ED303A - Reintegros individuais para a formación do profesorado.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

1. O obxecto desta orde é establecer o procedemento para o reintegro individual de gastos derivados da participación como asistente a actividades de formación non organizadas polas estruturas de formación da consellería que se desenvolvan na Comunidade Autónoma de Galicia, no resto do territorio español ou no estranxeiro, e que se desenvolvan entre os días 1 de xaneiro e 31 de decembro de 2019. A actividade deberá comezar a partir do día 1 de xaneiro e no caso de que remate máis tarde do prazo fixado pola orde, poderase conceder o reintegro de maneira proporcional ao prazo de finalización. Só se poderá presentar solicitude de reintegro para unha actividade de formación dentro deste período.

2. Esta convocatoria, para os efectos da súa identificación e acceso polas persoas interesadas aos formularios de inicio na sede electrónica da Xunta de Galicia, denomínase Reintegros individuais para a formación do profesorado, co código de procedemento ED303A.

3. Para facilitar a distribución do orzamento ao longo do período anteriormente indicado estableceranse dúas quendas. A primeira abranguerá as actividades que se desenvolvan entre os días 1 de xaneiro e o 30 de xuño de 2019, e terá unha dotación orzamentaria de 50.000 euros. A segunda será para actividades que se desenvolvan entre os días 1 de xullo e 31 de decembro de 2019 e terá unha dotación orzamentaria de 50.000 euros. Se unha actividade tivese inicio na primeira quenda e fin na segunda, será asignada á primeira quenda. No caso de que o orzamento dedicado á primeira quenda non se esgotase, pasará a incrementar o orzamento da segunda quenda.

4. En ningún caso se concederán reintegros para a asistencia a actividades de formación de carácter regrado, nin para formación en actividades que non poidan ser recoñecidas a nivel individual de acordo coa Orde do 14 de maio de 2013 pola que se regula a convocatoria, o recoñecemento e o rexistro das actividades de formación permanente do profesorado en Galicia (DOG do 22 de maio).

5. Os reintegros individuais financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 10.20.422I.640.1 por un total de 100.000 euros. Esta contía poderase incrementar na medida en que exista crédito adecuado e suficiente nos orzamentos do exercicio económico do ano 2019, de acordo co establecido na normativa vixente. Unha vez esgotado o crédito, as solicitudes de reintegro serán automaticamente denegadas por ter esgotado o orzamento.

Ler máis Ler menos

A quen vai dirixido?

Podrá solicitar dichos reintegros el personal docente funcionario que imparta las enseñanzas establecidas en la Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de educación, con destino en centros docentes públicos en que ejerza docencia directa con el alumnado, equipos de orientación específicos, puestos de asesoría dentro de la estructura administrativa de la consellería y en la Inspección educativa.

Requisitos

- O persoal en prácticas poderá solicitar un reintegro por formación para a realización de actividades formativas sempre que estas non teñan lugar durante o período efectivo das prácticas.

- Así mesmo, poderán cursar solicitude as persoas en situación de interinidade que manteñan esta condición tanto no momento da presentación da solicitude como no momento da resolución de concesión prevista no artigo 7. Estas persoas farán indicación expresa desta circunstancia, segundo o modelo do anexo I. Para estes efectos entenderase como persoal interino unicamente aquelas persoas que teñan nomeamento como tales ata o remate do curso ou cursos académicos correspondentes.

- Os reintegros individuais regulados nesta orde son incompatibles coa percepción doutras axudas que teñan por finalidade a asistencia á actividade solicitada, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais.

A onde acudir

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Coruña

SERVIZO TERRITORIAL DE INSPECCIÓN EDUCATIVA DA CORUÑA

Vicente Ferrer, 2

15008 Coruña, A (Coruña, A)

Teléfono: 981184797

Fax: 981184792

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional de Ourense

SERVIZO TERRITORIAL DE INSPECCIÓN EDUCATIVA DE OURENSE

Rúa do Concello, 11

32003 Ourense (Ourense)

Teléfono: 988386614

Fax: 988386788

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional de Lugo

SERVIZO TERRITORIAL DE INSPECCIÓN EDUCATIVA DE LUGO

Ronda Muralla, 70

27071 Lugo (Lugo)

Teléfono: 982294195

Fax: 982294214

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional de Pontevedra

SERVIZO TERRITORIAL DE INSPECCIÓN EDUCATIVA DE PONTEVEDRA

R/ Fernández Ladreda, 43 - 8º andar

36001 Pontevedra (Pontevedra)

Teléfono: 986805967

Fax: 986805699

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

S.X. de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado

SERVIZO DE FORMACIÓN DO PROFESORADO

San Caetano, s/n

15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981546515

Fax: 981546550

Email: reintegros.fprofe@edu.xunta.es

www.edu.xunta.es

Ler máis Ler menos

Órgano responsable

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Normativa

Ámbito Autonómico

Orde do 13 de xuño de 2019 pola que se regula o procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2019 (DOG nº 120 do 26 de xuño de 2019).

Ligazón á normativa

Extracto da Orde do 13 de xuño de 2019 pola que se regula o procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2019 (DOG nº 120 do 26 de xuño de 2019).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.