Servizo de Centro de Día
Descrición
O centro de día municipal para persoas maiores dependentes é un recurso social intermedio e defínese como centro xerontolóxico, socioterapéutico e de apoio á familia, no que se proporciona una atención integral diurna a aquelas persoas maiores que presentan perda de autonomía física e/ou psíquica que residen no seu domicilio e precisan coidados e atencións de carácter persoal, terapéutico ou social para mellorar e/ou manter o nivel de autonomía, permanecendo no seu medio habitual.
Dirixido a
Persoas maiores dependentes que residan no Concello de Ourense. Enténdese por persoa dependente aquela que presenta carencia de autonomía, estea ou non valorada como dependente pola Comunidade Autónoma.
As características das persoas usuarias serán as seguintes:
- Persoas que presentan dependencia física e/ou psíquica nunha fase inicial
- Persoas maiores de 60 anos. Excepcionalmente entres 50 e 60 anos, sempre que estean diagnosticados de Alzheimer ou outra demencia e o técnico ou técnica municipal valore o Centro de Día como recurso máis axeitado, sería necesario o visto e prace do xefe ou xefa de servizo
- Empadroadas e residentes no Concello de Ourense, cunha antigüidade de tres meses de empadroamento
- Persoas que cumprindo os requisitos anteriores sexan capaces de realizar algunha das actividades propostas no Centro de Día
Non poderán ser usuarios do Centro de Día:
- Persoas con alto grao de dependencia que lles impida a mobilidade fóra do domicilio
- Persoas con episodios non controlables de trastornos de conducta: agresividade, delirios, tendencia a escaparse, berros etc.
- Persoas que sufran un deterioro físico e/ou mental que impida o normal funcionamento de centro
Como facelo
A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:
- Rexistro Xeral
Praza Maior nº 1
32005 Ourense
Tfno: 988 388 100
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
- Oficina Municipal da Ponte
Praza Mestre Luis Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)
32001 Ourense
Tfno: 988 511 442
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
Tamén pódese presentar nas formas previstas no artígo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.
Modelos de solicitude dispoñibles
- Autorización de acceso para a obtención de datos sobre recursos económicos en outras administracións públicas
- Declaración responsable de bens e dereitos
- Declaración responsable do gardador de feito
- Informe médico que acredite estado de saúde e prescrición de tratamentos
- Modelo de declaración responsable de ingresos para solicitar os servizos de "Comida no fogar", "Centro de día" e "Axuda no fogar"
- Modelo para a solicitude dos servizos de "Comida no fogar", "Centro de día" e "Axuda no Fogar"
- Modelos de autorización para a obtención de datos para a tramitación dos procedementos da área de Asuntos Sociais
Documentación requirida
- Fotocopia cotexada do DNI do solicitante e cónxuxe ou parella
- Fotocopia cotexada da tarxeta sanitaria do solicitante
- Informe médico que acredite estado de saúde e prescrición de tratamentos
- Certificado de discapacidade e/ou certificado de grao e nivel de dependencia, de selo caso
- Xustificantes de ingresos e patrimonio da persoa solicitante e do cónxuxe ou parella:
- Certificados de todos os ingresos procedentes de salarios, pensións, subsidios, etc que perciban do último exercicio fiscal
- Declaración responsable dos ingresos percibidos ou de carecer deles
- Autorización de acceso para a obtención de datos doutras administacións públicas
- Xustificante de aluguer de vivenda, de selo caso, ou outro documento xustificativo do réxime de tenencia
- Declaración responsable de gardador de feito (achégase modelo) ou copia cotexada da sentenza de incapacitación legal e nomeamento do titor/representante legal (de selo caso)
- Fotocopia cotexada do DNI do gardador de feito ou representante legal
- Calquera outra documentación que sexa requirida polo traballador/a social para a valoración do seu expediente
En todo caso, o tratamento da información contida nos expedientes individuais ou familiares realizarase de acordo coa normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal..
Oficinas tramitadoras
Oficina | Enderezo | Teléfonos | Horario |
---|---|---|---|
Para tramitación co traballador/a social baixo cita previa: Asuntos Sociais | Rúa Bispo Carrascosa Nº8 A Baixo. | 988 388 133 | de 9 h a 14 h. |
Para cita previa.Oficina de Atención ao Cidadán | Praza Maior nº 1 baixo | 988 390 929 | de 9.00h a 14 h. |
Oficina | Enderezo | Teléfonos |
---|---|---|
Para tramitación co traballador/a social baixo cita previa: Asuntos Sociais | Rúa Bispo Carrascosa Nº8 A Baixo. | 988 388 133 |
Para cita previa.Oficina de Atención ao Cidadán | Praza Maior nº 1 baixo | 988 390 929 |
Oficina | Horario | |
Para tramitación co traballador/a social baixo cita previa: Asuntos Sociais | de 9 h a 14 h. | |
Para cita previa.Oficina de Atención ao Cidadán | de 9.00h a 14 h. |
Normativa
- Ordenanza reguladora do Centro de día do Concello de Ourense
- Ordenanza reguladora do prezo público pola prestación de servizos de benestar social.
Preguntas frecuentes
O servizo de centro de día é gratuíto?
Non. A participación no custe do servizo ven determinada pola renda mensual per cápita da persoa solicitante ou matrimonio (de selo caso).
Qué servizos oferta o centro de día?
Apoio nas actividades da vida diaria, coidado persoal, aseo e hixiene. Estimulación cognitiva. Talleres de terapia ocupacional e animación socio-cultural. Rehabilitación funcional. Atención social e psicolóxica. Apoio e información ás familias. Actividades de musicoterapia. Transporte adaptado. Comida de mediodía con menús adaptados ás necesidades. Calquera outra que se estime apropiada.
Cal é o horario na prestación do servizo?
Como norma xeral o centro permanecerá aberto de luns a venres, en horario de 10:00, a 18:00 horas e será continuado. Como norma xeral, a inclusión no servizo será en xornada completa de luns a venres.
Está incluído o servizo de transporte?
O centro contará con transporte adaptado, conductor, auxiliar de apoio e asistencia en ruta. O inicio do transporte será as 9:00 horas. Recollerá aos usuarios no portal do seu domicilio, onde deberán estar acompañados dun familiar ou persoa en quen delegue, maior de 18 anos, tanto na recollida coma na chegada do usuario.