Acceso de vehículos a zona histórica
Descrición
Para o acceso a zona histórica é necesario dispor dunha tarxeta magnética e un distintivo no que constará a matrícula do vehículo autorizado.
Dirixido a
- Residentes na Zona Histórica
- Propietarios non residentes de inmobles sitos na Zona Histórica
- Garaxes sitos na Zona Histórica
- Comerciantes que desenvolvan a súa actividade na Zona Histórica
- Servizos Especiais (Bombeiros, Ambulancias, Servizos Médicos, Policías, Limpezas Municipais..)
- Servizos de transporte urxente e empresas de mensaxería que necesiten acceder o Casco Histórico fora do horario de carga e descarga
Como facelo
Tramitación Electrónica
As persoas obrigadas polo artigo 14.2 da Lei 39/2015 a relacionarse a través de medios electrónicos coa Administración, deberán seleccionar este método de tramitación, non sendo válida para elas un método diferente de tramitación.
Para presentar a solicitude de maneira electrónica, debe:
- Descargar e cubrir o modelo de "Solicitude de autorización de acceso de vehículos á zona histórica".
- Reunir o resto de documentación requirida e aquela outra que vostede desexe incluír coa súa solicitude. Debe ter en conta que o rexistro electrónico admite:
- un máximo de 15 documentos
- no formato PDF
- un tamaño máximo por documento de 8.00 MB
- Realizar a sinatura electrónica de todos os documentos (modelo de solicitude e demais documentos). A Sede Electrónica municipal non está habilitada para a sinatura electrónica de documentación, polo que o proceso de sinatura electrónica debe ser realizado no ordenador do solicitante. No caso de necesitar información sobre como realizar a sinatura electrónica de documentos, pode consultar a "Guía para realizar a sinatura electrónica de documentos (PDF)".
- No caso de non telo feito antes, deberá identificarse na Sede empregando un certificado electrónico ou outro dos métodos de validación de Cl@ve. Logo da identificación atoparase no seu espazo persoal da Sede.
- Acceder ao Rexistro electrónico e seleccionar a "Acceso de vehículos á zona histórica"
- Engadir toda a documentación, que tal e como se indicou no paso 3 debe estar asinada co seu certificado dixital.
- Enviar a solicitude.
Feito o envío obterá un xustificante de rexistro de entrada no Concello.
Tramitación Presencial
No caso de tratarse dunha persoa física pode optar por realizar a tramitación electrónica explicada nos parágrafos anteriores, ou realizar a tramitación presencial.
Para a tramitación presencial, debe presentar a solicitude e o resto de documentación en:
- Rexistro Xeral
Praza Maior nº 1
32005 Ourense
Teléfono: 988 388 100
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
- Oficina Municipal da Ponte
Praza Mestre Luís Fernández s/n (Edificio Praza de Abastos da Ponte)
32001 Ourense
Teléfono: 988 511 442
Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
Tamén poderá presentar a solicitude nas formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro.
Modelos de solicitude dispoñibles
Documentación requirida
Residentes propietarios
- Fotocopia DNI
- Fotocopia permiso de circulación.
- Ficha técnica do vehículo.
É requisito imprescindible estar empadroado no Centro Histórico e estar ao corrente do IBI da vivenda, ditos requisito serán comprobados polo Concello.
Residentes non propietarios
- Fotocopia DNI
- Fotocopia permiso de circulación.
- Fotocopia do contrato de aluguer.
- Ficha técnica do vehículo.
É requisito imprescindible estar empadroado no Centro Histórico, dito requisito de empadroamento comprobarao o Concello.
Propietarios non residentes
- Fotocopia DNI.
- Fotocopia de permiso de circulación.
- Ficha técnica do vehículo.
O Concello verificará se está ao corrente do IBI da vivenda.
Garaxes propios
- Fotocopia DNI.
- Fotocopia permiso de circulación.
O Concello verificará se está ao corrente do IBI do garaxe.
Garaxes arrendados
- Fotocopia DNI
- Fotocopia permiso de circulación.
- Fotocopia do contrato de aluguer do garaxe.
- Ficha técnica do vehículo.
Comerciantes
- Fotocopia DNI.
- Fotocopia permiso de circulación.
- Ficha técnica do vehículo.
O Concello comprobará a licenza de apertura de obra e establecemento ou aquela que a substitúa, conforme á lexislación vixente en cada momento.
Servizos especiais
- Documento acreditativo do Servizo
- Fotocopia do permiso de circulación.
- Ficha técnica do vehículo.
Transportes urxentes ou empresas de mensaxería
- Fotocopia DNI
- Fotocopia permiso de circulación
- Documento que acredite a realización de servizos de carácter urxente.
- Ficha técnica do vehículo.
Oficinas tramitadoras
Oficina | Enderezo | Teléfonos | Horario |
---|---|---|---|
Dependencias da Policía Local de Ourense | Rúa Victoria Kent, nº 1, 32001 Ourense | Tfno. Policía Local 988388138, Tfno. Directo 988511620 | Horario de luns a venres de 9h a 14h |
Oficina | Enderezo | Teléfonos |
---|---|---|
Dependencias da Policía Local de Ourense | Rúa Victoria Kent, nº 1, 32001 Ourense | Tfno. Policía Local 988388138, Tfno. Directo 988511620 |
Oficina | Horario | |
Dependencias da Policía Local de Ourense | Horario de luns a venres de 9h a 14h |
Normativa
- Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Régimen Local.
- Decreto 17/2007, de 8 de febreiro, da Xunta de Galicia polo que se declara ben de interés cultural, coa categoría de sitio histórico, o conxunto de fontes termais de As Burgas e o seu entorno delimitado, no Concello de Ourense. Publicación BOE. Publicación DOG