CT207B - Subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais de produción galega.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais, que contribúa a asegurar a madureza dos produtos audiovisuais galegos, dentro do marco das competencias deste organismo, e proceder á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento CT207B).

A finalidade das subvencións é o fomento dos traballos previos á produción audiovisual, nas modalidades establecidas na base quinta, que se atopen en fase inicial de desenvolvemento, e que se prevexa que se levarán a cabo nos exercicios 2019 e 2020.

Modalidades .

1. As modalidades de subvención que comprende esta convocatoria son as seguintes:

a) Desenvolvemento de proxectos de ficción para cine e televisión (longametraxes, series e miniseries).

b) Desenvolvemento de proxectos de animación (longametraxes cinematográficas e series de animación para TV).

c) Desenvolvemento de proxectos de documental para cine e televisión.

d) Desenvolvemento de proxectos piloto de programas para televisión que destaquen por ofreceren formatos innovadores e alto potencial de internacionalización.

2. Para os efectos das presentes bases terase en conta o seguinte:

– Consideraranse longametraxes cinematográficas (ficción, animación e documental) aqueles proxectos dunha duración de 60 minutos ou superior.

– Os proxectos de documental para televisión deberán ter unha duración mínima de 50 minutos e conter un marcado potencial de internacionalización.

– No caso de series de ficción para TV os proxectos corresponderanse con primeiras temporadas e estarán planificados para unha duración máxima global de 400 minutos.

– Consideraranse miniseries de ficción para TV aqueles proxectos dun mínimo de dous capítulos de polo menos 50 minutos de duración cada un.

– Os proxectos de series de animación para TV deberán ter unha duración mínima global de 130 minutos.

– O director e o guionista serán considerados noveis cando no seu currículo profesional non figuren obras que se correspondan coa categoría a que se presenta a solicitude.

3. O importe máximo da subvención concedida pola Agadic non poderá superar o 75 % do importe subvencionable.

4. Sen prexuízo da posible presentación de varios proxectos, poderán ser obxecto de subvención un máximo de dous proxectos por solicitante.

Non poderán presentar o mesmo proxecto distintas empresas ou entidades.

Non poderá presentarse un mesmo proxecto a distintas modalidades.

5. En todos os casos, o importe que se vai xustificar será o correspondente ao total dos custos do proxecto de desenvolvemento.

6. O importe das subvencións reguladas nesta resolución en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas ou patrocinios concedidos por outras administracións públicas ou entes públicos, autonómicos, nacionais ou internacionais, superen o 100 % do custo da actividade subvencionada que desenvolverá o beneficiario, isto sen prexuízo das particularidades e especificidades previstas para cada tipo ou modalidade de axuda nas cláusulas que seguen.

Ler máis Ler menos

A quen vai dirixido?

Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas ou xurídicas constituídas como produtoras audiovisuais independentes cunha antigüidade mínima e sen interrupcións dun ano (epígrafe IAE 9611), e con sucursal ou oficina permanente polo menos un ano, previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE, ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea e que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia.

Por produtor independente enténdese, para os efectos desta convocatoria, toda persoa física ou xurídica privada, que teña a iniciativa e asuma a responsabilidade na produción audiovisual e non sexa obxecto de influencia dominante por parte dun prestador de servizo de comunicación/difusión audiovisual nin dun titular de canal televisivo privado, nin, pola súa parte, exerza unha influencia dominante, tal e como establece a Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema, artigo 4.n).

Obrigas das persoas beneficiarias.

1. Sen prexuízo das obrigas dispostas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias das subvencións quedarán obrigadas a destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o que foron concedidos.

2. As producións subvencionadas deberán axustarse fielmente ao proxecto presentado. Calquera alteración relevante do proxecto, cambio de título, modificación substancial de contidos ou trocos nos responsables do equipo técnico deberalle ser notificada con anterioridade á Agadic, que adoptará as medidas que considere procedentes.

3. Na futura documentación do proxecto (materiais de promoción e distribución) e nos títulos de crédito da produción resultante, páxina web... farase constar que recibiu unha subvención ao desenvolvemento ou produción por parte da Agadic coa súa imaxe corporativa, debe constar expresamente «coa colaboración da Agadic (Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia) e Xacobeo 21».

4. No caso dos pilotos de series de animación e formatos de programas de TV, nos títulos de crédito iniciais da produción deberá figurar en cartón único: «coa subvención da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais», de conformidade coa normativa de imaxe corporativa da Xunta de Galicia.

Ler máis Ler menos

Requisitos

- Para os efectos da presente convocatoria, os beneficiarios deberán ter un contrato cun director ou guionista para desenvolver algún dos tipos dos sinalados na base quinta, quedan excluídas as agrupacións de interese económico.

- Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

- Así mesmo, quedan excluídos aqueles solicitantes que fosen beneficiarios de axudas nas convocatorias de subvencións da Agadic nos dous exercicios anteriores aos da presente convocatoria e incumprisen as bases ou as finalidades establecidas nela, sempre e cando fosen sancionados por iso. As condicións exixidas no número 1 do presente artigo deberanse manter durante todo o período de execución do proxecto subvencionado. A perda dalgunha destas condicións suporá a perda da condición de beneficiario e, de ser o caso, o reintegro das cantidades percibidas.

A onde acudir

Consellería de Cultura e Turismo

Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

Cidade da Cultura - Monte Gaiás s/n

15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 881996077 / 881996078

Fax: 881996080

Email: agadic@xunta.es

Órgano responsable

Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

Normativa

Ámbito Autonómico

Resolución do 28 de maio de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais de produción galega e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 102 do 31 de maio de 2019).

Ligazón á normativa

Extracto da Resolución do 28 de maio de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais de produción galega e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 102 do 31 de maio de 2019).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.