ED516A - Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros non universitarios sostidos con fondos públicos.

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede

Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Presencial

Modelo de solicitude

Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos da solicitude

Prazo de presentación: 09/06/2016 - 08/07/2016.

Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Prazo de resolución: Seis meses

Sentido do silencio administrativo: Negativo

Versión en formato PDF

  • Os centros do Plambe_1 a Plambe_10 (convocatorias dos anos 2005-2014) deberán cubrir a solicitude no anexo I, indicando se desexan continuar ou non no programa, e definir, segundo o anexo VIII, as liñas prioritarias de actuación na biblioteca escolar, para o curso 2016/2017. A súa continuidade no Plan de mellora dependerá, en calquera caso, da valoración positiva da memoria correspondente ao presente curso 2015/2016.
  • Os centros do Plambe_11, que foron integrados neste programa na convocatoria do ano 2015, presentarán a solicitude de confirmación (anexo I), e deberán definir, así mesmo (segundo o anexo VIII), as liñas prioritarias de actuación na biblioteca escolar, para o curso 2016/2017. Incluirán tamen os anexos V e VI.
  • Os centros públicos e privados concertados que opten por primeira vez á súa inclusión no Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2016/2017 presentarán as solicitudes, segundo o modelo de instancia que figura como anexo I da presente orde, xunto coa documentación que se especifica a continuación:
    • a) Análise da situación da biblioteca do centro, segundo anexo II.
    • b) Breve memoria de actividades levadas a cabo no período 2014-2016 dirixidas á posta en marcha ou reorganización e dinamización da biblioteca escolar como recurso de apoio aos proxectos e programas do centro, así como programas de fomento da lectura, de educación en información ou de extensión cultural, segundo o anexo III. Indicarase o número total de horas semanais destinadas á biblioteca escolar, no último curso, fixadas no horario do profesorado do equipo de biblioteca, así como da persoa responsable desta (máximo 5 páxinas, tamaño de fonte 12, a dobre espazo; pódense incluír imaxes da situación actual do centro, e outras, en páxinas á parte, co correspondente pe de foto).
    • c) Programa de biblioteca escolar para o curso 2016/2017, segundo o guión previsto no anexo IV. Rcollerá os seguintes aspectos: optimización dos espazos, organización e automatización dos fondos, actividades para o fomento da lectura e contribución ao desenvolvemento do Proxecto lector de centro; actuacións en materia de formación de usuarios e de educación para a competencia informacional e mediática; contribución da biblioteca ao desenvolvemento do currículo das diferentes áreas e materias; medidas para a compensación das desigualdades sociais e dinamización cultural do centro (en materia de lectura e de extensión cultural: presentación de libros, recitais, lecturas públicas, edición de boletíns informativos, etc). Incluirase unha análise da situación real da biblioteca e das necesidades máis urxentes en materia de fondos, equipamento, mobiliario ou outros (máximo 16 páxinas, tamaño de fonte 12, a dobre espazo).
    • d) Relación do profesorado responsable da biblioteca escolar e integrante do equipo de apoio, e documentación acreditativa da formación deste profesorado (en materia de bibliotecas, fomento da lectura, escritura, competencia dixital, metodoloxías activas...), mediante copia simple dos certificados correspondentes, así como o compromiso escrito de participar na formación específica que se oferte durante o curso 2016/2017 (segundo anexo V).
    • e) Certificacións da dirección do centro en que se faga constar as datas de presentación da proposta do programa no claustro para a súa aprobación, e no consello escolar para a súa información, e para a valoración dos compromisos necesarios para a participación nesta convocatoria, segundo os anexos VI e VII.
    • f) No caso dos centros privados concertados, o anexo I de solicitude recolle a declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, de conformidade co artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).
    Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
    A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
    As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.
    Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
  • No prazo de presentación de solicitudes, entendese por último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houbera día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Instrucións

Versión en formato PDF

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS

SUBDIRECCIÓN XERAL DE CENTROS

SERVIZO DE XESTIÓN DE PROGRAMAS EDUCATIVOS
SAN CAETANO S/N
15781Santiago de Compostela
Teléfono: 981546547 / 881997330

Versión en formato PDF

A través desta orde preténdese seleccionar novos centros para a súa incorporación ao Plan de mellora de bibliotecas escolares, así como apoiar a continuidade deste programa mediante a concesión de novas contías aos centros educativos incluídos en anteriores convocatorias (sempre que a través do seguimento que se realiza desde a coordinación do programa, e moi especialmente, a través da memoria correspondente ao actual curso 2015/2016, acaden unha valoración positiva).
O plan de mellora procura incentivar e impulsar o desenvolvemento de proxectos de biblioteca escolar que recollan:
a) A organización, actualización e dinamización da biblioteca de centro, entendida como un centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe.
b) A súa contribución á mellora dos procesos de ensinanza e de aprendizaxe e á adquisición das competencias clave do alumnado.
c) O concepto de alfabetización múltiple (ou multialfabetismo) á hora de abordar a formación lectora do alumnado.
d) O deseño e desenvolvemento de programas para a adquisición de competencias informacionais e mediáticas, é dicir, as competencias de uso, tratamento e produción de información nos diferentes soportes e formatos, así como o tratamento das linguaxes dos diferentes medios de comunicación.
e) A imprescindible integración da cultura impresa e da cultura dixital.
f) A realización de actividades de formación de usuarios das bibliotecas e os seus recursos.
g) O papel da biblioteca escolar no desenvolvemento do Proxecto lector de centro.
h) O fomento da lectura e da escritura.
i) A contribución da biblioteca á compensación das desigualdades sociais e á calidade do ensino que se imparte no centro.
l) As posibilidades que ofrece para a incorporación de metodoloxías innovadoras e consecuentes coas necesidades educativas actuais.
m) A implicación da biblioteca en actividades de extensión cultural destinadas a toda a comunidade escolar.
Os centros incluídos neste programa poderán recibir formación específica, no contexto do Plan anual de formación do profesorado ou do propio programa, así como asesoramento a través da Asesoría de Bibliotecas Escolares da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, dependente da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Subdirección Xeral de Centros), desde onde se coordinará o plan de mellora e se levará a cabo o seguimento e supervisión oportunos.
As asignacións ou axudas, se é o caso, para os centros de nova incorporación estarán destinadas á actualización dos fondos documentais da biblioteca escolar, á renovación do mobiliario e outro equipamento necesario, así como para outros gastos de funcionamento e fixaranse logo da análise das necesidades descritas na solicitude presentada, en función da maior adaptación aos criterios recollidos nesta orde (que se materializará na puntuación acadada pola memoria e programas presentados), e das características de cada centro: número de unidades e de alumnos e alumnas matriculados.
Para a selección dos centros participantes teranse en conta os seguintes aspectos:
a) Calidade, coherencia e viabilidade do programa presentado (ata 18 puntos).
b) Grao de adecuación do programa ás orientacións recollidas nesta convocatoria, segundo o anexo XI, no que se desenvolven os obxectivos e funcións da biblioteca como centro de recursos que favoreza a lectura e a escritura (nos seus máis variados contidos, soportes e formatos), a autonomía na aprendizaxe, o estudo, o traballo colaborativo, a adquisición de habilidades no uso e tratamento da información, o acceso ás tecnoloxías da comunicación e da información, a adquisición das competencias clave no seu conxunto e o achegamento dos bens culturais a toda a comunidade escolar (ata 39 puntos).
c) Integración do programa nas actuacións destinadas á adquisición das competencias clave do alumnado e o cumprimento dos obxectivos recollidos no proxecto educativo, así como o grao de participación da biblioteca, dos seus recursos materiais e humanos, no desenvolvemento do Proxecto lector de centro (ata 15 puntos).
d) Formación e dedicación horaria da persoa designada como responsable e do profesorado integrante do equipo de apoio (a formación acreditarase mediante copia dos certificados correspondentes; ata 18 puntos).
e) Grao de implicación do equipo directivo e do profesorado do centro no seu conxunto (ata 12 puntos).
f) Atención á biblioteca escolar por parte do centro nos dous cursos anteriores en canto a orzamento, melloras, organización e actividades realizadas, especialmente as destinadas á formación do alumnado como usuario de distintas fontes informativas, así como o apoio a programas e actividades do centro (ata 75 puntos).
g) Servizos ofertados pola biblioteca e uso que deles fan os diversos sectores da comunidade escolar, e propostas de mellora na atención aos usuarios da biblioteca, con especial atención á diversidade (ata 24 puntos).
h) Horario de apertura da biblioteca, adaptación ás necesidades da comunidade educativa, colaboración e integración no contorno sociocultural (ata 9 puntos).
i) Criterios, procedementos, indicadores e ferramentas previstas para a avaliación da calidade dos servizos prestados pola biblioteca á comunidade educativa, así como do desenvolvemento e resultado das actividades desenvolvidas (ata 18 puntos).

Beneficiarios:

- Poden participar nesta convocatoria os centros non universitarios incluídos nos seguintes puntos:
a) Centros de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:
1º. Os centros integrados no programa en convocatorias anteriores (2005 a 2014), que recibirán asignacións para fondos.
2º. Os centros integrados na convocatoria de 2015 (Plambe _11), que poderán recibir tamén contías destinadas a outros conceptos (mobiliario ou outro equipamento), así como para gastos de funcionamento específicos.
3º. Seleccionaranse 30 novos centros, para a súa integración no Plan de mellora de bibliotecas escolares no curso 2016/2017 (número que poderá incrementarse no caso de se produciren baixas ou renuncias de centros xa integrados anteriormente no Plambe). En igualdade de puntuación, terán preferencia os centros situados en concellos rurais.
b) Centros privados concertados:
1º. Seleccionaranse 10 centros privados concertados, aos que se destinará unha liña de axudas para a mellora da biblioteca escolar, que deberán reunir os mesmos requisitos e que adquirirán as mesmas obrigas que o resto dos centros que se integran neste programa.
2º. Non poderán ter a condición de beneficiarias as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG número 121, do 13 de xuño).
3º. Para obter estas axudas, os centros docentes privados concertados que as soliciten terán que estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias, da Seguridade Social e da Comunidade Autónoma.

Requisitos:

a) Contar cun espazo destinado exclusivamente á biblioteca escolar de centro.
b) Presentar un programa para o funcionamento e utilización da biblioteca escolar, acorde coas pautas recollidas nesta convocatoria, cunha xestión centralizada dos fondos documentais e unha organización que permita o seu aproveitamento por toda a comunidade escolar, con prioridade do alumnado e do profesorado.
c) Designar un profesor ou profesora responsable da biblioteca escolar, entre o profesorado definitivo no centro, por un período mínimo de dous anos e asignación de horas, dentro do seu horario lectivo e/ou complementario, en número suficiente para as funcións que lle son propias, aproveitando as marxes que ofrece a actual configuración do réxime horario do profesorado. Este responsable integrarase na Comisión de Coordinación Pedagóxica do centro.
d) Crear un equipo de biblioteca ou grupo de apoio, de carácter interdisciplanario, formado por profesorado dos diferentes ciclos ou departamentos presentes no centro, con dispoñibilidade e dedicación específica para a realización das distintas tarefas derivadas do programa, que se recollerá na elaboración dos horarios do profesorado a comezo do curso escolar. Preferentemente, será este profesorado o que realice as «gardas de biblioteca», co fin de garantir a unificación de criterios na xestión e organización dos fondos, e un maior aproveitamento dese tempo lectivo para formación, orientación, asesoramento do alumnado como usuarios de fontes informativas, como lectores críticos e como produtores de información en diversos soportes e formatos; tamén para a propia organización de todas as actuacións nas que intervén a biblioteca.
e) Integrar a biblioteca no desenvolvemento do Proxecto lector de centro. Incluír o programa da biblioteca na Programación xeral anual de centro.
f) Detallar unha serie de compromisos para o vindeiro curso:
- Asignar un orzamento anual específico (entre un 5 % e un 10 % do orzamento do centro), para o funcionamento e actualización da biblioteca escolar, independente das asignacións ou das axudas (no caso dos centros privados concertados) ás que puidese dar lugar a participación na presente convocatoria.
- Destinar a totalidade do financiamento conseguido ao abeiro desta convocatoria para a actualización e funcionamento da biblioteca escolar do centro.
- Crear unha comisión de biblioteca no seo do Consello escolar (agás naqueles centros que non conten con este órgano).
- Participar nas actividades de formación sobre biblioteca escolar que se oferten de forma específica para os centros integrantes do programa.
g) Contar coa aprobación do Claustro e presentar o proxecto ao Consello escolar, se é o caso, para a súa valoración, así como o compromiso de ambos os dous órganos para facilitar a posta en práctica do proxecto.

Versión en formato PDF

AUTONÓMICA

Orde do 23 de maio de 2016 pola que se convoca o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros non universitarios sostidos con fondos públicos para o curso 2016/17 (DOG nº 108 do 8 de xuño de 2016).

Ligazón á normativa

AUTONÓMICA

Orde do 11 de agosto de 2016 pola que se modifica a Orde do 23 de maio de 2016 pola que se convoca o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros non universitarios sostidos con fondos públicos para o curso 2016/17, e se procede á ampliación da dotación orzamentaria (DOG nº 171 do 8 de setembro de 2016).

Ligazón á normativa

Versión en formato PDF


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.