Modificación no Padrón por Cambio de Domicilio dentro do Mesmo Municipio

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

O Padrón é o rexistro que acredita a residencia e o enderezo dos veciños do municipio para tódolos efectos administrativos.

A quen está dirixido

Toda persoa que viva en España ten a obriga de inscribirse no padrón do municipio onde reside habitualmente.

Este trámite vai dirixido a aquelas persoas inscritas que queren actualizar os seus datos por cambio de domicilio dentro do mesmo municipio.

Como facelo

NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.

Presencialmente

1. Pedir no Concello a Folla de Inscrición / Modificación (Disponíbel nesta páxina e na oficina de Estadística do Concello).

2. Cumprimentala e entregala no Concello coa documentación requerida.

INSTRUCIÓNS PARA CUMPRIMENTAR A FOLLA DE INSCRICIÓN:

- Escriba con pluma ou bolígrafo e en letras maiúsculas.

- Non encher os recadros sombreados.

- Indique no recadro correspondente: MESMO MUNICIPIO.

- A folla cumprimentada será asinada por todos os maiores de idade que se inscriban (polos menores asinan a nai e o pai ou titores legais).

- De se incorporaren novos habitantes a unha vivenda xa habitada, amáis terá que asinar a autorización das novas inscricións, a persoa maior de idade que dispoña dalgún título que acredite a posesión da vivenda (escritura de propiedade, contrato de aluguer). (Recadro persoa que autoriza).

- Encha o recadro "Número total de persoas inscritas nesta folla", para garantir a inalterabilidade dos espacios que puidesen quedar en branco.

- Se ten algunha dúbida seralle resolta no teléfono 986 810 132 ou no correo ofi.estatistica@vigo.org

Documentación requirida

  • Documento que acredite a identidade das persoas inscritas
    Traer o documento ORIXINAL, e se é o caso, tamén o da persoa que autoriza novas inscricións nunha folla xa existente:
    - D.N.I. (imprescindíbel maiores de 14 anos)
    - Pasaporte
    - Tarxeta de estranxeiro
    - Libro de familia para os menores.
    - Para os menores procedentes do estranxeiro que no seu pasaporte non figuren os nomes dos pais, terán que aportar unha partida de nacemento ou libro de familia do seu país.
  • Documento que acredite a ocupación da vivenda
    Traer o documento ORIXINAL
    (Escritura de propiedade, contrato arrendamento en vigor e último recibo pago, contrato o factura actual emitido pola compañía subministradora de auga, gas, electricidade, teléfono, etc.)
  • No caso de Cambio de Domicilio dun Menor
    • Consultar na Oficina de Estatística

Observacións

- Os que vivan en máis dun municipio inscribiranse no que residan durante máis tempo ó ano.

- O veciño ten dereito a coñecer a información que consta no Padrón sobre a súa persoa e a esixir a súa rectificación cando sexa errónea ou incorrecta.

- A presentación da folla de inscrición / modificación cumprimentada no Concello implica a súa conformidade para actualizar o Censo Electoral en consonancia cos datos reflectidos nela.

Oficinas

  • Estatística - Vivendas

    Concello de Vigo
    Planta Baixa - Praza do Rei nº1
    36202 - Vigo
    Teléfono: 986 810 132

Lexislación relacionada

Trámites relacionados


Oficinas de la administración

Escola Municipal de Artes e Oficios

Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.