ED504F - Actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa english week dirixidas ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede

Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Presencial

Modelo de solicitude

Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos da solicitude

Prazo de presentación: 29/07/2016 - 16/09/2016.

Comezará o día seguinte ao da publicación deste orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 16 de setembro de 2016.

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio administrativo: Negativo

Versión en formato PDF

  • Para participar nesta convocatoria os centros educativos deberán presentar a seguinte documentación:
    • a) A solicitude, no modelo que se xunta como anexo I desta orde.
    • b) Certificación da aprobación polo Consello Escolar da participación nestas actividades, segundo o modelo que figura no anexo III.
    • c) Proxecto de participación, cun máximo de cinco folios, segundo o modelo que figura no anexo IV.
    • d) Características do centro, segundo o modelo que figura no anexo VI.
    • e) Os centros privados concertados, para os efectos de simplificación da acreditación do cumprimento de obrigas coa Administración pública da Comunidade Autónoma, coa Administración do Estado e coa Seguridade Social, presentará a declaración responsable prevista no artigo 11 do Regulamento da citada Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. O texto da declaración deberá recoller o seguinte:
      «Declaro non ser debedor de obrigas por reintegro de subvencións, estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra debeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, conforme os artigos 10.2.g) e e) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e que dispoño da documentación que así o acredita e que a poñerei á disposición da Administración cando me sexa requirida. E que me comprometo a manter os ditos requisitos durante o período de tempo inherente ao recoñecemento ou exercicio do dereito, de maneira que se durante este período deixo de cumprir algún dos requisitos detallados na declaración, llo comunicarei ao órgano xestor».
  • Cada centro poderá participar cun máximo de 25 alumnos e/ou alumnas, todos do mesmo nivel educativo.
  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,
    https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).
    Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
    A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
    A documentación complementaria poderá presentarse electrónicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou de quen a represente. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro.
    A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
    As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.
    Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Instrucións

Versión en formato PDF

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DIRECCIÓN XERAL DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E INNOVACIÓN EDUCATIVA

S.X. DE ORDENACIÓN E INNOVACIÓN EDUCATIVA E FORMACIÓN

SERVIZO DE ORDENACIÓN, INNOVACIÓN E ORIENTACIÓN EDUCATIVA
San Caetano, s/n
15781Santiago de Compostela
Teléfono: 981957538Fax: 981546550

Versión en formato PDF

Esta orde ten por obxecto regular a convocatoria e selección de centros docentes non universitarios para participar en actividades de inmersión en lingua inglesa dirixidas a alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria durante o ano 2016.
O custo total de cada actividade inclúe:
1. Os monitores ou as monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
2. Os gastos de docencia e o material escolar.
3. As actividades culturais e complementarias dos cursos.
4. Os gastos de mantenza e aloxamento.
5. Certificado de realización da actividade.
6. Seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
As actividades a que se refire esta orde desenvolveranse de acordo co obxectivo e o programa que se especifican no anexo II.
Duración e datas de celebración das actividades.
1. Estas actividades realizaranse en réxime de internado, en períodos semanais de domingo pola tarde ata o sábado seguinte pola mañá.
2. Levaranse a cabo durante os meses de outubro, novembro e decembro de 2016, de acordo co seguinte calendario e distribución.
Centros públicos:
- 1ª quenda: do 9 de outubro ao 15 de outubro, para alumnado de 6º de educación primaria.
- 2ª quenda: do 16 de outubro ao 22 de outubro, para alumnado de 6º de educación primaria.
- 3ª quenda: do 23 de outubro ao 29 de outubro, para alumnado de 6º de educación primaria.
- 4ª quenda: do 30 de outubro ao 5 de novembro, para alumnado de 1º de ESO.
- 5ª quenda: do 6 ao 12 de novembro, para alumnado de 2º de ESO.
- 6ª quenda: do 13 ao 19 de novembro, para alumnado de 3º de ESO.
- 7ª quenda: do 20 ao 26 de novembro, para alumnado de 4º de ESO. Centros privados concertados:
- 8ª quenda: do 27 de novembro ao 3 de decembro, para alumnado de 6º de educación primaria.
- 9ª quenda: do 4 de decembro ao 10 de decembro, para alumnado de 1º e 2º de ESO.
- 10ª quenda: do 11 de decembro ao 17 de decembro, para alumnado de 3º e 4º de ESO.
Os centros serán seleccionados conforme os seguintes criterios e puntuación:
a) Centros públicos:
1. Por formar parte da Rede de Centros Plurilingües, 2 puntos.
2. Por contar con seccións bilingües, ata 2 puntos. 0,20 puntos por cada sección bilingüe que estea en funcionamento durante o curso 2015/16.
3. Pola participación no programa CUALE durante o curso 2015/16, ata 2 puntos. 0,20 puntos por cada modalidade.
4. Centros en cuxo contorno sociocultural predominen familias de baixo nivel cultural ou economicamente desfavorecidas, minorías étnicas, inmigrantes de lingua materna distinta á do centro, entre outros, ata 2 puntos.
5. Non ter participado neste programa no ano 2015, 2 puntos.
6. Centros situados en concellos rurais que non participen na Rede de Centros Plurilingües ou non sexan centros con seccións bilingües, ata 2 puntos, segundo o establecido a continuación:
a) Concellos de menos de 1.000 habitantes, 2 puntos.
b) Concellos de entre 1.001 e 3.000 habitantes, 1,50 puntos.
c) Concellos de entre 3.001 e 5.000 habitantes, 1 punto.
d) Concellos de entre 5.001 e 10.000 habitantes, 0,50 puntos.
Os centros públicos seleccionados teñen asignadas sete quendas de actividades segundo a distribución e calendario establecido no artigo 4.2.
b) Centros privados concertados:
1. Por formar parte da Rede de Centros Plurilingües, 2 puntos.
2. Por contar con seccións bilingües, ata 2 puntos: 0,20 puntos por cada sección bilingüe que estea en funcionamento durante o curso 2015/16.
3. Centros en cuxo contorno sociocultural predominen familias de baixo nivel cultural ou economicamente desfavorecidas, minorías étnicas, inmigrantes de lingua materna distinta á do centro, entre outros, ata 2 puntos.
4. Centros situados en concellos rurais que non participen na Rede de Centros Plurilingües ou non sexan centros con seccións bilingües, ata 2 puntos, segundo o establecido a continuación:
a) Concellos de menos de 1.000 habitantes, 2 puntos.
b) Concellos de entre 1.001 e 3.000 habitantes, 1,50 puntos.
c) Concellos de entre 3.001 e 5.000 habitantes, 1 punto.
d) Concellos de entre 5.001 e 10.000 habitantes, 0,50 puntos.
Os centros privados concertados seleccionados teñen asignadas tres quendas de actividades segundo a distribución e calendario establecido no artigo 4.2 desta orde.

Beneficiarios:

Os centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nos que se impartan ensinanzas de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.

Requisitos:

Non poderán ter a condición de beneficiarios das axudas previstas nesta orde os centros privados concertados nos que se dea algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Versión en formato PDF

AUTONÓMICA

Orde do 12 de xullo de 2016 pola que se regula a convocatoria e selección de centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para participar en actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa, English Week, dirixidas ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria (DOG nº 142 do 28 de xullo de 2016).

Ligazón á normativa

Versión en formato PDF


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.