BS305E - Subvencións a entidades locais para a posta en marcha de iniciativas locais dirixidas á xuventude.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

1. O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas ás entidades locais de Galicia para a posta en marcha de iniciativas locais dirixidas á mocidade, e convocar estas axudas para o ano 2019 (código de procedemento BS305E).

2. Coas iniciativas locais dirixidas á mocidade tratarase de fomentar a realización de actividades de educación non formal e a participación xuvenil no ámbito local, especialmente aquelas actividades enmarcadas nas áreas prioritarias de actuación establecidas no artigo seguinte.

3. Entenderase por iniciativa local dirixida á mocidade un proxecto homoxéneo para a realización dunha actividade ou programa de actividades con unidade de contido, orientada á consecución duns obxectivos claramente definidos, nun ámbito de actuación e nun marco temporal concretos.

Non se considerará como proxecto de iniciativa local, para os efectos desta orde, aquel constituído por actividades que formen parte da programación ordinaria destinada á mocidade da entidade local solicitante e que non encaixe na definición de iniciativa local dirixida á mocidade recollida no parágrafo anterior, nin tampouco o constituído polas funcións ordinarias dos servizos de información xuvenil.

4. As actividades irán dirixidas ás persoas con idades comprendidas entre os 14 e os 30 anos, conforme a definición de persoas novas da Lei 6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia.

O período subvencionable abranguerá desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2019.

Proxectos e gastos subvencionables .

1. Serán excluídos aqueles proxectos que non se axusten ao obxecto e á finalidade destas axudas recollidos no artigo 1 desta orde.

2. No caso das solicitudes conxuntas, deberá acreditarse suficientemente que o proxecto se realiza conxuntamente e que non se trata de actuacións independentes de cada entidade local. En caso contrario, o proxecto será excluído.

3. Considéranse gastos subvencionables aqueles que, de xeito indubitado, respondan á natureza do proxecto presentado e resulten estritamente necesarios para levalo a cabo.

4. Quedan excluídos, para os efectos da axuda, os proxectos docentes e deportivos previstos nos plans regulados de ensino e deporte escolar e federativo.

5. Non será subvencionable a adquisición de equipamento e material inventariable.

6. Non serán subvencionables os gastos de luz, auga, calefacción e teléfono. Poderán subvencionarse outros gastos ordinarios de funcionamento, sempre que estean asociados co proxecto e recollidos no orzamento de gastos que se reflicte no anexo IV. En todo caso, este tipo de gastos ordinarios de funcionamento non poderá superar nunca o cinco por cento do orzamento total do proxecto, ou da contía xustificada, de ser esta inferior a aquel.

7. Calquera das actividades desenvolvidas será de carácter gratuíto para as persoas destinatarias do proxecto e non poderán xerarse ingresos por pagamento de cotas, entradas ou outros de similar natureza.

8. Serán subvencionables as retribucións salariais totais do persoal propio da entidade que se correspondan coas horas dedicadas á execución do proxecto, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias e as cotas á Seguridade Social por conta do empregador.

9. O importe total de gastos de manutención, como comidas, servizos de restauración ou compra de produtos alimenticios, non poderá superar o dez por cento do orzamento total do proxecto ou da contía xustificada, de ser esta inferior a aquel. Ademais, deben estar vinculados de xeito inequívoco coa actividade e realizados durante a súa execución material.

10. No caso dos premios que se outorguen nos concursos ou competicións previstos no proxecto subvencionable e dos obsequios para persoas que colaborasen no desenvolvemento dalgunha actividade, estes deberán incluírse no orzamento do dito proxecto. O límite para os gastos por este concepto será do dez por cento do orzamento total ou da contía xustificada, de ser esta inferior a aquel.

11. Non serán subvencionables os proxectos que consistan na celebración de concertos ou festas, salvo que estas actividades teñan unha entidade menor e se inclúan dentro dun programa de actividades máis amplo e, en todo o caso, xustificarase a súa necesidade e oportunidade dentro do desenvolvemento do proxecto. Non será subvencionable, en ningún caso, a contratación de grupos de música e baile nin a adquisición de instrumentos musicais, uniformes ou traxes.

12. Non serán subvencionables os actos que teñan lugar fóra de Galicia.

13. O importe total dos custos de alugamento de espazos e equipamento non pode superar o corenta por cento do orzamento total do proxecto ou da contía xustificada, de ser esta inferior a aquel.

Ler máis Ler menos

A quen vai dirixido?

1. Poderán solicitar estas axudas os concellos galegos, as mancomunidades de concellos de Galicia e os consorcios locais de Galicia constituídos exclusivamente por concellos.

2. Así mesmo, poderán solicitar as axudas que regula esta orde as agrupacións de concellos, estremeiros e/ou dunha mesma comarca, que se xunten para os efectos de levaren a cabo unha iniciativa local conxunta. Neste suposto, todos os concellos quedarán obrigados solidariamente ao cumprimento das obrigas que deriven da concesión da subvención.

3. Enténdese por solicitude individual a realizada por un único concello e por solicitude conxunta a realizada por unha mancomunidade, consorcio local ou agrupación de concellos.

4. Ningún concello poderá figurar en máis dunha solicitude, sexa individual ou conxunta. O incumprimento deste criterio dará lugar á non admisión de todas as solicitudes individuais, dando validez á solicitude conxunta. No caso de que o concello figure en máis dunha solicitude conxunta, non será admitida ningunha delas.

As entidades locais beneficiarias deberán:

a) Comunicar á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, con 15 días de antelación, o inicio da realización das actividades para as cales se pide a axuda. Esta comunicación realizarase preferentemente a través do enderezo electrónico
xuventude@xunta.gal

b) Acreditar, ante a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a realización da actividade ou actividades que conforman o proxecto de iniciativa local dirixida á mocidade, así como o cumprimento dos requisitos ou das condicións que determinan a concesión ou o aproveitamento da axuda. O cumprimento desta obriga de xustificación realizarase nos termos previstos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, na normativa regulamentaria de desenvolvemento e nas bases reguladoras desta orde.

c) Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación ou control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o cal se achegará toda a información que sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

d) Comunicarlle á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

e) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

f) Dar a axeitada publicidade do carácter público do financiamento da iniciativa local obxecto da subvención, nos termos regulamentariamente establecidos.

g) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo seguinte.

h) En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

i) Cumprir coas restantes obrigas contidas nesta orde e demais normativa aplicable.

Ler máis Ler menos

Requisitos

1. Para obter a condición de beneficiaria, todas as entidades e agrupacións solicitantes deberán, na data da proposta de resolución:

a) Ter cumprido o deber de remisión ao Consello de Contas das contas xerais do último exercicio. Para a comprobación do cumprimento deste requisito, consultaranse os datos da rendición do sector local en Galicia publicados polo Consello de Contas na súa páxina web oficial.

b) Estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.

c) Cumprir cos demais requisitos recollidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

2. As mancomunidades e consorcios locais deberán estar formalmente constituídos de acordo coa normativa vixente e ter, de conformidade co que dispoñan os seus estatutos, capacidade e obxecto idóneos para levar a cabo o proxecto.

3. Os concellos que formen parte das agrupacións recollidas no artigo 4.2 terán, en todo caso, a condición de entidade beneficiaria, polo que, para poder conceder a subvención solicitada, todos eles deberán cumprir os requisitos establecidos no punto 1 deste artigo. Por acordo de todos os concellos unha das alcaldías exercerá a representación única e será quen reciba e xustifique a axuda. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Ler máis Ler menos

A onde acudir

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE, PARTICIPACIÓN E VOLUNTARIADO

SERVIZO DE XESTIÓN E COORDINACIÓN ADMINISTRATIVA

Edificio Administrativo San Lázaro, 3º andar

15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 881999314 / 981540122

Fax: 881999667

Órgano responsable

DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE, PARTICIPACIÓN E VOLUNTARIADO

Normativa

Ámbito Autonómico

Orde do 28 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases que rexen as subvencións destinadas ás entidades locais de Galicia para a posta en marcha de iniciativas locais dirixidas á mocidade durante o ano 2019 e se procede á súa convocatoria (DOG nº 23 do 1 de febreiro de 2019).

Ligazón á normativa

Extracto da Orde do 28 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases que rexen as subvencións destinadas ás entidades locais de Galicia para a posta en marcha de iniciativas locais dirixidas á mocidade durante o ano 2019 e se procede á súa convocatoria (DOG nº 23 do 1 de febreiro de 2019).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.