Tarxeta de Accesibilidade para Persoas con Discapacidade para o Transporte Público
Mediante esta tárxeta poderá solicitar ao conductor que lle facilite o acceso aos asentos reservados no transporte público para persoas con discapacidade.
A solicitude estará supeditada ao Certificado de Cualificación de Discapacidade, expedido pola Xunta de Galicia.
A quen está dirixido
Persoas empadroadas no Concello de Vigo e que conten co certificado de discapacidade do 33%.
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Por Internet
Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.
Presencialmente
Debe cubrir e imprimir o impreso de solicitude e presentalo, xunto coa documentación requirida, no Rexistro Xeral do Concello.
Por correo
Debe cubrir e imprimir o impreso de solicitude e enviarlo, xunto coa documentación requirida ao Rexistro Xeral do Concello..
Prazos
A recollida da Tarxeta farase 15 días despois da presentación da solicitude, nas dependencias da Policia Local (Oficina Administrativa).
Documentación requirida
- Certificado de discapacidade
Expedido pola Xunta de Galicia.
- Fotocopia do DNI
- 1 Fotografía tamaño carné
Oficinas
- Oficina Policía Local
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - Planta Baixa
36202 Vigo
Teléfono: 986 810 286Horario: De 7:30 a 13:30 horas.
Trámites relacionados
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo