Exención do Imposto sobre Incremento do Valor de Terreos de Natureza Urbana (Plusvalía)

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Estarán exentos deste imposto os incrementos de valor que se manifesten como consecuencia das transmisións de bens que se atopen dentro do perímetro delimitado como Conxunto Histórico Artístico, ou teñan sido declarados individualmente de interese cultural, segundo o establecido na Lei 16/1985 de 25 de xuño do Patrimonio Histórico Español cando os seus propietarios ou titulares de dereitos reais acrediten que teñen realizado ao seu cargo obras de conservación, mellora ou rehabilitación de ditos inmobles nos cinco anos inmediatamente anteriores ao devengo do imposto.

A quen está dirixido

As transmisión de bens que se atopen dentro do perímetro delimitado como Conxunto Histórico Artístico, ou teñan sido declarados individualmente de interese cultural.

Como facelo

NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.

Por Internet

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.

Tramitar por Internet >>


Presencialmente

Presentando a solicitude e a documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello.

Documentación requirida

  • Copia do xustificante de pagamento de taxas de licenza de obras
  • Licenza Municipal de Obra
    Ou orde de execución.
  • Orzamento de execución material
  • Certificado de final de obra
  • Copia do xustificante de pago do Imposto de construcións, instalacións e obras

Observacións

Para poder gozar desta exención, os suxeitos pasivos deberán solicitala de forma expresa no prazo de declaración do imposto, acreditando, mediante facturas ou certificacións de obra, un desembolso efectivo que iguale ou supere ao valor catastral asignado ao inmoble no momento do devengo do imposto.

Oficinas

  • Oficina de Plusvalía

    Concello de Vigo Administración de Tributos - Departamento de Plusvalía Planta Baixa Praza do Rei 1 36202 Vigo Teléfono: 986 810 264 Fax: 986 810 264 Email: ofi.plusvalias@vigo.org

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Trámites relacionados


Oficinas de la administración

Escola Municipal de Artes e Oficios

Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.