BS306B - Axudas enmarcadas no programa iniciativa xove.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove para a posta en marcha de iniciativas xuvenís durante o ano 2019, e convocar estas axudas.

2. Enténdense por iniciativas xuvenís os proxectos liderados pola mocidade da Comunidade Autónoma de Galicia e nos cales as persoas novas sexan as verdadeiras protagonistas, a través da participación activa na planificación e na realización das actividades deseñadas por elas mesmas.

3. A finalidade das subvencións é fomentar e consolidar a participación libre e eficaz da mocidade no desenvolvemento político, social, económico e cultural, así como promover a adecuada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar dos mozos e mozas da nosa comunidade autónoma, a través de proxectos integrais e específicos de actuación.

Áreas de atención prioritaria .

Para os efectos desta orde, considéranse áreas de atención prioritaria as seguintes:

a) Iniciativa Xove Emprendedora: proxectos que lle permitan á mocidade poñer en marcha as súas ideas no ámbito do emprendemento e da empregabilidade.

b) Promoción de hábitos saudables e prevención de condutas de risco ou violentas entre a poboación xuvenil, así como sensibilización e loita contra calquera forma de discriminación.

c) Fomento de actitudes creativas e innovadoras da xuventude na súa comunidade e na súa contorna.

d) Fomento da inclusión social e laboral e da accesibilidade dos mozos e mozas pertencentes a colectivos con dificultades de integración ou especialmente vulnerables.

e) Creación de espazos para a comunicación e novas tecnoloxías.

f) Fomento da participación e do empoderamento das mulleres novas galegas para que colaboren activamente na toma de decisións, na xestión e na execución, desde o asociacionismo ou desde os grupos informais.

g) Conservación do ambiente e do patrimonio cultural e natural, así como a súa posta en valor.

h) Desenvolvemento e dinamización do medio rural.

i) Dinamización da lingua galega entre a mocidade.

Proxectos e gastos subvencionables .

1. Serán excluídos aqueles proxectos que non se axusten ao obxecto e finalidade destas axudas recollidos no artigo 1 desta orde.

2. Os proxectos deberán levarse a cabo no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Só se poderá presentar un proxecto por solicitante e o seu orzamento total non poderá ser superior a 5.000 €. Non se admitirán a trámite as solicitudes de axudas para proxectos cuxo orzamento sexa superior á citada contía.

4. Considéranse gastos subvencionables aqueles que, de xeito indubitado, respondan á natureza do proxecto presentado, resulten estritamente necesarios para levalo a cabo e financien actividades realizadas desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2019.

5. Quedan excluídos, para os efectos da axuda, os proxectos docentes e deportivos previstos nos plans regulados de ensino e deporte escolar e federativo.

6. Non será subvencionable a adquisición de equipamento e material inventariable.

Considéranse non inventariables:

a) Os ben funxibles.

b) Os bens cuxa vida útil non sexa superior a un ano.

c) Os bens non comprendidos nas letras anteriores cuxo custo de adquisición sexa inferior a 150 euros. A adquisición destes bens, no conxunto do proxecto, non poderá supoñer un custo superior aos 600 euros.

7. Non serán subvencionables os gastos ordinarios de funcionamento que non estean asociados co proxecto e recollidos no orzamento de gastos que se reflicte no anexo III. En todo caso, este tipo de gastos ordinarios de funcionamento non poderán superar nunca o cinco por cento do orzamento total do proxecto, ou da contía xustificada, de ser esta inferior a aquel.

8. No caso daqueles proxectos que, para o seu desenvolvemento, indiquen que precisan formación, acreditarase suficientemente que as persoas docentes son competentes para impartir a dita formación, para o que se xuntará o seu currículo e mais a documentación acreditativa correspondente. Especificaranse os contidos e xuntarase o programa de formación que se vai impartir. A formación será sempre de carácter gratuíto para as persoas destinatarias dela. No caso de se produciren variacións nas persoas que vaian impartir a formación, deberáselle comunicar á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, con anterioridade ao inicio desta, para o que se enviará a nova documentación acreditativa. As novas persoas que vaian impartir a formación deberán ter o nivel de capacitación axustado á citada finalidade.

9. Calquera das actividades desenvolvidas serán de carácter gratuíto para as persoas destinatarias do proxecto e non poderán xerarse ingresos por pagamento de cotas, entradas ou outros de similar natureza.

10. Non poderán ser subvencionados os gastos correspondentes ás retribucións do persoal que teña unha relación laboral dependente das persoas ou entidades beneficiarias, excepto no caso de que ese persoal sexa contratado única e exclusivamente para o desenvolvemento do proxecto, o que se deberá xustificar documentalmente, nin honorarios profesionais ou remuneracións de calquera clase das persoas ou entidades impulsoras do proxecto. Así mesmo, non poderán ser subvencionados os gastos que sexan facturados por provedores dos que forme parte ou cos que teña vinculación directa algunha persoa membro da asociación ou grupo beneficiario.

11. O importe total de gastos de manutención, como comidas, servizos de restauración ou compra de produtos alimenticios, non poderá superar o dez por cento do orzamento total do proxecto ou da contía xustificada, de ser esta inferior a aquel. Ademais, deben estar vinculados de xeito inequívoco coa actividade e realizados durante a súa execución material.

En ningún caso se admitirán gastos de comidas, consumicións ou aloxamento de persoas membros da entidade ou grupo beneficiario para reunións previas ou posteriores de preparación ou avaliación, nin os efectuados por estas persoas durante a execución material da actividade organizada pero que non formen parte desta.

12. O importe total de gastos en alugamento de espazos e equipamento non poderá superar, en conxunto, o cuarenta por cento do orzamento total do proxecto ou da contía xustificada, de ser esta inferior a aquel.

13. No caso dos premios que se outorguen nos concursos ou competicións previstos no proxecto e dos obsequios para persoas que teñan colaborado no desenvolvemento dalgunha actividade, estes deberán incluírse no orzamento do proxecto. O límite para os gastos por este concepto será do dez por cento do orzamento total do proxecto ou da contía xustificada, de ser esta inferior a aquel. Non poderán recibir ningún premio ou obsequio as persoas membros da entidade ou do grupo informal.

14. Non serán subvencionables os proxectos que consistan na celebración de concertos ou festas, salvo que estas actividades teñan unha entidade menor e se inclúan dentro dun programa de actividades máis amplo e, en todo o caso, xustificarase a súa necesidade e oportunidade dentro do desenvolvemento do proxecto.

15. As actividades que constitúen o obxecto do proxecto deberán realizalas de forma directa a entidade ou grupo beneficiario e non poderán ser subcontratadas.

Entenderase que hai subcontratación, en todo caso, cando:

a) As actividades do proxecto sexan executadas por terceiros, é dicir, cando a entidade ou grupo se limite a obter a axuda e a actuar como intermediario con outras persoas físicas ou xurídicas, que son as que realmente executan o proxecto.

b) Cando se contraten actividades de planificación, coordinación, avaliación e xestión do proxecto.

Entenderase que non hai subcontratación cando se contraten tarefas concretas que non poidan ser levadas a cabo directamente pola entidade ou grupo beneficiario. En todo caso, as tarefas que se contraten deberán estar identificadas no proxecto, con indicación dos motivos claros polos cales a asociación ou grupo non as pode realizar e o seu importe estimado debe figurar no orzamento.

16. Deberase ter en conta, á hora de redactar o proxecto e de cara á súa posterior xustificación, ademais, o disposto no artigo 19 desta orde.

Ler máis Ler menos

A quen vai dirixido?

Poderán solicitar a axuda, ao abeiro destas bases reguladoras:

a) Os grupos informais de mozos e mozas que desexen realizar unha iniciativa xuvenil e que reúnan os requisitos establecidos no artigo 5 desta orde.

b) As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten non sexa o mesmo que o de cada unha das asociacións que as conforman.

As persoas beneficiarias das axudas deberán:

a) Realizar o proxecto que fundamenta a concesión da axuda por si mesmas.

b) Acreditar ante a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, ou ante as xefaturas territoriais, a realización da actividade ou actividades que conforman o proxecto de iniciativa xuvenil, así como o cumprimento dos requisitos ou das condicións que determinan a concesión ou o aproveitamento da axuda. O cumprimento desta obriga de xustificación realizarase nos termos previstos no artigo 28 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, na normativa regulamentaria de desenvolvemento e no disposto nas bases reguladoras desta orde.

c) Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ou as xefaturas territoriais da Consellería de Política Social, así como a calquera outra comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, e achegar canta información se lles requira no exercicio das actuacións anteriores.

d) Para o caso das asociacións xuvenís, entidades prestadoras de servizos á xuventude e as súas respectivas federacións, dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados, nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á persoa beneficiaria en cada caso, coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control.

e) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

f) Difundir as actividades pola internet, a través de páxinas web e/ou redes sociais, publicamente e con antelación á súa realización, co obxecto de que poidan ser coñecidas por todas as persoas potencialmente beneficiarias destas e de facilitar as actuacións de comprobación e control por parte da dirección xeral ou das xefaturas territoriais.

g) Adoptar as medidas contidas no punto 3 do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de xeito que se inclúa, en todo o material de divulgación das actividades obxecto desta axuda, a referencia de que están subvencionadas pola Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, mediante a inclusión da imaxe corporativa da Xunta de Galicia e do logo do programa Iniciativa Xove.

h) Comunicarlle á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, ou aos respectivos servizos territoriais, con 15 días de antelación, o inicio da realización das actividades para as que se concedeu a axuda. Esta comunicación realizarase preferentemente a través do enderezo electrónico institutoxuventude.ctb@xunta.gal.

i) Figurar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias, estatais e autonómicas, e coa Seguridade Social, non ser debedor/a de acordo coa resolución declarativa da procedencia de reintegro e non ter ningunha débeda pendente, por calquera concepto, coa Administración da comunidade autónoma. En caso contrario, non se fará o pagamento da axuda.

j) No caso dos grupos informais de mozos e mozas, respectar o prazo mínimo para a disolución de agrupacións de persoas beneficiarias o que fai referencia o artigo 8 da Lei 9/2007, consonte os artigos 35 e 63 da mesma norma.

k) Cumprir coas restantes obrigas reguladas nesta orde e demais normativa vixente en materia de subvencións.

Ler máis Ler menos

Requisitos

1. As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as súas respectivas federacións deberán estar inscritas, no momento de presentación da solicitude, no censo oficial dependente organicamente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, regulado no Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude, e cumprir a legalidade vixente no referente ás idades nas asociacións xuvenís (Real decreto 397/1988).

2. Os grupos informais deberán estar formados por un mínimo de 5 e un máximo de 8 mozas ou mozos con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, debidamente identificados. Unha destas persoas asumirá o papel de representante único do grupo e con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle corresponden ao grupo. Será obrigatorio que o grupo teña unha denominación que o identifique. As persoas que o compoñan deberán de estar empadroadas nalgún dos municipios pertencentes á Comunidade Autónoma de Galicia no momento de presentación da solicitude. Non poderá modificarse a composición do grupo unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes.

3. O incumprimento por parte de calquera das persoas membros do grupo do requisito da idade ou do empadroamento suporá a non admisión a trámite da solicitude.

4. Non se admitirá que a mesma persoa forme parte ou pertenza a outro grupo ou asociación, de ámbito autonómico ou provincial, solicitante destas axudas.

5. En ambos casos, é requisito para ser persoa beneficiaria destas axudas non estar incursa en ningunha das prohibicións establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

6. Será requisito imprescindible para poder solicitar a axuda ter xustificadas debidamente as axudas recibidas no último ano, excepto no suposto de ter renunciado expresamente en prazo. No caso dos grupos informais, non poderá obter subvención o proxecto presentado por un grupo do cal formen parte mozas ou mozos que o ano anterior participasen nun proxecto subvencionado e non xustificado, aínda que o promotor deste fose un grupo distinto. De todos os xeitos, para a disolución dos grupos deberase ter en conta o disposto no artigo 21.j) en relación co artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, consonte os artigos 35 e 63 da mesma norma.

Ler máis Ler menos

A onde acudir

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE LUGO

Servizo de Xuventude e Voluntariado de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071 Lugo (Lugo)

Teléfono: 982294599

Fax: 982294339

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE, PARTICIPACIÓN E VOLUNTARIADO

INSTITUTO DA XUVENTUDE DE GALICIA

SERVIZO PARTICIPACIÓN XUVENIL E ESCOLA GALEGA DE XUVENTUDE

Edificio Administrativo San Lázaro, 3º andar

15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981957057 / 981544866

Fax: 981545843

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DA CORUÑA

SERVIZO DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO DA CORUÑA

CC. Elviña - Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º

15008 Coruña, A (Coruña, A)

Teléfono: 881881238

Fax: 881881237

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE OURENSE

SERVIZO DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO DE OURENSE

Avda. da Habana, 81 baixo

32004 Ourense (Ourense)

Teléfono: 988386113

Fax: 988386119

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DE VIGO

SERVIZO DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO DE VIGO

Concepción Arenal, 8-1º

36201 Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 986817782

Fax: 986817082

Ler máis Ler menos

Órgano responsable

DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE, PARTICIPACIÓN E VOLUNTARIADO

Normativa

Ámbito Autonómico

Orde do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove durante o ano 2019 e se procede á súa convocatoria (DOG nº 24 do 4 de febreiro de 2019).

Ligazón á normativa

Extracto da Orde do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove durante o ano 2019 e se procede á súa convocatoria (DOG nº 24 do 4 de febreiro de 2019).

Ligazón á normativa

Resolución do 22 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publican as resolucións ditadas no procedemento BS306B, respecto das axudas convocadas ao abeiro da Orde do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove durante o ano 2019 e se procede á súa convocatoria (DOG nº 147 do 5 de agosto de 2019).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.