ED431G - Axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación singulares e agrupacións estratéxicas consolidadas do SUG.
Obxecto
Estas axudas pretenden dous obxectivos:
a) A acreditación de unidades de investigación como «centros de investigación singulares de Galicia» ou ben como «agrupacións estratéxicas consolidadas» segundo as súas capacidades e o resultado do proceso de avaliación en concorrencia competitiva que se desenvolva ao abeiro desta convocatoria.
b) O financiamento dos seus proxectos estratéxicos de investigación, durante o período 2016-2019, para fortalecer as súas capacidades científicas; potenciar o liderado internacional da investigación galega; impulsar a agregación de capacidades científico-técnicas, incluíndo a colaboración con outros centros, unidades e co tecido empresarial; mellorar a xeración de resultados de alto impacto científico, social e económico; contribuír á formación, atracción e incorporación de talento; incrementar a masa crítica de persoal investigador; e a actuar como axentes tractores no Sistema galego de I+D+i.
A quen vai dirixido?
Poderán ser beneficiarias das axudas desta orde as universidades do Sistema universitario galego e destinaranas aos centros singulares de investigación e ás agrupacións estratéxicas consolidadas, de acordo coa categoría que acaden as propostas presentadas nesta convocatoria.
Requisitos
As solicitudes que presenten as universidades deberán cumprir na data de peche da convocatoria os seguintes requisitos:
1. Que a proposta presentada estea conformada por unha unidade supragrupal que obtivese financiamento como agrupación estratéxica nunha convocatoria de concorrencia competitiva da Xunta de Galicia anterior ao 1 de xaneiro de 2014.
2. Que as dependencias da unidade de investigación estean perfectamente delimitadas, identificadas e fisicamente diferenciadas no seo das propias universidades e localizadas en Galicia.
3. Que presenten os seus proxectos estratéxicos de investigación con base en hipóteses que poderán ser reformuladas durante a vixencia da axuda, sempre co acordo favorable da Secretaría Xeral de Universidades, e que incluirán os contidos que se detallan no artigo 8 da orde.
A onde acudir
Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
Secretaría Xeral de Universidades
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545427
Fax: 981545422
Órgano responsable
Secretaría Xeral de Universidades
Normativa
Ámbito Autonómico
Orde do 11 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación singulares e agrupacións estratéxicas consolidadas do Sistema universitario de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2016. (DOG nº 164 do 31 de agosto de 2016).
Orde do 20 de outubro de 2016 pola que se modifica a Orde do 11 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación singulares e agrupacións estratéxicas consolidadas do Sistema universitario de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2016 (DOG nº 206 do 28 de outubro de 2016).
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres