Subvencións rehabilitación ARRUS

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Descrición

Axudas para a rehabilitación de edificios e vivendas.

Formas de iniciación

A instancia da persoa interesada.

Requisitos

O edificio/vivenda debe estar nun ARRU/ARI

Prazo de presentación

1 ano dende a publicación (BOP nº 159, venres 12 de xullo de 2019).


Prazo de resolución, efectos do silencio e fin da vía administrativa

O prazo máximo para resolver inicialmente a convocatoria será de tres (3) meses. Transcorrido o devandito prazo sen que se notifique a resolución, a persoa interesada poderá entender desestimada a petición para os pertinentes efectos.

A resolución do pago corresponderá á Xunta de Goberno Local que é, ademais, o órgano que ten a competencia para autorizar o correspondente gasto. A dita resolución pon fin á vía administrativa e deberá adoptarse no prazo de catro (4) meses a contar desde o día seguinte ao que o técnico correspondente do Servizo de Rehabilitación, VPP e PERI comprobe o estado final das obras unha vez comunicado este pola persoa interesada. Transcorrido este prazo sen que se notificase a resolución, as persoas interesadas poderán entender desestimada por silencio administrativo a concesión de subvención para os efectos oportunos.

Como facelo

Electrónicamente

Para solicitar as subvencións de maneira electrónica, vostede deberá:

  • Descargar e cubrir os anexos que lle correspondan segundo a seu caso.
  • Recompilar o resto de documentación que necesite aportar.
  • Asinar electrónicamente todos os documentos (anexos e demáis documentos). A Sede Electrónica municipal non está habilitada para a sinatura electrónica de documentación, así que os documentos deben ser asinados electrónicamente no seu equipo. No caso de necesitar información sobre como asinar electrónicamente un documento no seu equipo, pode consultar o documento "Guía para realizar a sinatura electrónica de documentos PDF"
  • Identificarse na Sede.
  • Acceder ao "Rexistro electrónico" e tramitar unha solicitude do tipo "Subvencións rehabilitación ARRUS ".
  • Engadir a documentación asinada electrónicamente.
  • Enviar a solicitude.

Feito o envío obterá xustificante de rexistro de entrada no Concello.

Presencialmente

Par solicitar as subvencións debe presentar os anexos e resto de documentación en:

  • Rexistro Xeral

Praza Maior nº 1

32005 Ourense

Tfno: 988 388 100

Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

  • Oficina Municipal da Ponte

Praza Mestre Luis Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)

32001 Ourense

Tfno: 988 511 442

Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.


Tamén pódese presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

Modelos de solicitude dispoñibles

Documentación requirida

Anexos I, II, III, IV, V, VI coa documentación que neles se enumera.

Información de interese

Outros modelos de solicitude que puede necesitar para solicitar as subvencións de rehabilitación ARRUS:

Oficinas tramitadoras

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Servizo de Rehabilitación, VPP e PERI Primavera nº1, Ourense 988366235 9h -14 h
Oficina Enderezo Teléfonos
Servizo de Rehabilitación, VPP e PERI Primavera nº1, Ourense 988366235
Oficina Horario
Servizo de Rehabilitación, VPP e PERI 9h -14 h

Normativa

Procedementos relacionados

Tramitar en liña
Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.