ED202A - Axudas económicas para a formación en centros de traballo ou FP dual.
Obxecto
Convocar axudas económicas para a realización en empresas do módulo profesional de FCT e da FP dual en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento ED202A), nas seguintes modalidades:
1. Modalidade A. Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao profesional básico, grao medio e grao superior de formación profesional inicial, Artes Plásticas e Deseño, Ensinanzas Deportivas e programas formativos que realice a FCT ou a FP dual dentro do territorio español.
2. Modalidade B. Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao profesional básico, grao medio ou grao superior de formación profesional inicial, de Artes Plásticas e deseño, Ensinanzas Deportivas que realice a FCT ou a FP dual fóra do territorio español co fin de mellorar as competencias lingüísticas e profesionais.
A quen vai dirixido?
Poderá concorrer a esta convocatoria o alumnado matriculado en centros públicos desta comunidade autónoma e, no caso dos centros privados, o alumnado matriculado en ensinanzas concertadas coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, que estea cursando o derradeiro curso dun ciclo formativo de grao profesional básico, grao medio ou grao superior de formación profesional inicial, Artes Plásticas e Deseño, Ensinanzas Deportivas e programas formativos ou algún ciclo formativo de FP dual.
Obrigas das persoas beneficiarias.
1. A persoa beneficiaria está obrigada ao reintegro, total ou parcial, da subvención ou da axuda pública percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión, logo do procedemento establecido no artigo 77 e seguintes do Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
2. A persoa beneficiaria está obrigada a facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das funcións de fiscalización e control que lles correspondan.
3. Para os efectos do artigo 31.7 da Lei 9/2007, utilizarase a declaración responsable recollida no anexo IV desta orde.
4. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no seu artigo 3.1, a que se encontren vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.
Ler máis Ler menos
Requisitos
- O alumnado que concorra a esta convocatoria de axudas deberá rematar o período de formación práctica en centros de traballo ou FP Dual antes do 31 de decembro de 2019.
- Non poderá ter a condición de persoa beneficiaria das axudas previstas nesta orde o alumnado que incorra nalgunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
- O/A solicitante debe cumprir os requisitos para obter a condición de persoa beneficiaria de acordo co artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma segundo indica o artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007.
A onde acudir
Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
SUBDIRECCIÓN XERAL DE FORMACIÓN PROFESIONAL
SERVIZO DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL E RELACIÓN CON EMPRESAS
Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 2, planta baixa
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981540213 / 981546540
Fax: 881999509
Órgano responsable
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Normativa
Ámbito Autonómico
Orde do 6 de maio de 2019 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual (DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2019).
Extracto da Orde do 6 de maio de 2019 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual (DOG nº 95 do 21 de maio de 2019).
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres