Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM). Autoliquidación- Declaración de alta no imposto

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Descrición

Este trámite permite realizar o pago do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM) por primeira vez (nova alta).

O pago deste imposto é imprescindible para matricular un novo vehículo e dalo de alta na Xefatura Provincial de Tráfico.

Se o vehículo estivera de baixa e agora quere volver a dalo de alta é necesario facer a autoliquidación como se fose unha alta nova e pagar os trimestres correspondentes.

Instrucións para cubrir a autoliquidación

  1. Titular: Deberá constar o nome completo e o enderezo fiscal da persoa física ou xurídica titular do vehículo.
  2. Representante: Os datos do representante indicaranse nos casos nos que se presente a autoliquidación por persoa distinta do titular do vehículo.
  3. Datos Vehículo: Consignarase a marca e modelo que figuran no Certificado de Características Técnicas do Vehículo, o número de bastidor e o tipo de vehículo.
  4. Autoliquidación: As instrucións son as seguintes:
    • Unidades Fiscais:
      • Nos turismos e vehículos de tres rodas, consignarase a potencia fiscal expresada con dous decimais.
      • Nos autobuses e autocares farase constar o número de prazas autorizado que figure no Certificado de Características Técnicas.
      • No caso de camións, autocaravana, furgóns, furgonetas, vehículos mixtos, derivados de turismos e remolques e semiremolques (de mais de 750 Kg de carga útil), deberase consignar a carga útil do vehículo de acordo coa seguinte fórmula: Carga útil = MMA (Masa Máxima Autorizada) -TARA.
      • Nos tractores e vehículos especiais consignarase a potencia fiscal que figura no Certificado de Características Técnicas.
      • Nos ciclomotores, motocicletas, motocarros e cuatriciclos lixeiros consignarase os centímetros cúbicos da cilindrada que figure no Certificado de Características Técnicas.
    • Beneficios fiscais: Deberase consignar o beneficio fiscal invocado e a cantidade deducida. Os beneficios fiscais veñen recollidos na Ordenanza Fiscal Municipal nº 2 reguladora do Imposto.
    • Cota Anual e Cota íntegra: A autoliquidación asignará a tarifa anual que corresponde ao seu modelo de vehículo e a cota tributaria íntegra en función dos trimestres liquidables.
    • Número de trimestres liquidables: Corresponderá, segundo a data de matriculación ou rehabilitación do vehículo na Xefatura Provincial de Tráfico, de acordo co seguinte:
      • Do 1 de xaneiro ao 31 de marzo, deberanse liquidar 4 trimestres.
      • Do 1 de abril ao 30 de xuño, deberanse liquidar 3 trimestres.
      • Do 1 de xullo ao 30 de setembro, deberanse liquidar 2 trimestres.
      • Do 1 de outubro ao 31 de decembro deberase, liquidar 1 trimestre.
    • Total a ingresar: Será o importe que resulte de restar á cota íntegra os beneficios fiscais aplicables, no seu caso.

Instrucións xerais

  1. O titular deberá coincidir co obrigado ao pagamento do Imposto.
  2. No caso de actuar mediante representante, cumprimentaranse os datos do apartado destinado ao efecto. Neste caso, será precisa acreditar a representación.
  3. A autoliquidación poderase presentar nos Rexistros do Concello de Ourense, da Administración do Estado, das comunidades autónomas ou en calquera outro establecido nas disposicións vixentes. Tamén poderá remitirse mediante calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro.

Como facelo

Tramitar por Internet

Para proceder á autoliquidación do imposto deberá pulsar o botón "TRAMITAR" que atopará nesta páxina.

Unha vez cubra o formulario da autoliquidación, ten as seguintes opcións de pago:

  • PAGO DA AUTOLIQUIDACIÓN A TRAVÉS DA PASARELA DE PAGO. Debe cumprir os seguintes requisitos para poder proceder ao pago a través da pasarela:
    • Dispoñer do DNIe ou doutro certificado electrónico admitido (Certificados da FNMT, CatCert, IZENPE, Axencia de Tecnoloxía e Certificación da Comunidade Valenciana, Camerfirma,... )
    • e que o propietario do certificado sexa titular ou cotitular dunha conta en algunha das entidades financeiras colaboradoras na recadación que teñen habilitado este medio de pago (ABANCA, CaixaBank, Banco Santander, EspañaDuero, BBVA, Banco Pastor e Banco Popular)
  • Nota: non é necesario que o certificado electrónico utilizado pertenza a ningún dos suxeitos implicados na autoliquidación; o único necesario tal e como xa indicamos é que o propietario do certificado utilizado sexa titular ou cotitular da conta bancaria empregada para facer o pago.

    O sistema devolverá un documento como xustificante de pago que ademais da súa utilidade para acreditar o pago, conterá as instrucións para finalizar o proceso de autoliquidación.

  • PAGO DA AUTOLIQUIDACIÓN NAS OFICINAS DAS ENTIDADES BANCARIAS. Información sobre o pago en efectivo nas oficinas das entidades bancarias colaboradoras:
  • Coa Carta de pago, pódese realizar o pago da autoliquidación en efectivo en calquera oficina das entidades financeiras autorizadas: ABANCA, Caixabank, Banco Sanantander, EspañaDuero, Banco Pastor, Banco Caixa Geral, BBVA, Banco Sabadell e Banco Popular, dentro do horario de atención ao público habitual das mesmas.

    A entidade financeira devolverá ao contribuínte os exemplares para o interesado e para Administración Municipal, ao que xuntarase a documentación que se sinala nestas instrucións (e que tamén apareceran indicadas na información que se xunta coa Carta de Pago).

Documentación requirida

Xunto co xustificante de pago da autoliquidación deberá achegar as seguintes fotocopias:

  1. Certificado das características técnicas do vehículo ou do certificado da súa fabricación.
  2. DNI, NIF, NIE ou CIF do titular do vehículo.
  3. A documentación acreditativa do beneficio fiscal solicitado, no seu caso

Información de interese

sta declaración terá efectos para a inclusión no PADRÓN MUNICIPAL DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA para os anos seguintes.

Se desexa domiciliar os pagamentos dos exercicios seguintes por este vehículo, cubra os datos correspondentes, dando as correspondentes instrucións á súa entidade financeira para que a domiciliación teña validez. A ordenanza fiscal vixente reguladora do imposto establece unha bonificación do 3 % sobre a cota tributaria a favor dos que realicen o pagamento dos recibos do imposto mediante domiciliación bancaria.

Tramitar
Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.