Lecer no Verán para Persoas con Discapacidade - Xullo e Agosto 2014
O departamento de Política de Benestar en colaboración con Pasovigo vai realizar o proxecto ?Lecer no verán para persoas con discapacidade? durante os meses de xullo e agosto que consiste nun servizo de ocio e respiro familiar de carácter non permanente, dirixido ás persoas con discapacidade (parálise cerebral, autismo, síndrome de down, etc.) empadroadas no Concello de Vigo.
Consta de dúas actividades:
* "Diviértete no verán" no mes de xullo
* "Verán do lecer" no mes de agosto
As solicitudes presentarse no rexistro xeral do Concello dende o 19 ao 31 de maio en horario de 9.00h a 13.30h.
A quen está dirixido
Quen pode participar:
Poderán participar as persoas con discapacidades, empadroadas no Concello de Vigo, a partir dos seis anos de idade.
Como facelo
Presencialmente
As persoas interesadas en participar presentarán a súa solicitude no Rexistro Xeral do Concello, no modelo oficial onde constará o seu desexo de participar no programa de "Lecer do Verán 2014", ou no Centro onde se atope a persoa discapacitada, sendo un responsable do Centro o que presentará as solicitudes no Concello dentro do prazo establecido.
Todalas persoas interesadas deberán presentar:
Anexo I solicitude
Anexo II- Ficha de coñecemento persoal
Anexo III- Autorización materna/paterna
Anexo IV-Ficha de transporte.(Este servizo só se presta dentro do
Concello de Vigo)
Aquelas persoas que teñan que tomar medicación presentarán prescriciónmédica e posoloxía para a administración da mesma.
As Persoas que soliciten por vez primeira achegaránn tamen:
Fotocopia DNI do solicitante.
? Fotocopia tarxeta médica.
? Fotocopia do certificado oficial de minusvalía.
? Foto do solicitante(optativo).
Deberá facerse constar os servizos que demandan así como as datas nas que se desexa participar no proxecto.
O tempo mínimo que se pode solicitar é unha semana de luns a venres.
Pódense solicitar unha ou varias quendas, tendo prioridade a concesión daquenda solicitada en primeiro lugar.
A concesión de máis dunha quenda realizarase, se existe dispoñibilidade de prazas.
Prazos
Prazo de presentación das solicitudes
As solicitudes presentarse no rexistro xeral do Concello dende o 19 ao 31 de
maio en horario de 9.00h a 13.30h.
Documentación requirida
Observacións
Datas da actividade
Divírtete no verán - Xullo :
Do 7 de xullo ata o 11 de xullo.
Do 14 de xullo ata o 17 de xullo (o día 18 recuperarase o 28 de xullo)
Do 21 de xullo ata o 24 de xullo.
Verán do Lecer - Agosto:
Do 4 de agosto ata o 8 de agosto
Do 18 de agosto ata o 22 de agosto.
Do 25 de agosto ata o 29 de agosto
Horario e servizos complementarios que se ofertan
Divírtete no verán - Xullo :
De 10:00h ata 14:00h (atención directa) con servizo de transporte, as persoas participantes deberán levar o almorzo para media mañán
Verán do Lecer - Agosto:
De 10:00h ata 16:00h (atención directa) con servizo de transporte e comedor, ou ata as 14.00h sen comedor e sen transporte
Ofértanse os servizos de transporte e comedor, que poden ser solicitados ou non por as familias.
No servizo de transporte, se a demanda das prazas de transporte supere á oferta, daráse prioridade ás persoas con mobilidade reducida.
Normativa Municipal
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo