BS402G - Adxudicación de prazas en escolas infantís 0-3 concertadas.
Forma presentación
Tramitación en liña
Iniciar presentación electrónica na sede
Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.
Presencial
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.
Datos da solicitude
Prazo de presentación: 09/03/2017 - 10/04/2017.
Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio administrativo: Negativo
- A solicitude tanto no suposto de renovación como de novo ingreso previsto no artigo 2. b) 1º, presentarase segundo o modelo oficial (anexo I desta orde), que estará dispoñible nos enderezos electrónicos: https://sede.xunta.gal e http://politicasocial.xunta.gal e que tamen se facilitará nos propios centros nos que se solicite praza e nas xefaturas territoriais da Consellería de Política Social.
- As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
- a) Anexo II, relativo á comprobación de datos do/a cónxuxe ou parella, de ser o caso.
- b) Título de familia numerosa, só no caso de non ser expedido pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
Así mesmo, no caso de terse producido cambios respecto ao que consta na declaración do IRPF correspondente ao ano 2015 que afecten á unidade familiar e que poidan incidir no cálculo da renda desta, a persoa interesada achegará, dentro do mesmo prazo de presentación de solicitudes, aqueles documentos que os acrediten ou xustifiquen.
Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente sempre que a persoa interesada expresase o seu consentimento para que sexan consultados ou obtidos eses documentos. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos aos que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia ou tivera un formato non admitido pola dita sede, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos na forma prevista no paragrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia. - As solicitudes xunto coa documentación requirida presentaranse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario/a e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse preferentemente por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamen poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica
Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es
CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE VIGO
SERVIZO DE FAMILIA, INFANCIA E DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA VI
Concepción Arenal, 8 -1º
36201Vigo
Teléfono: 986817044Fax: 986817049
CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE OURENSE
SERVIZO DE FAMILIA, INFANCIA E DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA DE OURENSE
Rúa Saénz Díez, nº 39-baixo
32003Ourense
Teléfono: 988386121Fax: 988386131
CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DA CORUÑA
SERVIZO DE FAMILIA, INFANCIA E DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA DA CORUÑA
Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º
15008Coruña, A
Teléfono: 981185704Fax: 981185737
CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL
DIRECCIÓN XERAL DE FAMILIA, INFANCIA E DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA
SUBDIRECCIÓN XERAL DE DEMOGRAFÍA E CONCILIACIÓN
SERVIZO DE CONCILIACIÓN FAMILIAR
Edificio Administrativo San Caetano. Edificio a Pirámide
15781Santiago de Compostela
Teléfono: 981544650 / 981545666Fax: 981544634
Email: dxfamilia.politicasocial@xunta.es
CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE LUGO
SERVIZO DE FAMILIA, INFANCIA E DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA DE LUGO
Ronda da Muralla, 70
27071Lugo
Teléfono: 982294442Fax: 982294386
Esta orde ten por obxecto convocar e establecer o procedemento de adxudicación de praza nas escolas infantís 0-3 de titularidade privada que resultaron adxudicatarias do concerto de prazas do primeiro ciclo de educación infantil nas sete grandes cidades e nos concellos da súa área de influencia (código BS402G). A relación destas escolas recóllese no anexo III.
Beneficiarios:
Poderá adxudicarse unha praza concertada aos nenos e nenas que estean nos seguintes supostos:
a) Renovación de praza.
Nenos e as nenas escolarizados/as nunha praza concertada durante o curso 2016/2017, sempre que non teñan cumpridos os tres anos de idade o 31 de decembro de 2017.
b) Novo ingreso.
1º. Nenos e nenas cun irmán/á que renove praza concertada durante o curso 2017/2018.
2º. Nenos e nenas solicitantes de praza para o curso 2017/2018 nas escolas infantís dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais e do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar que queden en lista de espera por falta de prazas dispoñibles e que nas respectivas solicitudes marcaran a opción de candidato/a a praza concertada.
AUTONÓMICA
Orde do 2 de marzo de 2017 pola que se convoca e establece o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 de titularidade privada con prazas concertadas para o curso 2017/18 (DOG nº 47 do 8 de marzo de 2017).
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
Ronda de Fingoi, 170 , Lugo
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
Rúa da Fonte, 3 , Castroverde
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas
Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres