CT207A - Subvencións para producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, establecidas pola Agadic para contribuír ao fomento da produción da actividade audiovisual galega, dentro do marco das competencias deste organismo, e proceder á súa convocatoria para o ano 2019.

Modalidades e límites.

1. As modalidades de subvención que comprende esta convocatoria son as que seguen:

1.a) Modalidade A: producións e coproducións de longametraxes cinematográficas de ficción, segundo as seguintes submodalidades:

– Modalidade A1: longametraxes de ficción de autoría galega que contribúan a resaltar a diversidade cinematográfica de Galicia e os recursos creativos, artísticos e técnicos do audiovisual galego e posúan potencial para a difusión nacional e internacional.

– Modalidade A2: longametraxes con especial valor cinematográfico, cultural e social que contribúan a fomentar o tecido industrial do sector audiovisual galego e teñan vocación de distribución e comercialización nacional e internacional.

1.b) Modalidade B: producións e coproducións de longametraxes cinematográficas de animación que posúan un especial valor cultural e social, fomenten o tecido industrial do sector audiovisual galego e teñan vocación de difusión e comercialización nacional e internacional.

1.c) Modalidade C: produción e coprodución de longametraxes documentais de autoría galega con especial valor cinematográfico que non empreguen como especial instrumento a recreación de ficción.

1.d) Modalidade D: produción de curtametraxes de ficción, animación e documental de autoría galega, cunha duración máxima de 30 minutos.

1.e) Modalidade E: producións ou coproducións destinadas a ser emitidas por televisión de acordo coas seguintes submodalidades:

– Modalidade E1. Longametraxes, miniseries e series televisivas de ficción que promovan a cultura galega, empreguen e salienten os valores creativos, artísticos e técnicos do audiovisual galego e teñan un decidido propósito de difusión. Consideraranse longametraxes de ficción para televisión aquelas producións que teñan unha duración mínima de 60 minutos. Consideraranse miniseries de ficción aquelas produción de 2 capítulos que teñan unha duración mínima de 52 minutos cada un. Consideraranse series de ficción aquelas producións de ata 400 minutos de duración total que se correspondan cunha primeira tempada e teñan carácter autoconclusivo.

– Modalidade E2. Longametraxes documentais para televisión de autoría galega que contribúan á difusión da cultura galega, a poñer en valor as manifestacións creativas e artísticas galegas ou aborden calquera aspecto da realidade social galega, pero sen empregar como principal instrumento a recreación de ficción. As longametraxes documentais para TV deberán ter un mínimo de 52 minutos de duración.

– Modalidade E3. Series de animación infantil e xuvenil destinadas a ser emitidas por televisión que destaquen polo seu carácter innovador, fomenten a aplicación das novas tecnoloxías da produción e teñan unha clara vocación de comercialización a nivel nacional e internacional. As series de animación deberán ter unha duración mínima global de 80 minutos.

2. Para acceder á modalidade E é requisito obrigatorio presentar contrato ou carta de compromiso dunha emisora de televisión ou plataforma con ampla difusión no territorio galego.

3. Entenderase por longametraxe cinematográfica (modalidades A, B e C) aquela produción de máis de 60 minutos de duración.

4. Entenderase por produción de autoría galega aquela en que dous dos seguintes profesionais: director, guionista ou produtor executivo, sexan de orixe galega ou conten con máis de dous anos de actividade profesional acreditada en Galicia. No caso de proxectos que conten con coprodución internacional haberá que acreditar a orixe ou antigüidade de máis de dous anos de actividade profesional en Galicia dun só dos profesionais mencionados.

5. Entenderase por obra en versión orixinal galega aquela que teña máis do 75 % dos diálogos e/ou narración en lingua galega.

Ler máis Ler menos

A quen vai dirixido?

Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas ou xurídicas, constituídas como produtoras audiovisuais independentes cunha antigüidade mínima e sen interrupcións dun ano (epígrafe IAE 961.1), e con sucursal ou oficina permanente, polo menos, un ano, previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea e que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia.

Por produtor independente enténdese, para os efectos desta convocatoria, toda persoa física ou xurídica privada, que teña a iniciativa e asuma a responsabilidade na produción audiovisual e non sexa obxecto de influencia dominante por parte dun prestador de servizo de comunicación/difusión audiovisual nin dun titular de canal televisivo privado, nin, pola súa parte, exerza unha influencia dominante, tal e como establece a Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema, artigo 4.n).

Cando a persoa xurídica sexa unha agrupación de interese económico (AIE), os requisitos citados deberán ser cumpridos polas empresas que a integran no momento da súa constitución.

Ler máis Ler menos

Requisitos

1. A consideración dos proxectos como incentivables estará supeditada ás necesidades de apoio que se desprendan da calidade da proposta, do seu carácter cultural, da súa achega ao tecido industrial galego e do grao de desenvolvemento en canto aos traballos previos realizados e as condicións económico-financeiras do proxecto. As subvencións que se concedan deberán ter efecto incentivador, polo que a solicitude deberá terse presentado antes do comezo do proxecto.

2. Non poderán ser destinatarios das subvencións previstas nesta convocatoria as empresas produtoras que só teñan unha participación financeira no proxecto de longametraxe.

3. Só poderán participar nesta convocatoria aquelas produtoras que teñan unha participación igual ou superior ao 20 % do proxecto audiovisual.

4. Un mesmo solicitante poderá obter, de acordo coa presente convocatoria, un máximo de dúas subvencións, sempre que unha delas sexa das seguintes modalidades:

– Proxectos da modalidade A1, que constitúan a primeira longametraxe dun director e non superen os 300.000 euros de orzamento de produción.

– Proxectos da modalidade C.

– Proxectos da modalidade D.

Noutros casos, no suposto de que varios proxectos dun mesmo solicitante se consideren subvencionables, optarase polo que teña maior puntuación. Dentro da mesma convocatoria non poderán presentar o mesmo proxecto distintas empresas ou entidades nin tampouco se poderá presentar un mesmo proxecto a distintas modalidades.

5. A presente convocatoria non será aplicable ás empresas que estean suxeitas unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior, así como ás empresas en crise, tal e como establecen os artigos 1 e 2 do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.

6. Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, os solicitantes declararán non estar incursos en tales circunstancias, consonte o establecido no anexo I desta convocatoria.

Ler máis Ler menos

A onde acudir

Consellería de Cultura e Turismo

Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

Cidade da Cultura - Monte Gaiás s/n

15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 881996077 / 881996078

Fax: 881996080

Email: agadic@xunta.es

Órgano responsable

Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

Normativa

Ámbito Autonómico

Resolución do 27 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego, e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2019).

Ligazón á normativa

Extracto da Resolución do 27 de decembro de 2018 pola que aproban as bases para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego, e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2019).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.