BS324A - Mobilidade transnacional xuvenil (Galeuropa):

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede

Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Presencial

Modelo de solicitude

Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos da solicitude

Prazo de presentación: 09/04/2016 - 09/05/2016.

Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio administrativo: Negativo

Versión en formato PDF

  • As solicitudes individuais de mobilidade presentadas polos mozos e mozas deben ir acompañadas de:
    • a) Solicitude de modelo oficial que figura no anexo I-A.
      O país de destino que se elixa na solicitude só poderá ser modificado logo de solicitude por escrito motivado, por outro que teña asignadas contías iguais ou inferiores para gastos de viaxe, manutención e aloxamento.
    • b) Currículum vitae modelo europeo.
    • c) Copia do DNI/NIE cando o/a solicitante non autorice a Consellería de Traballo e Benestar a consulta dos seus datos no Sistema de verificación de datos de identidade.
    • d) Acreditación de violencia de xenero: Se e o caso, acreditarase por calquera dos medios recoñecidos no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xenero, que son:
      • 1º. Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, ou testemuño ou copia autenticada pola secretaria ou polo secretario xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar.
      • 2º. Sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia en calquera das modalidades definidas nesta lei.
      • 3º. Certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local.
      • 4º. Certificación dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local.
      • 5º. Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia.
      • 6º. Informe da Inspección de Traballo e da Seguridade Social.
      • 7º. Calquera outra que se estableza regulamentariamente.
    • e) De ser o caso, anexo IV-A, cos datos da empresa/entidade pública ou privada onde se realizarán as prácticas formativas.
  • A documentación complementaria será a indicada no anexo-A para cada procedemento. Esta documentación poderá presentarse electronicamente na sede electrónica da Xunta, utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
    A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
    As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.
  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es , de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.
    Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
  • No prazo de presentación de solicitudes, o día final do citado prazo será o correspondente, no mes seguinte, ao mesmo número ordinal do día da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se este último día e inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Instrucións

Versión en formato PDF

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE, PARTICIPACIÓN E VOLUNTARIADO

SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROGRAMAS PARA A XUVENTUDE

SERVIZO DE PROGRAMAS E MOBILIDADE XUVENIL
Edificio Administrativo San Lázaro, 3º andar
15781Santiago de Compostela
Teléfono: 981544854 / 981544645Fax: 981545843
Email: galeuropain-garantiaxuvenil@xunta.es
Información web: http://xuventude.xunta.es / http://garantiaxuvenil.xunta.es/

Versión en formato PDF

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que rexerán os procedementos de concesión de axudas para proxectos de mobilidade transnacional dirixido a mozos e mozas para a realización de prácticas formativas non remuneradas en entidades/empresas públicas ou privadas de países europeos, e proceder á súa convocatoria para o ano 2016, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil.
A finalidade do programa de mobilidade é reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais dos/as mozos/as non ocupados/as e non integrados/as nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación e á adquisición da experiencia profesional necesaria para a incorporación ao mercado de traballo dunha maneira duradeira no tempo. Ademais a mobilidade transnacional apoia a adquisición de competencias en idiomas estranxeiros que aumentan a empregabilidade das persoas novas.

Beneficiarios:

Poden ser beneficarios/as destas axudas, os mozos e as mozas que cumpran os requisitos establecidos no artigo 4 do capítulo I desta orde e que teñan mínimo 18 anos de idade.
Obrigas xerais dos/as beneficiarios/as.
1. As persoas/entidades beneficiarias das subvencións previstas nesta orde, ademais de cumprir as obrigas establecidas pola normativa aplicable con carácter xeral a axudas e subvencións públicas, deberán:
a) Realizar as mobilidades para as cales se concede a subvención, de conformidade coas disposicións previstas nesta orde e nas resolucións, instrucións ou circulares que a desenvolvan.
b) Acreditar ante a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado a realización das actividades e o cumprimento dos requisitos exixidos para a concesión da axuda ou subvención, achegando a documentación que lles sexa requirida co fin de comprobar o cumprimento das obrigas que derivan da dita concesión.
c) Someterse ás actuacións de comprobación efectuadas pola Consellería de Politíca Social e ás da Inspección de Traballo e Seguridade Social, ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Consello de Contas, as relativas ás verificacións que poidan realizar os organismos implicados na xestión e seguimento do FSE e ás que poidan corresponder, á Comisión e ao Tribunal de Contas das Comunidades Europeas.
d) Comunicarlle á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, procedentes de calquera outra Administración ou ente público estatal ou internacional. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
e) Cumprir cantas obrigas deriven da normativa de aplicación do cofinanciamento polo FSE e a Iniciativa europea de garantía xuvenil, de conformidade co establecido no 23 desta orde.
2. As obrigas específicas segundo o tipo de beneficiarios/as das axudas establécense no anexo-A desta orde de convocatoria para cada procedemento.
Obrigas dos/as beneficarios/as das axudas individuais de mobilidade para a mocidade galega.
a) Buscar pola súa conta a empresa / entidade pública ou privada para a realización das prácticas.
b) Dispoñer dos seguros de accidentes e de responsabilidade civil necesarios para facer as prácticas, así como da tarxeta sanitaria europea ou seguro médico que dean cobertura equivalente durante o período de duración das prácticas subvencionadas, e enviar copia á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
c) Manter contacto coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado mediante correo electrónico dende o momento en que resultan beneficiarios/as, especialmente durante a realización das estadías formativas e para os efectos do previsto no capítulo V do título I, durante o ano seguinte á finalización das prácticas.
d) Asistir ás reunións informativas e xornadas formativas ás que sexan convocadas, tanto previas á saída, coma durante a estadía formativa, ou á volta das prácticas.
e) Entregar cubertos os cuestionarios relativos aos indicadores de execución e de resultados, cos datos que lles sexan solicitados de entre os establecidos no anexo IX, segundo a forma e prazos que establecen os artigos 18.1 e 27.a) desta orde.
f) Remitirlle á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a través do enderezo electrónico: galeuropain-garantiaxuvenil@xunta.es :
1º. Ata 3 días antes de comezar as prácticas, copia da póliza de accidentes e seguro de responsabilidade civil e a da tarxeta sanitaria ou seguro médico equivalente.
2º. No prazo máximo de 3 días desde que se inicien as prácticas deberán enviar un correo electrónico indicando a data de comezo e remate das prácticas e toda variación que poida existir nos datos da persoa que titoriza as prácticas respecto dos indicados no anexo IV-A, para os efectos de seguimento da actividade segundo o disposto no capítulo V do título I.
3º. A comunicación da interrupción ou abandono das prácticas no prazo dos 3 días seguintes a que se produza o feito, motivando as causas. O abandono non xustificado será motivo de perda do dereito á axuda e o abandono xustificado poderá dar lugar á dedución proporcional das prácticas non realizadas e ao reintegro das cantidades indebidamente percibidas.
4º. Comunicar e motivar o cambio de empresa/entidade de prácticas e remitir un novo anexo IV-A cuberto coa aceptación da nova empresa no prazo máximo dos 3 días seguintes a producirse o cambio. De ningunha maneira se poderá admitir un cambio de empresa a outro país de destino se este cambio supón un aumento de contía nas axudas concedidas.
g) Realizar a totalidade da mobilidade solicitada, sen incumprimento horario nin faltas de asistencia non xustificadas.
h) Observar un código de conduta ético nas empresas/entidades onde se realicen as prácticas e en xeral no transcurso da mobilidade.

Requisitos:

As persoas destinatarias das mobilidades, ademais dos requisitos que poidan exixir as distintas convocatorias e os procedementos específicos destas bases reguladoras, deberán cumprir os requisitos esixidos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX):
1. Estar inscritos/as no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Ter menos de 25 anos, ou menos de 30 se teñen un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%. Non obstante poderán ter ata menos de 30 anos sempre que a taxa de, desemprego do colectivo da mocidade de 25 a 29 anos se sitúe por baixo do 20%, segundo a Enquisa de Poboación Activa correspondente ao último trimestre do ano.
O requisito de idade debe cumprirse no momento de solicitar a inscrición no ficheiro do SNGX.
3. Ademais dos requisitos anteriores, en coherencia coa citada Lei 18/2014, deberán cumprir os seguintes:
a) Non ter traballado nos trinta días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.
b) Non ter recibido accións educativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos noventa días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.
c) Non ter recibido accións formativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos trinta días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.
No suposto de que a persoa interesada en inscribirse no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil tivese finalizada a súa participación no sistema educativo, considerarase que o requisito da letra b) queda suxeito a non ter recibido accións educativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos trinta días naturais anteriores.
Estes requisitos, agás o de idade, deberán manterse no momento da selección das persoas que participarán nas movilidades.
Serán excluídas as persoas e entidades solicitantes que se atopen nalgunha das situacións de prohibición recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Non poderán obter a condición de beneficiarias aquelas persoas/entidades que non se atopen ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social, ou teñan pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Versión en formato PDF

AUTONÓMICA

Orde do 24 de agosto de 2016 pola que se modifica a Orde do 23 de marzo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de mobilidade transnacional xuvenil (Galeuropa) con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil e se procede á súa convocatoria para o ano 2016. (DOG nº 164 do 31 de agosto de 2016).

Ligazón á normativa

AUTONÓMICA

Orde do 23 de marzo de 2016 pola que establecen as bases reguladoras do Programa de mobilidade transnacional xuvenil (Galeuropa) con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (DOG nº 67 do 8 de abril de 2016).

Ligazón á normativa

Versión en formato PDF


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.