Solicitude de Servizos Especiais de Transportes
1. Conducción, vixilancia e acompañamento de transportes pesados, grandes transportes e caravanas a través do casco urbano.
2. Calquera outros servizos especiais que sexan motivados por outras actividades que esixan a súa prestación. A estes efectos, entenderanse prestados, a instancia de parte, os referidos servizos cando estes fosen provocados polo particular ou redunden no seu beneficio, aínda que non mediase solicitude expresa.
A quen está dirixido
1. Titulares da empresa dos servizos de transporte e, de non estar os vehículos afectos a unha actividade empresarial, os propietarios dos mesmos.
2. Peticionarios dos demais servizos especiais e causantes e beneficiarios dos mesmos, aínda que non os soliciten.
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
En cumprimento do deber imposto polo artigo 14.2.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPAC), establécese o emprego, de xeito exclusivo, de medios electrónicos para presentar e tramitar a solicitude.
Por Internet
Clique no botón "Tramitar por Internet" e siga os pasos que se lle indican. Recorde que no paso "Documentación requirida" deberá seguir a opción "Entregar documentación por Internet".
Documentación requirida
- Permisos de Circulación dos Vehículos
- Tarxeta de Inspección Técnica de Vehículos
Oficinas
- Oficina Policía Local
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - Planta Baixa
36202 Vigo
Teléfono: 986 810 286Horario: De 7:30 a 13:30 horas.
Normativa Municipal
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo