ED507A - Axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial.
Obxecto
Faise pública a convocatoria co código de procedemento ED507A, de axudas destinadas a subvencionar a realización de actividades por parte das federacións e confederacións de nais e pais do alumnado legalmente constituídas, e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial, desde o 1 de xaneiro de 2019 ata o prazo límite de xustificación de gastos.
Destino das axudas .
As axudas van destinadas tanto para a realización de actividades como para sufragar gastos derivados da xestión, administración, adquisición de material non inventariable e mantemento ordinario das instalacións que se orixinen no período subvencionado.
A quen vai dirixido?
Poderán solicitar estas axudas as federacións e confederacións de nais e pais do alumnado, así como as asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial.
Obrigas das entidades beneficiarias
A entidade beneficiaria está obrigada a facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.
Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.
Requisitos
Estar inscritas no censo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
A onde acudir
Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
SUBDIRECCIÓN XERAL DE CENTROS
SAN CAETANO S/N
15711 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546516
Órgano responsable
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Normativa
Ámbito Autonómico
Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 do 25 de xuño de 2007).
Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2009).
Corrección de erros.-Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 61 nº 30 de marzo de 2009).
Orde do 15 de febreiro de 2019 pola que se convocan axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial para o ano 2019 (DOG nº 45 do 5 de marzo de 2019).
Extracto da Orde do 15 de febreiro de 2019 pola que se convocan axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial para o ano 2019 (DOG nº 45 do 5 de marzo de 2019).
Orde do 22 de abril de 2019 pola que se incrementa o importe das axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial para o ano 2019 (DOG nº 80 do 26 de abril de 2019).
Orde do 11 de xullo de 2019 pola que se conceden axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial para o ano 2019 (DOG nº 139 do 23 de xullo de 2019).
Ler máis Ler menos
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres