CT104B - Axudas para intervencións arqueolóxicas en conxuntos históricos, zonas arqueolóxicas ou xacementos catalogados ou inventariados.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

1. O obxecto da presente orde é establecer as bases reguladoras e convocar a concesión de axudas, polo procedemento abreviado de concorrencia non competitiva, aos promotores particulares de calquera tipo de obras que afecten un monumento, conxunto histórico, zona arqueolóxica ou xacementos catalogados ou inventariados, nos casos en que a Consellería de Cultura e Turismo ou a figura de planeamento vixente determinen a necesidade de realizar intervencións arqueolóxicas, en concepto de colaboración no financiamento do custo da execución do proxecto arqueolóxico realizado de acordo cos requisitos establecidos nos artigos 96 e 97 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.

Ao abeiro do artigo 19.2 da Lei de subvencións de Galicia, non será necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento ata o esgotamento do crédito orzamentario coas garantías previstas no artigo 31.4 da citada lei.

2. Para os efectos da presente orde considéranse custos de execución do proxecto arqueolóxico os custos financiados polo promotor que figuren nos orzamentos dos proxectos arqueolóxicos autorizados polo titular da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.

Os tributos son gastos subvencionables cando o beneficiario da subvención os aboe efectivamente. En ningún caso se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

3. Esta convocatoria, para os efectos da súa identificación e acceso por parte das persoas interesadas, na sede electrónica da Xunta de Galicia, aos formularios de inicio, denomínase «axudas para intervencións arqueolóxicas en conxuntos históricos, zonas arqueolóxicas ou xacementos catalogados ou inventariados», co código do procedemento CT104B.

Actuacións subvencionables e excluídas .

1. Quedan comprendidas no ámbito da presente orde as intervencións arqueolóxicas enunciadas no artigo 95 da citada Lei 5/2016, debidamente autorizados pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.

2. Quedan excluídas:

a) As actividades arqueolóxicas promovidas por particulares derivadas das medidas protectoras, correctoras e compensatorias establecidas nos plans, programas e proxectos con incidencia sobre o territorio, así como as incluídas nos procedementos de avaliación ambiental, establecidas en virtude do disposto no artigo 34 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.

b) As actuacións que, na data de publicación da presente orde, xa foron obxecto de indemnización pola Consellería de Cultura e Turismo por sentenza xudicial, ou subvencionadas en anteriores convocatorias pola presentación e a entrega das correspondentes memorias técnicas e da acta de depósito dos materiais, así como as executadas en bens inmobles da Igrexa católica.

c) As intervencións arqueolóxicas respecto daquelas obras obxecto de sanción en materia de patrimonio cultural ou que deriven da tramitación ou resolución dun procedemento sancionador.

d) E en todo caso, se o promotor da obra é unha Administración pública ou concesionario ou se os bens inmobles obxecto da actuación son públicos.

Ler máis Ler menos

A quen vai dirixido?

Poderán ser beneficiarios destas axudas os empresarios (persoas físicas ou xurídicas) e as persoas físicas e xurídicas sen ánimo de lucro que promovesen as intervencións arqueolóxicas comprendidas no ámbito da presente orde, desenvoltas en bens inmobles de titularidade privada, sempre que non se atopen en ningún dos supostos dos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia.

Obrigas dos beneficiarios.

1. Ademais das obrigas xerais establecidas no artigo 11 da Lei de subvencións de Galicia, para a percepción das axudas públicas os beneficiarios están obrigados a facilitar toda a información que lle requira a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

2. O incumprimento de calquera das obrigas mencionadas será causa de revogación da subvención ou de reintegro, se é o caso, dos importes percibidos e dos xuros de mora correspondentes.

3. Os beneficiarios deberán dar cumprimento ás obrigas de publicidade que se establecen no artigo 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, modificado polo artigo 30 da Lei estatal 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa.

Ler máis Ler menos

Requisitos

a) Que as actuacións arqueolóxicas estean autorizadas e fosen realizadas desde o ano 2015 en diante e estean finalizadas na data de publicación da presente orde.

b) Que as actuacións se desenvolvesen conforme os proxectos arqueolóxicos presentados e se cumprisen as obrigas de responsabilidade da dirección de acordo co establecido no Decreto 199/1997, que regula a actividade arqueolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Que se acredite a presentación e a entrega dos correspondentes informes valorativos ou das memorias técnicas e da acta de depósito dos materiais de acordo co citado Decreto 199/1997.

A onde acudir

Consellería de Cultura e Turismo

Dirección Xeral de Patrimonio Cultural

Subdirección Xeral de Conservación e Restauración de Bens Culturais

Servizo de Arqueoloxía

Santo Domingo de Bonaval, s/n

15704 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981546592

Fax: 981546597

Órgano responsable

Dirección Xeral de Patrimonio Cultural

Normativa

Ámbito Autonómico

Orde do 28 de marzo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de intervencións arqueolóxicas e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 73 do 15 de abril de 2019).

Ligazón á normativa

Extracto da Orde do 28 de marzo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de intervencións arqueolóxicas e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 73 do 15 de abril de 2019).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.