Exención da Taxa de Recollida de Lixo de Vivendas

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Trámite para quedar exento do pago da taxa por recollida de residuos sólidos urbanos no termo municipal de Vigo, o seu transporte aos centros de eliminación e posterior tratamento.

A quen está dirixido

En xeral: Estarán exentos de pago da Taxa de Lixo das vivendas que constitúan a residencia habitual do solicitante, os membros de familias con ingresos brutos anuais, per cápita, inferiores a 4.166 €, e 6.519 € para o caso de familias numerosas.Ademais, a titularidade de Bens Inmobles de Natureza Urbana, fóra da vivenda na que residen, non poderá superar un valor catastral total de 50.538 €. O ingreso bruto anual per capita calcularase dividindo a totalidade dos ingresos brutos anuais de todas as persoas que convivan nunha vivenda entre o número total daquelas.

Familias Numerosas: Deberán acompañar o título de familia numerosa vixente a 1 de xaneiro do exercicio no que producirá efectos a exención.

Persoas maiores de 65 anos: Aplicarase aos seus ingresos brutos un coeficiente redutor do 0,50 (redución do 50%).

Persoas que vivan soas: Aplicarase aos seus ingresos brutos un coeficiente redutor do 0,55 (redución do 45%).

Persoas maiores de 65 anos que vivan sos: Aplicarase aos seus ingresos brutos un coeficiente redutor do 0,35 (redución do 65%).

Vítimas violencia de xénero con sentenza firme: Aplicarase aos seus ingresos brutos un coeficiente redutor do 0,35 (redución do 65%) nun período de 5 anos a contar desde a data da sentenza firme.

Familias Monoparentais: Aplicarase aos seus ingresos brutos un coeficiente redutor do 0,55 (redución do 45%) se só percibe ingresos o proxenitor/a custodio/a, e os fillos non finalizasen o ensino obligatorio, non contabilizando prestacións de fillos por minusvalía, invalidez ou similares.

Desempregados de longa duración: Aplicarase aos seus ingresos brutos un coeficiente redutor do 0,35% (redución do 65%), ás persoas con cargas familiares que leven en situación de desemprego máis de 22 meses ininterrompidos.

Dependentes con resolución de dependencia: Aplicarase aos seus ingresos brutos un coeficiente redutor do 0,50 (redución do 50%), con independencia do seu grado.

Dependentes maiores de 65 anos: Aplicarase un coeficiente redutor do 0,35 (redución do 65% dos seus ingresos brutos).

Dependentes maiores de 65 anos que vivan sos: Aplicarase un coeficiente redutor do 0,30 (redución do 70% dos seus ingresos brutos).

Discapacitados:

Grao maior do 65%: computará como 2 persoas no cálculo da renda percápita.

Grao entre o 33 e o 65%: computará como 1,5 persoas no cálculo da renda percápita.

Como facelo

NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.

Presencialmente

As solicitudes de bonificación ou exención deberán ser presentadas xunto coa documentación requerida, na oficina de Lixo Vivendas do Concello de Vigo, na Praza do Rei, entre o 1 de outubro e o 31 de decembro de cada ano e, no caso de resultaren estimadas, producirán efectos para o exercicio seguinte a aquel no que foran presentadas.

As persoas maiores de 65 anos que vivan soas presentarán a solicitude unha única vez, e a Administración Tributaria actuará de oficio nos sucesivos exercicios.

Documentación requirida

  • Se é inquilino da vivenda
    • Recibo de Aluguer da Vivenda (Fotocopia)
  • No caso de familias monoparentais ademais:
    • Certificado de Familia Monoparental expedido pola Xunta de Galicia
    • Fotocopia do libro de familia
    • Xustificante da escolarizacion dos fillos na E.S.O.
      Só no caso de ter fillos de 17 e 18 anos.
  • No caso de ser vítima de violencia de xénero ademais:
    • Copia da sentenza firme onde se recolla dita situación
      Non sendo ésta xustificable con ningún outro documento xudicial, e sempre e cando non tiveran transcorrido máis de 5 anos dende a data de dito documento.
  • No caso de desempregados de larga duración con cargas familiares, ademáis:
    • Certificado do Servicio Público de Emprego Estatal
      Deberá xustificar a permanencia de 22 meses ininterrompidos na situación de desemprego.
  • No caso de familias numerosas ademais:
    • Título de Familia Numerosa
      Vixente a 1 de xaneiro do exercicio en que deba surtir efectos a exención. (Fotocopia).
  • No caso de persoas dependentes ademais:
    • Resolución de Dependencia
      Non de minusvalía ou discapacidade (Fotocopia)
  • No caso de persoas con discapacidade:
    • Resolución do grado de minusvalía por discapacidade e carácter da discapacidade da Xunta de Galicia
      Deberá constar o carácter e grao da discapacidade.

Observacións

De presentarse algunha solicitude de exención entre o 1 de xaneiro e o 30 de setembro, será revisada e tramitada, entre o 1 de outubro e o 31 de decembro, e producirá efectos para o exercicio seguinte a aquel en que fora presentada.

Oficinas

  • Administración de Tributos: Lixo-Vivendas

    Concello de Vigo
    Praza do Rei 1 - Planta Baixa
    36202 Vigo
    Teléfono: 986 810 173 - 986 810 198

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Trámites relacionados


Oficinas de la administración

Escola Municipal de Artes e Oficios

Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.