Renda de inclusión social de Galicia (Risga)

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Descrición

A renda de inclusión social de Galicia (RISGA) é unha prestación pública destinada a garantir recursos económicos de subsistencia a quen careza deles, así como a acadar progresivamente a súa autonomía e integración social e laboral, mediante o dereito e o deber a participar en procesos personalizados de inserción con apoio técnico e financeiro do Sistema galego de servizos sociais e do Sistema público de emprego de Galicia.

Formas de iniciación

Á instancia da persoa interesada.

Requisitos xerais

  1. a) Ter residencia efectiva e constatada polos SS.SS. Comunitarios responsables de desenvolver as accións que se deseñen no proxecto de integración social e estar empadroado/a en calquera dos concellos da C.A. galega, polo menos durante os seis meses anteriores á presentación da solicitude de valoración. Computaranse os períodos de empadroamento sucesivo en distintos concellos galegos.
  2. b) Ademais da residencia efectiva, os cidadáns e as cidadás de Estados non membros da UE precisarán acreditar a residencia legal en España no momento da presentación da solicitude.
  3. c) Ter máis de 25 anos.
  4. d) Dispor na unidade de convivencia de ingresos inferiores ao importe do tramo persoal e familiar que lle correspondería e, ademais, non dispor de bens patrimoniais dos cales se deduza a existencia de medios suficientes para a subsistencia.
  5. e) Que non existan persoas legalmente obrigadas e con posibilidade real de lles prestar alimentos de acordo coa lexislación civil.

Efectos do silencio

Entenderanse estimadas aquelas solicitudes de concesión da Risga nas que non se notificase resolución expresa no prazo de dous meses desde a entrada da solicitude da Risga en calquera dos rexistros do órgano competente para a resolución, e entenderase interrompido o dito prazo se concorren as causas de suspensión. En todo caso, para a aplicación da estimación por silencio administrativo, deberá constar no expediente a recepción dos informes preceptivos e determinantes con proposta de concesión da prestación. De non se daren estes requisitos, as solicitudes poderanse entender desestimadas.

Prazo de resolución

O órgano competente de ámbito provincial da Administración autonómica elaborará a correspondente proposta de resolución e ditará a resolución, que deberá ser notificada no prazo de dous meses desde a entrada da solicitude da Risga en calquera dos rexistros do órgano competente para resolver.

Impugnación

Contra as resolucións ditadas polos órganos de resolución poderase interpor, no prazo dun mes, un recurso de alzada ante o órgano administrativo competente.

Dirixido a

Persoas que o Sistema galego de servizos sociais valore como persoas en situación ou risco de exclusión social.

Criterios para a valoración técnica da situación de exclusión social ou de risco de exclusión social

Verificarase a ausencia ou déficit grave de recursos económicos e a situación de desemprego, así como a concorrencia dalgún dos factores de exclusión seguintes, cando esa condición supoña especiais dificultades de integración social ou laboral .

  1. Estar nunha situación de cargas familiares non compartidas.
  2. Estar en proceso de rehabilitación social, como resultado dun programa de deshabituación de substancias adictivas ou de calquera outra adicción que produza efectos persoais e sociais de natureza semellante.
  3. Ter a condición de muller vítima de violencia de xénero.
  4. Ser unha persoa vítima de violencia doméstica.
  5. Ter unha discapacidade valorada superior ao 33 %.
  6. Ser inmigrante ou emigrante retornado.
  7. Proceder de institucións de protección ou reeducación de menores.
  8. Proceder de cumprimento de pena nunha institución penitenciaria.
  9. Ser unha persoa sen fogar ou habitar nunha infravivenda.
  10. Pertencer a unha minoría étnica.
  11. Estar en proceso de abandono do exercicio da prostitución ou ser vítima de explotación sexual-laboral en redes de prostitución ou de trata de persoas.
  12. Ter a condición de persoa transexual ou estar en proceso de reasignación sexual.
  13. Calquera outro factor non previsto expresamente neste artigo sempre que, ponderado polos servizos sociais comunitarios no contexto persoal, familiar e social da persoa, condicione negativa e gravemente a súa inclusión social e laboral. Esta ponderación poderá ser tamén obxecto de avaliación por parte dos técnicos da Comunidade Autónoma.

Como facelo

A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:

  • Rexistro Xeral

Praza Maior nº 1

32005 Ourense

Tfno: 988 388 100

Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

  • Oficina Municipal da Ponte

Praza Mestre Luís Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)

32001 Ourense

Tfno: 988 511 442

Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Tamén pódese presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

Modelos de solicitude dispoñibles

Documentación requirida

  • Solicitude da Renda de inclusión social de Galicia (Risga)

Ademais da “Solicitude da Renda de inclusión social de Galicia (Risga)” que está dispoñible na sección “Modelos de solicitude dispoñibles” o resto da documentación que debe ser presentada pode atoparse en https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS626F e é a seguinte:

  • Solicitude segundo o Anexo I (Modelo de solicitude dispoñible dende https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS626F
  • Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta
  • Copia do DNI ou NIE das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade no Anexo II
  • Copia do libro de familia, só no caso de menores integrantes da unidade familiar sen DNI
  • Certificado de residencia da persoa solicitante, no caso de non autorizar a consulta ou que nos últimos seis meses residira en máis dun concello de Galicia
  • Certificado de residencia das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II
  • No caso de persoas emigrantes retornadas que fixasen a súa residencia no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia deberán presentar unha copia da súa baixa consular
  • Certificación de convivencia
  • No caso de ser vítima de violencia domestica ou de xénero, deberá acreditar esta situación nos termos que sinala a normativa específica (artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero)
  • No caso de persoas refuxiadas, acreditación de ter recoñecida esta condición polo organismo competente da Administración xeral do Estado, ou no caso de non dispoñer deste recoñecemento, autorización da permanencia en España por razón humanitarias ou de interese social
  • No caso de persoas vítimas de trata de seres humanos ou de mulleres estranxeiras vítimas de violencia de xénero, para os efectos da exención do requisito xeral de residencia e empadroamento, acreditación dos ditos extremos e autorización de residencia ou disposición dun traballo por circunstancias excepcionais, nos termos que estableza a normativa de aplicación en materia de estranxeiría
  • Certificación de titularidade de bens inmobles, só no caso de vivenda familiar en propiedade e denegar a súa consulta
  • Copia do último recibo do imposto de bens inmobles, só no caso de vivenda familiar en propiedade
  • No caso de residir nunha vivenda alugada, copia do contrato de alugueiro en vigor
  • No caso de residir nun establecemento hoteleiro, pensión ou nunha casa particular en réxime de pensión debe achegar copia da factura ou recibo correspondente
  • Certificado das prestacións e importes que figuran no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta
  • Certificado das prestacións e importes que figuran no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II
  • Extracto de movementos de todas as contas bancarias das que sexa titular calquera das persoas que integra a unidade familiar que inclúa os doce meses anteriores á formulación da solicitude
  • Copia do título de discapacidade ou solicitude de revisión do grao da persoa solicitante, cando proceda e só no caso de non autorizar a súa consulta ou cando este fora emitido por outra comunidade autónoma
  • Copia do título de discapacidade ou solicitude de revisión do grao das persoas que integran a unidade familiar, cando proceda e só no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II ou cando este fora emitido por outra comunidade autónoma
  • Copia da declaración da renda ou datos fiscais relativos ao último exercicio da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta
  • Copia da declaración da renda ou datos fiscais relativos ao último exercicio das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II
  • Documentación acreditativa da titularidade de vehículos da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta
  • Documentación acreditativa da titularidade de vehículos, das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II
  • Xustificación documental da titularidade doutros bens mobles da persoa solicitante e das persoas que integran a unidade familiar
  • Para os casos de persoas solicitantes menores de 25 anos e maiores de 18 anos deberán acreditar algunhas das seguintes situacións:
    • Estar en situación de orfandade absoluta.
    • Proceder dun centro de internamento de institucións penitenciarias.
    • Levar tres anos vivindo nun domicilio independente, no caso de que non se autorizara a consulta de datos de empadroamento ou no caso de que nos tres anos anteriores á data de presentación da solicitude cambiara de domicilio.
  • Documentación mínima que deben achegar os servizos sociais comunitarios do concello de residencia da persoa solicitante:
    • Informe de valoración social con proposta de idoneidade da Renda de inclusión social de Galicia.
    • Proposta de proxecto de integración das persoas que integran a unidade de convivencia que procedan e, no seu caso, como anexo, a proposta do acordo de integración socioeducativa das persoas menores de idade.

Oficinas tramitadoras

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
Para cita previa. Oficina de Atención ao Cidadán Praza Maior nº 1 baixo 988 390 929 de 9.00h a 14 h
UNIS Couto Rúa Francisco de Moure, núm.2, entreplanta 988 220 856 de 9 h a 13 h
UNIS Centro Histórico Rúa Colón,. Núm. 18-20 988 393 110 de 9 h a 13 h
UNIS Centro Rúa Bernardo González Cachamuíña, núm. 11-13 988 782 914 de 9 h a 13 h
UNIS A Ponte Rúa Eulogio Gómez Franqueira, núm. 43 988 511 907 de 9 h a 13 h
Oficina Enderezo Teléfonos
Para cita previa. Oficina de Atención ao Cidadán Praza Maior nº 1 baixo 988 390 929
UNIS Couto Rúa Francisco de Moure, núm.2, entreplanta 988 220 856
UNIS Centro Histórico Rúa Colón,. Núm. 18-20 988 393 110
UNIS Centro Rúa Bernardo González Cachamuíña, núm. 11-13 988 782 914
UNIS A Ponte Rúa Eulogio Gómez Franqueira, núm. 43 988 511 907
Oficina Horario
Para cita previa. Oficina de Atención ao Cidadán de 9.00h a 14 h
UNIS Couto de 9 h a 13 h
UNIS Centro Histórico de 9 h a 13 h
UNIS Centro de 9 h a 13 h
UNIS A Ponte de 9 h a 13 h

Normativa

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.