ED311E - Premios de ESO ao esforzo e á superación persoal.
Obxecto
1. Convócanse na Comunidade Autónoma de Galicia os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal (procedemento ED311E) correspondentes ao curso 2018/19.
2. A finalidade destes premios é dar recoñecemento público ao esforzo e á dedicación do alumnado desta etapa educativa, reforzar aqueles aspectos que inciden na mellora do sistema educativo e xuntar excelencia con equidade, igualdade de oportunidades e posibilidades de desenvolvemento persoal.
Número, orzamento e características dos premios .
1. Poderase conceder ata un máximo de 20 premios.
2. Cada premio estará dotado con 750 , con cargo á partida orzamentaria 10.20.423A.480.1 dos orzamentos do ano 2019 cunha dotación global de 15.000 .
3. A obtención destes premios non supón incompatibilidade coa obtención doutros.
A quen vai dirixido?
Poderá optar aos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal o alumnado que reúna as seguintes condicións:
1. Ter cursado durante o ano académico 2018/19 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria.
3. Os alumnos e alumnas que sexan persoas candidatas ao premio deberán merecer un especial recoñecemento pola dedicación e esforzo demostrado ao longo da etapa en superar as súas dificultades, ben de tipo persoal, educativas e/ou do contorno familiar e sociocultural, polo que se fan merecedores de optar a esta modalidade de premios.
O perfil obxecto destes premios correspóndese con alumnado que procede de contornos socioculturais desfavorecidos ou de contornos familiares disfuncionais que supoñan desvantaxe manifesta para conseguir rematar os seus estudos ou en proceso de superación de enfermidades crónicas ou con discapacidades que condicionan o seu rendemento escolar, a súa relación persoal e a súa inserción social.
Ler máis Ler menos
A onde acudir
Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
S.X. DE INSPECCIÓN, AVALIACIÓN E CALIDADE DO SISTEMA EDUCATIVO
SERVIZO DE AVALIACIÓN E CALIDADE DO SISTEMA EDUCATIVO
San Caetano s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881997383 / 981540205 / 981540188
Fax: 981546550
Órgano responsable
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Normativa
Ámbito Autonómico
Orde do 26 de xuño de 2019 pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzó e á superación persoal correspondentes ao curso 2018/19 (DOG nº 130 do 10 de xullo de 2019).
Extracto da Orde do 26 de xuño de 2019 pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2018/19 (DOG nº 130 do 10 de xullo de 2019).
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres