Axudas Económicas Municipais para a Atención de Necesidades Sociais

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Descrición

Axudas municipais destinadas á atención de necesidades sociais, entendendo por tales o conxunto de axudas e prestacións económicas de carácter non periódico, destinadas a resolver ou paliar, por si mesmas ou complementariamente con outros recursos ou prestacións, situacións de emerxencia social para previr situacións de exclusión social e favorecer a plena integración social dos sectores de poboación que carecen de recursos económicos propios para a atención das súas necesidades básicas.

Formas de iniciación

Á instancia da persoa interesada

Requisitos xerais

As persoas solicitantes das axudas deben cumprir cos seguintes requisitos:

  • Ser maior de 18 anos ou estar emancipada legalmente ou, no seu lugar, ter iniciado o trámite legal de emancipación.
  • Estar empadroada no termo municipal de Ourense cunha antelación mínima de 3 meses á solicitude, excepto aquelas persoas solicitantes que estean acollidas en recursos de aloxamento institucional e as persoas transeúntes que se atopen en situación de extrema urxencia.
  • Aceptación expresa, por parte da persoa usuaria, das condicións que figuren no proxecto de intervención social individual ou familiar.
  • Que o cómputo total dos ingresos anuais da unidade familiar de que forma parte a persoa solicitante sexan:
    • Familia de 1 membro: 75% do SMI
    • Familia de 2 membros : 85% do SMI
    • Familia de 3 membros : 95% do SMI
    • Familia de 4 membros : 105% do SMI

Incrementándose un 10% do SMI por cada membro máis da unidade familiar.

  • Non dispoñer de bens mobles ou inmobles, distintos á vivenda habitual, sobre os que posúa un dereito de propiedade, posesión, usufruto ou calquera outro que, polas súas características, valoración, posibilidade de explotación ou venda, indique a existencia de medios suficientes para atender a necesidade para a que se solicita a axuda.
  • Non ter acceso a outras axudas doutras administración públicas ou recursos propios que cubran a totalidade da necesidade para a que se solicita a prestación.
  • Non ter solicitado ningún membro da unidade familiar axuda económica municipal no ano natural, salvo naqueles casos excepcionais nos que por necesidade sobrevida requiran de atención urxente e inmediata.

Efectos do silencio

Transcorrido o prazo máximo de tres meses contado dende a data de entrada da solicitude no Concello de Ourense, sen que se producira a resolución expresa e notificada esta, a persoa interesada poderá entender desestimada a súa petición por silencio administrativo.

Prazo de resolución

A resolución correspóndelle ao/a concelleiro/a delegado/a, e deberá producirse no prazo máximo de tres meses contado dende a data de entrada da solicitude no Concello de Ourense.

En todo caso, a axuda concederase en función dos créditos dispoñibles neste concello para estas prestacións. Polo tanto, non bastará para recibir a axuda con que a persoa interesada reúna os requisitos e condicións anteriormente sinalados, senón que será necesario, ademais, que a súa petición poida ser atendida tendo en conta as dotacións orzamentarias existentes.

Impugnación

Contra a resolución poderase interpor alternativamente un recurso de reposición potestativo ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes, a contar dende o día seguinte ao da recepción da notificación, ou ben interpoñer directamente un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado Contencioso Administrativo de Ourense no prazo de 2 meses, a contar dende o día seguinte ao da recepción da notificación.

Dirixido a

Estas prestacións estarán destinadas a persoas ou unidades de convivencia que se atopen nunha situación de marxinación social e necesidade material de acordo cos baremos obxectivos legal ou regulamentariamente establecidos.

Como facelo

A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:

  • Rexistro Xeral

Praza Maior nº 1

32005 Ourense

Tfno: 988 388 100

Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

  • Oficina Municipal da Ponte

Praza Mestre Luís Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)

32001 Ourense

Tfno: 988 511 442

Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Tamén pódese presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.

Modelos de solicitude dispoñibles

Documentación requirida

  • Solicitud de Ayudas Económicas Municipais para la Atención de Necesidades Sociales, segundo o modelo oficial, debidamente cuberta.
  • Declaración responsable de ingresos da unidade familiar.
  • Solicitude de apertura/modificación da ficha de terceiro e pagamento por transferencia (Documento para a domiciliación bancaria).
  • Fotocopia da declaración da renda ou certificado negativo de Facenda, no caso de non autorizar á súa consulta.
  • Fotocopia do libro de familia.
  • Fotocopia do DNI da persoa solicitante e dos maiores de 16 anos da unidade familiar ou documentación acreditativa da identidade, no caso de non autorizar a súa consulta.
  • Fotocopia da tarxeta de desemprego ou mellora de emprego das persoas maiores de 16 anos, no caso de non autorizar a súa consulta.
  • Certificado do SPEE que acredite que perciben prestación por desemprego todos os membros adultos da unidade familiar, no caso de non autorizar a súa consulta.
  • Certificado de altas e baixas da Seguridade Social dos membros adultos da unidade familiar (vida laboral), no caso de non autorizar a súa consulta.
  • Certificados de percibir ou non pensións da administración pública, no caso de non autorizar a súa consulta.
  • Fotocopia do contrato de traballo e das dúas últimas nóminas dos maiores de 16 anos que realicen actividade laboral.
  • Xustificante da demanda.
  • Outros documentos específicos segundo as circunstancias ou necesidade.
  • Calquera outra documentación que para a correcta valoración da súa solicitude lle poida ser requirida durante a súa tramitación.

Comprobarase de oficio no Padrón municipal os datos do solicitante e das demais persoas que con el convivan.

Oficinas tramitadoras

Oficina Enderezo Teléfonos Horario
UNIS A Ponte Rúa Eulogio Gómez Franqueira, núm. 43 988 511 907 de 9 h a 13 h
UNIS Centro Rúa Bernardo González Cachamuíña, núm. 11-13 988 782 914 de 9 h a 13 h
UNIS Centro Histórico Rúa Colón,. Núm. 18-20 988 393 110 de 9 h a 13 h
Para cita previa. Oficina de Atención ao Cidadán Praza Maior nº 1 baixo 988 390 929 de 9.00h a 14 h
UNIS Couto Rúa Francisco de Moure, núm.2, entreplanta 988 220 856 de 9 h a 13 h
Oficina Enderezo Teléfonos
UNIS A Ponte Rúa Eulogio Gómez Franqueira, núm. 43 988 511 907
UNIS Centro Rúa Bernardo González Cachamuíña, núm. 11-13 988 782 914
UNIS Centro Histórico Rúa Colón,. Núm. 18-20 988 393 110
Para cita previa. Oficina de Atención ao Cidadán Praza Maior nº 1 baixo 988 390 929
UNIS Couto Rúa Francisco de Moure, núm.2, entreplanta 988 220 856
Oficina Horario
UNIS A Ponte de 9 h a 13 h
UNIS Centro de 9 h a 13 h
UNIS Centro Histórico de 9 h a 13 h
Para cita previa. Oficina de Atención ao Cidadán de 9.00h a 14 h
UNIS Couto de 9 h a 13 h

Normativa

Normativa municipal

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.