Acceso ao servizo de "Carpeta Cidadá"
Descrición
Na "Carpeta Cidadá" poderá realizar as seguintes operacións:
- Xestionar recibos e multas.
- Pagar recibos e multas.
- Autoliquidar impostos.
O Concello incorporará progresivamente novas prestacións que amplíen esta vía de comunicación entre a cidadanía e o Concello.
Acceso con Certificado Electrónico
Para ter acceso aos servizos persoais que ofrece a "Carpeta Cidada" pode utilizarse o Dni electrónico ou un certificado dixital admitido polo sistema. Se vostede dispón dun dos certificados admitidos, unicamente deberá acceder á Web de Carpeta Cidadá e facer link na imaxe do Dnie ou no enlace co texto "Acceso con Certificado Dixital"; o sistema entón pediralle que se identifique co seu certificado, unha vez que faga dito paso, vai a mostrarse unha pantalla cunha redacción de condicións que terá que aceptar para ter acceso aos servizos persoais de Carpeta Cidadá.
Acceso con Claves
Pode que se dea o caso de que vostede non dispoña de ningún dos certificados admitidos. Se ese é o seu caso, para poder acceder á Carpeta Cidadá é necesario dispor dun código e unha clave de acceso. Eses datos de acceso só serán validos para a "Carpeta Cidadá"
Para poder dispor dos códigos de acceso, deberá seleccionar o botón "TRAMITAR" que se atopa na parte superior e inferior desta páxina. Ao facer isto abandonará a Sede Electrónica e accederá ao formulario de Carpeta Cidada de solicitude de claves de acceso.
Unha vez recibida a súa solicitude, o Concello comprobará os seus datos e enviaralle unha mensaxe de correo electrónico, indicándolle o lugar e a data a partir da cal vostede pode achegarse as dependencias municipais a recoller as súas claves de acceso. Recorde que deberá acudir coa documentación que se indica nas seguintes liñas.
Dirixido a
Calquer persona física maior de idade que dispoña de plena capacidade xurídica para actuar.
Documentación requirida
Cando acuda a Oficina Municipal deberá levar consigo a seguinte documentación:
- Coa finalidade de protexer o acceso aos datos confidenciais contidos na Carpeta Cidadá, deberá aportar o orixinal e a copia da súa documentación persoal (DNI, tarxeta de residencia ou NIE en formato carné)
- Deberá acudir co documento ''Condicións para a utilización do servizo Carpeta Cidadá do Portal Web do Concello de Ourense'' asinado. No caso de non ser posible que vostede imprima ditas condicións, o Concello proporcionaralle o documento que vostede deberá ler e asinar.
- No caso de que faga a solicitude unha terceira persoa en nome do interesado, deberá aportarse o orixinal e a fotocopia dun poder notarial expreso para a súa solicitude. Ademais, tamén deberase aporta unha fotocopia da documentación persoal que identifica o solicitante (DNI, NIE ou Permiso de Residencia) e orixinal e fotocopia da documentación persoal que identifica o autorizado (DNI, NIE o Permiso de Residencia)
- No caso de que vostede represente a algunha entidade xurídica (empresas, asociacións,...) deberá proporcionar documento que acredite a representación.