Axudas de Inclusión Social (AIS)
Descrición
As axudas de inclusión social (AIS) son prestacións económicas non periódicas que teñen como finalidade posibilitar ou reforzar os procesos de inclusión social das persoas ou familias en situación de exclusión social ou de risco de exclusión social, así como atender as situacións de grave emerxencia de persoas ou familias vulnerables que poidan desencadear un proceso de exclusión social.
Formas de iniciación.
Á instancia da persoa interesada.
Requisitos xerais
- Ser maior de idade.
- Estar empadroada e ter residencia efectiva en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Ter constituído unha unidade de convivencia independente.
- Non dispoñer de ingresos suficientes para afrontar os gastos derivados da situación de emerxencia.
Efectos do silencio
Entenderanse desestimadas aquelas solicitudes de concesión das axudas de inclusión social en que non se notificase resolución expresa no prazo de dous meses desde a entrada da solicitude da axuda en calquera dos rexistros do órgano competente para resolver
Prazo de resolución
O órgano competente de ámbito provincial da Administración autonómica elaborará a correspondente proposta de resolución e ditará a resolución, que deberá ser notificada no prazo de dous meses desde a entrada da solicitude da axuda en calquera dos rexistros do órgano competente para resolver.
Impugnación
Contra as resolucións ditadas polos órganos de resolución poderase interpor, no prazo dun mes, recurso de alzada ante o órgano administrativo competente.
Dirixido a
Persoas que o Sistema galego de servizos sociais valore como persoas en situación ou risco de exclusión social.
Criterios para a valoración técnica da situación de exclusión social ou de risco de exclusión social:
Verificarase a ausencia ou déficit grave de recursos económicos e a situación de desemprego, así como a concorrencia dalgún dos factores de exclusión seguintes, cando esa condición supoña especiais dificultades de integración social ou laboral:
- Estar nunha situación de cargas familiares non compartidas.
- Estar en proceso de rehabilitación social, como resultado dun programa de deshabituación de substancias adictivas ou de calquera outra adicción que produza efectos persoais e sociais de natureza semellante.
- Ter a condición de muller vítima de violencia de xénero.
- Ser unha persoa vítima de violencia doméstica.
- Ter unha discapacidade valorada superior ao 33 %.
- Ser inmigrante ou emigrante retornado.
- Proceder de institucións de protección ou reeducación de menores.
- Proceder de cumprimento de pena nunha institución penitenciaría.
- Ser unha persoa sen fogar ou habitar nunha infravivenda.
- Pertencer a unha minoría étnica.
- Estar en proceso de abandono do exercicio da prostitución ou ser vítima de explotación sexual-laboral en redes de prostitución ou de trata de persoas.
- Ter a condición de persoa transexual ou estar en proceso de reasignación sexual.
Calquera outro factor non previsto expresamente neste artigo sempre que, ponderado polos servizos sociais comunitarios no contexto persoal, familiar e social da persoa, condicione negativa e gravemente a súa inclusión social e laboral. Esta ponderación poderá ser tamén obxecto de avaliación por parte dos técnicos da Comunidade Autónoma.
Como facelo
A solicitude e documentación a achegar pódese presentar en:
- Rexistro Xeral
Praza Maior nº 1
32005 Ourense
Tfno: 988 388 100
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
- Oficina Municipal da Ponte
Praza Mestre Luís Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)
32001 Ourense
Tfno: 988 511 442
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
Tamén pódese presentar nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro.
Modelos de solicitude dispoñibles
- Modelos de autorización para a obtención de datos para a tramitación dos procedementos da área de Asuntos Sociais
- Solicitude das Axudas de Inclusión Social (AIS)
Documentación requirida
- Solicitude das Axudas de Inclusión Social (AIS)
Ademais da Solicitude das Axudas de Inclusión Social (AIS) que está dispoñible desde a sección Modelos de solicitude dispoñibles o resto da documentación que debe ser presentada pode atoparse en: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS618D e é a seguinte:
- Solicitude segundo o Anexo I. (Modelo de solicitude dispoñible desde https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS618D)
- Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.
- Copia do DNI ou NIE das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade no Anexo II.
- Copia do libro de familia, só no caso de menores integrantes da unidade familiar sen DNI.
- Certificado de residencia da persoa solicitante, no caso de non autorizar a consulta.
- Certificado de residencia das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II.
- Certificación de convivencia
- Certificación de titularidade de bens inmobles, só no caso de denegar a súa consulta.
- Copia do último recibo do imposto de bens inmobles, só no caso de vivenda familiar en propiedade.
- Certificado das prestacións e importes que figuran no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.
- Certificado das prestacións e importes que figuran no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II.
- Extracto de movementos de todas as contas bancarias das que sexan titulares calquera das persoas que integran a unidade familiar que inclúan os doce meses anteriores á formulación da solicitude.
- Informe emitido polo/a facultativo/a do Servizo Galego de Saúde nos casos nos que se solicite unha axuda de inclusión social que teña que ver coa saúde da persoa solicitante ou coa persoa menor de idade ao seu cargo.
- Orzamento de gastos para os que se solicita a axuda.
- Copia do título de discapacidade ou solicitude de revisión do grao da persoa solicitante, cando proceda e só no caso de non autorizar a súa consulta ou cando este fora emitido por outra comunidade autónoma.
- Copia do título de discapacidade ou solicitude de revisión do grao das persoas que integran a unidade familiar, cando proceda e só no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II ou cando este fora emitido por outra comunidade autónoma.
- Copia da declaración da renda ou datos fiscais relativos ao último exercicio da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.
- Copia da declaración da renda ou datos fiscais relativos ao último exercicio das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II.
- Documentación acreditativa da titularidade de vehículos da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.
- Documentación acreditativa da titularidade de vehículos, das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II.
- Documentación mínima que deben achegar os servizos sociais comunitarios do concello de residencia da persoa solicitante:
- Informe de valoración social con proposta de idoneidade da Axuda de inclusión social que solicita.
- Proposta de proxecto de traballo social ou socioeducativo.
Oficinas tramitadoras
Oficina | Enderezo | Teléfonos | Horario |
---|---|---|---|
Para cita previa. Oficina de Atención ao Cidadán | Praza Maior nº 1 baixo | 988 390 929 | de 9.00h a 14 h |
UNIS A Ponte | Rúa Eulogio Gómez Franqueira, núm. 43 | 988 511 907 | de 9 h a 13 h |
UNIS Centro | Rúa Bernardo González Cachamuíña, núm. 11-13 | 988 782 914 | de 9 h a 13 h |
UNIS Centro Histórico | Rúa Colón,. Núm. 18-20 | 988 393 110 | de 9 h a 13 h |
UNIS Couto | Rúa Francisco de Moure, núm.2, entreplanta | 988 220 856 | de 9 h a 13 h |
Oficina | Enderezo | Teléfonos |
---|---|---|
Para cita previa. Oficina de Atención ao Cidadán | Praza Maior nº 1 baixo | 988 390 929 |
UNIS A Ponte | Rúa Eulogio Gómez Franqueira, núm. 43 | 988 511 907 |
UNIS Centro | Rúa Bernardo González Cachamuíña, núm. 11-13 | 988 782 914 |
UNIS Centro Histórico | Rúa Colón,. Núm. 18-20 | 988 393 110 |
UNIS Couto | Rúa Francisco de Moure, núm.2, entreplanta | 988 220 856 |
Oficina | Horario | |
Para cita previa. Oficina de Atención ao Cidadán | de 9.00h a 14 h | |
UNIS A Ponte | de 9 h a 13 h | |
UNIS Centro | de 9 h a 13 h | |
UNIS Centro Histórico | de 9 h a 13 h | |
UNIS Couto | de 9 h a 13 h |
Normativa
- Lei 13/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia (DOG nº 249 do 31 de decembro de 2013).
- Orde do 26 de maio de 2015 pola que se aproba o modelo de informe social para a área da inclusión (ISI) e a súa utilización no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 131 do 14 de xullo de 2015).
- Decreto 14/2019, do 31 de xaneiro, de desenvolvemento da Lei 10/2013, do 27 de novembro de inclusión social de Galicia e das axudas de inclusión social (DOG nº 43 do 1 de marzo de 2019)
Trámites relacionados
En esta página
- Descrición
- Formas de iniciación.
- Requisitos xerais
- Efectos do silencio
- Prazo de resolución
- Impugnación
- Dirixido a
- Criterios para a valoración técnica da situación de exclusión social ou de risco de exclusión social:
- Como facelo
- Modelos de solicitude dispoñibles
- Documentación requirida
- Oficinas tramitadoras
- Normativa
- Trámites relacionados