Adhesión ao Programa Tarxeta-Bono Cultura Galega
Forma presentación
Tramitación en liña
Presencial
Datos solicitude
Prazo de presentación: 07/08/2015 - 07/09/2015
Prazo de resolución: Un mes
Sentido do silencio administrativo: Negativo
- 1. Unha vez efectuadas por parte da entidade colaboradora as liquidacións mensuais aos establecementos participantes, a Agadic, tras a presentación da documentación xustificativa correspondente por parte da entidade colaboradora, efectuaralle as correspondentes liquidacións á entidade colaboradora.
Esta documentación será a seguinte:
Memoria económica, con desagregación e explicación de cada unha das liquidacións efectuadas polos establecementos asociados.
Xustificantes das transferencias realizadas aos establecementos adheridos.
2. Unha vez finalizada a vixencia do programa, e como máximo ata o 31 de decembro de 2015 inclusive, a entidade colaboradora presentará na Agadic a liquidación final co importe a que ascenderon as axudas liquidadas, mediante a presentación da seguinte documentación:
Memoria descritiva das actividades desenvolvidas.
Memoria económica, con desagregación e explicación de cada unha das liquidacións efectuadas polos establecementos adheridos.
Xustificantes das transferencias realizadas aos establecementos adheridos.
Relación de suxeitos a que se lle expediu a tarxeta, na cal consten, como mínimo, os seguintes datos: nome e apelidos, DNI, data de nacemento, data de expedición da tarxeta.
Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS (AGADIC)
Cidade da Cultura - Monte Gaiás s/n
15707SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 881996077 / 881996078Fax: 881996080
Email: agadic@xunta.es
1. A campaña tarxeta-bono Cultura Galega realizada pola Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) ten por obxecto a subvención da compra de certos produtos culturais, entre a poboación comprendida entre os 18 e 30 anos, mediante a emisión de bonos cos cales o usuario/a se beneficiará dunha subvención para adquirir libros en galego e/ou entradas para asistir a espectáculos de artes escénicas representados na Comunidade Autónoma galega (no suposto de representacións teatrais, estas deben ser en idioma galego).
2. Cada un destes bonos concretizados nunha tarxeta(s)-bono Cultura Galega terá un prezo de venda de 33 euros e daralle ao/á portador/a un valor de 50 euros para a adquisición de libros en galego ou entradas a espectáculos de artes escénicas representados na Comunidade Autónoma galega (no suposto de representacións teatrais, estas deben ser en idioma galego) e realizados dentro da rede de establecementos adheridos á campaña.
A diferenza subvención de 17 euros en cada tarxeta-bono será achegada pola Agadic co obxectivo de incentivar o consumo destes produtos culturais.
Beneficiarios:
1. Consideraranse beneficiarios destas axudas as persoas físicas que adquiran unha Tarxeta-Bono Cultura Galega polos medios e canles establecidos na cláusula segunda, parágrafo 3, da presente resolución, e comprendidas entre as idades de 18 a 30 anos.
2. Para a adquisición dos produtos subvencionables será precisa a presentación por parte do beneficiario de documento acreditativo da súa identidade. Os beneficiarios quedarán sometidos ás actuacións de comprobación da Agadic, da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, segundo o establecido no título III da Lei 9/2007, ou do Consello de Contas ou Tribunal de Contas, segundo a súa normativa.
Requisitos:
1. Poderán adherirse ao programa tarxeta-bono Cultura Galega, aceptando esta como medio de pagamento, aqueles establecementos radicados na Comunidade Autónoma de Galicia que, con independencia de que sexan persoas físicas ou xurídicas, cumpran os seguintes requisitos:
a) Sexan establecementos mercantís de libre acceso ao publico, dedicados fundamentalmente á venda de libros (pemes e grandes empresas) ou de espectáculos escénicos (teatro, danza, música...), con independencia da súa titularidade pública ou privada.
b) Dispoñan de acceso á internet no punto de venda.
2. O número máximo de establecementos que poderán adherirse a este programa é de 180 e as solicitudes resolveranse por orde de entrada.
AUTONÓMICA
RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2015 para o desenvolvemento e a promoción da tarxeta-bono Cultura Galega. (DOG Núm. 148 do 6 de agosto de 2015)
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres