BS412A - Programa de axudas económicas ás familias para a atención de nenos/as menores de 12 anos a través do programa Bono Coidado.
Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas económicas ás familias con nenos e nenas menores de doce anos que teñan a súa residencia en Galicia e precisen dun recurso para cubrir as necesidades puntuais derivadas da conciliación das obrigas laborais e persoais e das responsabilidades familiares que se produzan entre o 1 de outubro de 2018 e o 30 de novembro de 2019 (código de procedemento BS412A), así como realizar a súa convocatoria.
As axudas previstas nesta orde tramitaranse de acordo co previsto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dado que polo obxecto e a finalidade das subvencións non será necesaria a comparación e prelación das solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos na convocatoria.
Tipo de axuda e contía .
1. A axuda consistirá nunha achega para contribuír ao pagamento do importe de servizos de atención á infancia a domicilio e/ou de servizos de conciliación autorizados pola Consellería de Política Social para atender necesidades puntuais -ludotecas, espazos infantís ou servizos complementarios de atención á infancia- previstos na sección quinta do capítulo III do Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia, nos seguintes supostos convenientemente acreditados:
a) Enfermidade do/da menor e imposibilidade de ser coidado/a polos membros da unidade familiar.
b) Enfermidade da persoa coidadora habitual.
c) Asistencia da persoa coidadora habitual a entrevistas de traballo ou cursos de formación.
d) Situacións puntuais de carácter laboral ou de coidado, tanto do cónxuxe ou parella como de familiares ata o segundo grao de parentesco por consanguinidade ou afinidade, que impidan que os membros da unidade familiar atendan o/a neno/a.
Os servizos de atención á infancia subvencionados deben cumprir os requisitos establecidos no dito Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia, e o establecido no Decreto 192/2015, do 29 de outubro, polo que se define a Carteira de servizos sociais de familia, infancia e adolescencia, así como, de ser o caso, na normativa de desenvolvemento.
2. Con carácter xeral, concederase un máximo de 80 horas por familia para a totalidade do período subvencionado. O número total de horas concedido incrementarase un 15 % por cada fillo/a menor de doce anos a partir do primeiro.
3. A contía da dita axuda estará en función da renda per cápita da unidade familiar, de acordo cos seguintes tramos:
a) Renda per cápita familiar ata 3.750 euros: 14 /hora no caso de servizos a domicilio ou o 100 % do importe facturado, cun límite de 5 /hora para o resto de servizos previstos no punto 1.
b) Renda per cápita familiar superior a 3.750 e ata 7.500 euros: 11 /hora no caso de servizos a domicilio ou o 80 % do importe facturado, cun límite de 4 /hora para o resto de servizos previstos no punto 1.
c) Renda per cápita familiar superior a 7.500 e ata 10.000 euros: 9 /hora no caso de servizos a domicilio ou o 65 % do importe facturado, cun límite de 3,25 /hora para o resto de servizos previstos no punto 1.
d) Renda per cápita familiar superior a 10.000 e ata 13.500 euros ou superior dentro dos límites establecidos no artigo 3.1.b): 7 /hora no caso de servizos a domicilio ou o 50 % do importe facturado, cun límite de 2,5 /hora para o resto de servizos previstos no punto 1.
As mulleres vítimas de violencia de xénero recibirán en todo caso a axuda prevista na letra a).
4. O período subvencionable comprenderá desde o 1 de outubro de 2018 ata o 30 de novembro de 2019.
5. A contía da axuda farase efectiva unha vez se presente a documentación establecida no artigo 15 desta orde.
Ler máis Ler menos
A quen vai dirixido?
Poderán ser beneficiarias das axudas do programa Bono coidado os pais/nais, titores/as ou as persoas que teñan en situación de acollemento familiar ou garda preadoptiva nenos/as menores de doce anos residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
Obrigas das persoas beneficiarias.
As persoas beneficiarias destas axudas obríganse a observar o disposto no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e mais no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e especificamente a:
a) Facilitarlles aos órganos competentes toda a información necesaria para asegurar o cumprimento da finalidade da axuda concedida, particularmente a que sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.
b) Destinar a axuda á finalidade para a cal se concede.
c) Comunicar calquera alteración das condicións que motivaron o seu outorgamento.
Requisitos
a) Ter unha nena ou un neno nada/o con posterioridade ao 31 de decembro de 2006 cando o servizo para o cal se solicita axuda se recibise no último trimestre do ano 2018, e con posterioridade ao 31 de decembro de 2007 para aqueles que se reciban durante o período subvencionable do ano 2019.
b) Que a renda da unidade familiar, entendida como a suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro, non supere os 45.000 ou os 13.500 per cápita. Para estes efectos, terase en conta a declaración do IRPF do ano 2017.
Ademais, as persoas beneficiarias teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
A onde acudir
CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DA CORUÑA
Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981185771
Fax: 981185701
CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE LUGO
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294289
Fax: 982294359
CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE OURENSE
Avda. de la Habana, 79
32004 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386196
Fax: 988386838
CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE VIGO
R/ Concepción Arenal, 8
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817817
Fax: 986817637
CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE VIGO
OFICINA LOCAL DE PONTEVEDRA (PNC E XUVENTUDE)
Avda. Fernández Ladreda, 43-1
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 886206524
Fax: 986805554
Ler máis Ler menos
Órgano responsable
DIRECCIÓN XERAL DE FAMILIA, INFANCIA E DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA
Normativa
Ámbito Autonómico
Orde do 25 de febreiro de 2019 pola que se establecen as axudas económicas ás familias para a atención de nenas e nenos menores de doce anos a través do programa Bono coidado e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 48 do 8 de marzo de 2019).
Extracto da Orde do 25 de febreiro de 2019 pola que se establecen as axudas económicas ás familias para a atención de nenas e nenos menores de doce anos a través do programa Bono coidado e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 48 do 8 de marzo de 2019).
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
Ronda de Fingoi, 170 , Lugo
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
Rúa da Fonte, 3 , Castroverde
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas
Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres