Taxa por licenzas de aperturas. Actividades suxeitas á obtención de licenza.
Descrición
Este trámite permite realizar o pagamento da taxa por licenzas de apertura.
O obxecto da taxa é a actividade administrativa tendente a verificar e comprobar se as actividades e instalacións que se desenvolvan ou realicen no termo municipal reúnen as condicións de tranquilidade, sanidade e salubridade e calquera outras esixidas polas Ordenanzas municipais e a lexislación urbanística e sectorial de aplicación.
Tarifa
Satisfarase unha cota resultante de aplicar o tipo impositivo do 1% sobre a base impoñible, cunha cota mínima de 450 euros.
Para a determinación da base impoñible aplicaranse as seguintes normas:
- A base impoñible da taxa estará constituída polo valor catastral do establecemento no momento de presentación da oportuna solicitude de licenza, salvo no suposto de instalacións de Estacións Base de Telefonía Móbil que estará constituída polo presuposto de execución das obras.
- En caso de que sexa precisa a realización de obras ou que o valor catastral do inmoble non teña en conta modificacións ou alteracións producidas neste, practicarase liquidación definitiva no momento en que se asignen os novos valores catastrais ao inmoble, debendo o obrigado ao pagamento acreditar a presentación da correspondente declaración catastral.
- Se o inmoble en que se vai desenvolver a actividade non ten asignado valor catastral, a base impoñible estará constituída pola metade do valor de adquisición ou, de ser o caso, polo presuposto de execución material de construción do establecemento. Unha vez asignado o valor catastral ao inmoble practicarase liquidación definitiva nos termos previstos no número anterior.
- Cando nun mesmo local coexistan espazos reservados a vivenda e a establecemento suxeito á taxa, a base impoñible será á que proporcionalmente á súa superficie se lle impute do valor catastral total do inmoble.
- Cando se trate da ampliación dun establecemento, a base impoñible será o valor catastral que corresponda á superficie en que se ampliou o local.
- A cota tributaria esixirase por unidade de local.
Instrucións para cubrir a autoliquidación
- Suxeito pasivo: Deberá constar o nome completo e o domicilio fiscal do solicitante
- Representante: Os datos do representante indicaranse nos casos nos que se presente a autoliquidación por persoa distinta do suxeito pasivo.
- Datos da actividade: No despregable do apartado ''taxa'' seleccionarase a única opción que se mostra ''Licenza de apertura''.
No campo ''descrición da actividade'', farase constar unha breve descrición desta. - Identificación do inmoble no que se desenvolverá a actividade: Identificarase o inmoble mediante a súa referencia catastral, que está composta de 20 carácteres alfanuméricos, dos cales os 7 primeiros identifican o terreo ou parcela, os 7 seguintes indican a folla de plano catastral onde se sitúa, os 4 seguintes identifican o inmoble dentro do terreo e os 2 últimos son carácteres de control.
A referencia catastral deberá introducirse deixando un espazo en branco entre os cada grupo de carácteres e entre os dous díxitos de control conforme ao seguinte exemplo:
1234567 1234567 1234 1 2 - Calculo da autoliquidación: Unha vez introducidos os datos anteriores no formulario da autoliquidación se procederá o calculo do importe a pagar e tramitarase o pagamento.
Como facelo
Para proceder á autoliquidación do imposto deberá pulsar o botón "TRAMITAR" que atopará nesta páxina.
Unha vez cubra o formulario da autoliquidación, ten as seguintes opcións de pago:
- PAGO DA AUTOLIQUIDACIÓN A TRAVÉS DA PASARELA DE PAGO. Debe cumprir os seguintes requisitos para poder proceder ao pago a través da pasarela:
- Dispoñer do DNIe ou doutro certificado electrónico admitido (Certificados da FNMT, CatCert, IZENPE, Axencia de Tecnoloxía e Certificación da Comunidade Valenciana, Camerfirma,... )
- Que o propietario do certificado sexa titular ou cotitular dunha conta en algunha das entidades financeiras colaboradoras na recadación que teñen habilitado este medio de pago (ABANCA, CaixaBank, Banco Santander, EspañaDuero, BBVA, Banco Pastor e Banco Popular)
- PAGO NAS OFICINAS DAS ENTIDADES BANCARIAS:
Nota: non é necesario que o certificado electrónico utilizado pertenza a ningún dos suxeitos implicados na autoliquidación; o único necesario tal e como xa indicamos é que o propietario do certificado utilizado sexa titular ou cotitular da conta bancaria empregada para facer o pago.
Co impreso da autoliquidación poderá efectuar o pagamento en efectivo en calquera oficina das seguintes entidades financeiras autorizadas: ABANCA, Caixabank, Banco Santander, EspañaDuero, Banco Pastor, Banco Caixa Geral, BBVA, Banco Sabadell e Banco Popular.
Documentación requirida
Unha vez aboada a autoliquidación deberá presentar o exemplar para a Administración na Oficina Municipal correspondente.
Normativa
Tramitar