, este non poderá, con carácter xeral, ser centro sede doutras actividades de formación en centros, recollidas na convocatoria xeral, durante o período que dure este, ou daquelas cuxa compatibilidade determine a consellería. Isto non exclúe a participación do profesorado como membros doutras actividades cando a sede sexa outro centro.

Ler máis Ler menos

A onde acudir

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Centro Autonómico de Formación e Innovación - CAFI e CFRs

Lamas de Abade, s/n

15702 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981522411

Email: cafi@edu.xunta.es

http://www.edu.xunta.es/web/cafi

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

S.X. de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado

SERVIZO DE FORMACIÓN DO PROFESORADO

San Caetano, s/n

15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981997635

Fax: 981546550

Email: cafi@edu.xunta.es

http://www.edu.xunta.es

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Centro Autonómico de Formación e Innovación - CAFI e CFRs

R/ Da Educación, 3, 2º (Edf. UNED)

15018 Coruña, A (Coruña, A)

Teléfono: 981274221

Email: cfr.coruna@edu.xunta.es

http://www.edu.xunta.es/web/cfrcoruna

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Centro Autonómico de Formación e Innovación - CAFI e CFRs

R/ O Galego Soto, s/n

15403 Ferrol (Coruña, A)

Teléfono: 981370541

Email: cfr.ferrol@edu.xunta.es

http://www.edu.xunta.es/web/cfrferrol

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Centro Autonómico de Formación e Innovación - CAFI e CFRs

R/ Yáñez Rebolo, 31

27004 Lugo (Lugo)

Teléfono: 982251068

Email: cfr.lugo@edu.xunta.es

http://www.edu.xunta.es/web/cfrlugo

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Centro Autonómico de Formación e Innovación - CAFI e CFRs

R/ Universidade 18, A Cuña

32005 Ourense (Ourense)

Teléfono: 988241533

Email: cfr.ourense@edu.xunta.es

http://www.edu.xunta.es/web/cfrourense

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Centro Autonómico de Formación e Innovación - CAFI e CFRs

R/ Celso Emilio Ferreiro, 4

36005 Pontevedra (Pontevedra)

Teléfono: 986872888

Email: cfr.pontevedra@edu.xunta.es

http://www.edu.xunta.es/web/cfrpontevedra

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Centro Autonómico de Formación e Innovación - CAFI e CFRs

Camiño do Chouzo, s/n

36208 Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 986202370

Email: cfr.vigo@edu.xunta.es

http://www.edu.xunta.es/web/cfrvigo

Ler máis Ler menos

Órgano responsable

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Normativa

Ámbito Autonómico

Resolución do 19 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de plans de formación permanente do profesorado que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2016/17 (DOG nº 103 do 1 de xuño de 2016).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.