AU230K - Solicitude de exención no canon da auga e no coeficiente de vertedura por estar en situaci ón de exclusión social.
Forma presentación
Tramitación en liña
Iniciar presentación electrónica na sede
Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.
Presencial
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.
Datos da solicitude
Prazo de presentación: Aberto todo o ano.
Todo o ano.
Prazo de resolución: 6 meses
Sentido do silencio administrativo: Positivo
- Declaración normalizada segundo o Anexo XI.a
- Autorización a Augas de Galicia para comprobar os datos de residencia da unidade de convivencia se está constituída por máis membros que o solicitante (anexo XI.b)
- Certificado de empadroamento da unidade de convivencia (no caso de non autorizar a comprobación segundo o anexo XI.b)
- Copia da última factura-recibo da auga
- Acreditación de domiciliación bancaria da factura-recibo da auga (no caso de que o solicitante non sexa o titular da subministración)
- Informe-proposta dos servizos sociais comunitarios para a cualificación da condición de persoa en risco de exclusión (anexo XI.c)
Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica
Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO
AGUAS DE GALICIA
Estación de Autobuses
15781Santiago de Compostela
Teléfono: 981544968 / 981544560Fax: 981544534
Mediante este modelo os usos domésticos (vivendas) que constitúan unha unidade de convivencia independente e se atopan en situación ou risco de exlcusión social poderán solicitar a exención no canon da auga e no coeficiente de vertedura.
Beneficiarios:
As unidades de convivencia independentes que acrediten estar en situación de exclusión social, entendéndose por unidade de convivencia independente a formada por aquelas persoas que convivan nun mesmo domicilio e manteñan entre eles un vínculo por matrimonio ou análoga relación estable, por adopción ou acollemento, ou por parentesco de consanguinidade ou afinidade ata o cuarto e segundo grao respectivamente.
Requisitos:
Os requisitos que deben cumprir as unidades de convivencia para ter a condición de estar en risco de exclusión social serán as seguintes:
a) O enderezo para o cal se solicita a bonificación debe coincidir co enderezo en que está empadroada a unidade de convivencia.
b) No caso de abastecerse a partir de entidade subministradora, o titular do contrato de subministración de auga deberá coincidir con algún dos membros da unidade familiar. Noutro caso, o solicitante deberá acreditar que é o pagador da factura-recibo de auga.
c) Os ingresos totais da unidade de convivencia non deben superar o importe do indicador público de rendas de efectos múltiples (IPREM).
d) Polo menos unha das persoas da unidade de convivencia deberá estar en situación de exclusión social por estar nalgunha das situacións que se enumeran a continuación:
- Persoas perceptoras da renda de integración social de Galicia.
- Persoas perceptoras de pensións non contributivas nas modalidades de invalidez ou xubilación.
- Persoas que non estando en ningún dos dous supostos anteriores teñan unha ausencia ou déficit grave de recursos económicos unido a unha situación de desemprego ou imposibilidade de desempeñar un traballo remunerado e que conten con outros factores, evidenciados a través da súa traxectoria persoal, que agraven a situación de exclusión social ou o risco de padecela recoñecidos na lexislación vixente na Comunidade Autónoma de Galicia.
AUTONÓMICA
Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia (DOG nº 222 do 18 de novembro de 2010).
AUTONÓMICA
Corrección de erros. Decreto 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais (DOG nº 12 do 17 de xaneiro de 2013).
ESTATAL
Lei 58/2003, do 17 de Decembro, Xeral Tributaria (BOE nº 302 do 18 de decembro de 2003).
AUTONÓMICA
Corrección de erros. Orde do 26 de xuño de 2012 pola que se aproban os modelos de declaración e autoliquidación do canon da auga e do coeficiente de vertedura creados pola Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia (DOG nº 126 do 3 de xullo de 2012).
AUTONÓMICA
Orde do 26 de xuño de 2012 pola que se aproban os modelos de declaración e autoliquidación do canon da auga e do coeficiente de vertedura creados pola Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia (DOG nº 125 do 2 de xullo de 2012).
AUTONÓMICA
Correccción de erros. Orde do 26 de xuño de 2012 pola que se aproban os modelos de declaración e autoliquidación do canon da auga e do coeficiente de vertedura creados pola Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia (DOG nº 143 do 27 de xullo de 2012).
AUTONÓMICA
Decreto 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais (DOG nº 119 do 22 de xuño de 2012).
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres