BS402B - Novo ingreso/renovación de praza en escolas infantís 0-3 para fillas/os do persoal da Xunta de Galicia.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

1. Esta resolución ten por obxecto convocar, para o curso 2019/20, o procedemento de adxudicación de prazas para fillos e fillas do persoal dos servizos centrais e das xefaturas territoriais da Xunta de Galicia en escolas infantís da localidade onde presta servizos (código BS402B). As ditas escolas infantís son as seguintes:

a) Escola infantil de Vite en Santiago de Compostela.

b) Escola infantil Santa María de Oza na Coruña.

c) Escola infantil Catabois en Ferrol.

d) Escola infantil Sagrado Corazón en Lugo.

e) Escola infantil Antela en Ourense.

f) Escola infantil do Edificio Administrativo de Pontevedra.

g) Escola infantil A Estrela do Complexo Administrativo de Vigo.

2. Para os efectos desta resolución, considérase persoal da Xunta de Galicia o persoal que presta servizos na Presidencia, nas consellerías e nas entidades instrumentais do sector público autonómico, aínda no caso de que pasen a desempeñar postos en novas entidades con carácter de axencias ou entes públicos empresariais.

Calendario e horario de apertura das escolas .

1. Nas escolas infantís 0-3 ás cales se refire esta resolución o curso escolar dará comezo o día 4 de setembro de 2019.

Os centros permanecerán abertos de luns a venres, excluídos os días considerados festivos no calendario laboral e o 24 e 31 de decembro de 2019.

O alumnado poderá asistir ao centro un máximo de 11 meses dentro do período comprendido entre setembro de 2019 e agosto de 2020.

En casos excepcionais debidamente xustificados poderase admitir a asistencia do neno ou da nena durante os 12 meses do ano.

No Nadal, no período comprendido entre o 23 e o 27 de decembro de 2019 e na Semana Santa, no comprendido entre o 6 e o 9 de abril de 2020, abrirá un só centro da Axencia Galega de Servizos Sociais por localidade.

Así mesmo, durante o mes de agosto abrirá igualmente un centro por localidade sempre que exista unha demanda igual ou superior a 15 alumnos/as.

Nestes períodos o seu peche diario efectuarase ás 17.00 horas.

A admisión do neno ou da nena durante os períodos anteriores estará condicionada á xustificación baseada en motivos laborais ou de saúde.

As escolas que permanezan abertas durante os períodos vacacionais de Nadal e Semana Santa serán as que abran no mes de agosto, agás que as ditas escolas fosen obxecto dun peche temporal por obras ou por calquera outra continxencia.

A apertura das escolas infantís obxecto desta resolución nos períodos anteriormente citados estará condicionada pola súa participación no sistema de quendas que se establecerá, para estes efectos, entre as escolas de titularidade da Axencia Galega de Servizos Sociais nas respectivas localidades.

2. A permanencia do alumnado no centro será con carácter xeral dun máximo de 8 horas diarias, coincidentes co horario laboral da persoa solicitante, agás causas excepcionais e convenientemente xustificadas.

Ler máis Ler menos

A quen vai dirixido?

Fillos e fillas do persoal dos servizos centrais e das xefaturas territoriais da Xunta de Galicia en escolas infantís da localidade onde presta servizos.

Requisitos

Serán requisitos imprescindibles para ser persoa adxudicataria de praza nas escolas infantís 0-3 obxecto desta resolución:

a) Que o neno ou a nena xa nacese no momento de presentación da solicitude e sexa fillo ou filla, calquera que sexa a súa filiación, ou estea en situación legal de acollemento por persoal da Xunta de Galicia que preste servizo nos servizos centrais ou por persoal dos servizos periféricos que preste os seus servizos nas xefaturas territoriais da Coruña con sede nesta cidade ou na cidade de Ferrol, nas xefaturas territoriais de Lugo, nas xefaturas territoriais de Ourense e nas xefaturas territoriais da provincia de Pontevedra con sede nesta cidade ou na cidade de Vigo.

b) Que teña unha idade mínima de tres meses na data de ingreso na escola infantil en que obteña praza e non teña feitos os 3 anos de idade o 31 de decembro de 2019.

c) Estar ao día no pagamento das cotas polos servizos recibidos na data de presentación da solicitude, respecto daquelas familias que xa escolarizasen un fillo ou filla no mesmo centro ou en calquera outro centro da Rede Galiña Azul.

Ler máis Ler menos

A onde acudir

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

DIRECCIÓN XERAL DE FAMILIA, INFANCIA E DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA

SUBDIRECCIÓN XERAL DE DEMOGRAFÍA E CONCILIACIÓN

SERVIZO DE CONCILIACIÓN FAMILIAR

Edificio Administrativo San Caetano. Edificio a Pirámide, s/n

15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981545666

Fax: 981544634

Email: dxfamilia.politicasocial@xunta.es

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DA CORUÑA

SERVIZO DE FAMILIA, INFANCIA E DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA DA CORUÑA

Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º

15008 Coruña, A (Coruña, A)

Teléfono: 981185741

Fax: 981185737

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE LUGO

SERVIZO DE FAMILIA, INFANCIA E DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA DE LUGO

Ronda da Muralla, 70

2707 Lugo (Lugo)

Teléfono: 981294358

Fax: 982294386

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE OURENSE

SERVIZO DE FAMILIA, INFANCIA E DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA DE OURENSE

Rúa Saénz Díez, nº 39-baixo

32003 Ourense (Ourense)

Teléfono: 988386590

Fax: 988386131

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE VIGO

SERVIZO DE FAMILIA, INFANCIA E DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA VIGO

Concepción Arenal, 8-1º

36201 Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 986817817

Fax: 986817049

Ler máis Ler menos

Órgano responsable

DIRECCIÓN XERAL DE FAMILIA, INFANCIA E DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA

Normativa

Ámbito Autonómico

Resolución do 29 de marzo de 2019 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas para fillos e fillas do persoal da Xunta de Galicia nas escolas infantís dependentes desta axencia para o curso 2019/20 (DOG nº 67 do 5 de abril de 2019).

Ligazón á normativa

Resolución do 24 de maio de 2019 pola que se publican as resolucións do 24 de maio de 2019 polas que se resolve a aprobación da relación definitiva de fillos e fillas do persoal da Xunta de Galicia admitidas/os e da lista de espera para o curso 2019/20 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia (DOG nº 102 do 31 de maio de 2019).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.