Solicitude / Autoliquidación de Licenza para Obras en Dominio Público: Realización de Cala
Terán a consideración de calas todas as aperturas de solo ou pavimento que conten coas seguintes características:
a) Xeométricas:
Anchura máxima: 1,5 m
Lonxitude máxima: 25 m
Profundidade máxima: 4,5 m
No caso de que se sobrepase a anchura máxima e sen sobrepasar os 3 metros, a superficie afectada non superará os 20 metros cadrados.
No caso de que afecte á rede viaria, a totalidade do perímetro do preceptivo balizamento non suporá o corte total do tráfico en ningún dos sentidos de circulación permitidos en dita vía.
b) Temporais: O Prazo de execución non poderá superar os 5 días hábiles.
Considérase acometida a obra realizada para levar o servizo dende o final da canalización ata os inmobles.
A quen está dirixido
Calquera persoa ou entidade.
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Por Internet
Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.
Se o que desexa é facer unha simulación da cota a pagar, pulse no botón "Acceso Simulación" unha vez pulsado "Tramitar por Internet".
Presencialmente
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.
Unha vez feito o pago, presente o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Por correo
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.
Unha vez feito o pago, envíe o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Documentación requirida
- Memoria
A memoria, subscrita por técnico competente, deberá referirse en todo caso aos seguintes aspectos:
a) Descrición das obras a realizar.
b) Relación de materiais a empregar.
c) Localización exacta da beirarrúa ou calzada da obra.
d) Se se prevé actuar sobre cruzamentos de rúas, indicación dos mesmos, datas e duración prevista.
e) Duración estimada da obra.
f) Ocupacións adicionais que se prevean con contedores de escombros, casetas de obras ou similares, debidamente superficiadas.
g) Plan de sinalización e balizamento da obra de acordo co previsto no anexo desta ordenanza.
Dita memoria deberá estar subscrita por técnico competente
- Planos de situación
En formato A4 ou A3, escala 1:2000. Subscritos por técnico competente.
- Orzamento de execución material
Subscrito por técnico competente.
- Cando a obra non se execute pola compañía de servizos
- Copia de alta no IAE da empresa que se encargará dos traballos
No caso de terse contratado. En caso contrario, deberá comunicarse ao Concello previamente ao inicio das obras.
- Copia de alta no IAE da empresa que se encargará dos traballos
- Estudo básico de Seguridade e Saúde
- Estudo de xestión e producción de residuos
Oficinas
- Departamento de Vías e Obras
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - 2º Andar
36202 Vigo
Teléfono: 986 810 271Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Trámites relacionados
- Solicitude / Autoliquidación de Licenza para Obras en Dominio Público. Arranxo de Avarías (Obra menor)
- Solicitude / Autoliquidación de Licenza para Obras en Dominio Público: Gran Cala
- Solicitude / Autoliquidación de Licenza para Obras en Dominio Público: Canalizaciones
- Solicitude / Autoliquidación de Licenza para Obras en Dominio Público: Obras diversas
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo