Celebración dos Actos de Vodas Civís no Edificio Municipal (r/ Areal, 46), Pazo-Museo Quiñones de León e Casa do Concello de Vigo

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Os casamentos civís no Concello de Vigo celebraranse, sempre e cando estean dispoñibles, nos seguintes lugares, días e horas:

- Edificio municipal, r/ Areal, 46: venres que non sexan festivos, 13.00, 13.30 horas.

- Pazo-Museo "Quiñones de León" (Avda. Castrelos, s/n): Venres, que non sexan festivos ás 18.30 e 19.00 horas e sábados, que non sexan festivos nin víspera de festivo, ás 12.00, 12.30 e 13.00 - 18.30 e 19.00 horas.

- Casa do Concello: Celebraranse neste lugar sempre que sexa por causas xustificadas ou de necesidade.

A quen está dirixido

- Calquera persoa maior de idade.

- Os menores de 14 a 16 anos deberán obter previamente o permiso do Rexistro Civil.

- Os menores de 16 a 18 anos poderán ser emancipados por concesión dos seus pais ou dos que ostenten a patria potestade, e feita a emancipación solicitarán certificación literal de nacemento con inscrición marxinal da mencionada emancipación.

Como facelo

NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.

Presencialmente

Os interesados deben tramitar, previa ou conxuntamente á solicitude presentada no Concello, o correspondente expediente matrimonial no Rexistro Civil. Este tramitarase, de viviren os dous contraentes en Vigo, no Rexistro Civil do Xulgado de 1ª Instancia nº 4 (rúa Lalín, 4, tfno: 986817512). De viviren fóra de Vigo, xestionarase no Rexistro Civil que corresponda.

Unha vez o xuez encargado do Rexistro Civil dicte resolución do mencionado expediente, entregarase no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, indicando a data e a hora de celebración de matrimonio, a seguinte documentación:

- Escrito de datos de contraentes e Boletín estatístico de matrimonio, que se facilita no Rexistro Civil correspondente.

- Fotocopia do DNI das dúas testemuñas do casamento, maiores de idade, que intervirán na celebración do acto.

A citada documentación é preceptiva, debendo ser presentada no Concello no período de tempo comprendido entre o momento de presentación da solicitude e o día décimo anterior a data de celebración da voda civil.

No departamento de Información do Concello, facilitarase o impreso de solicitude (tamén disponíbel nesta páxina) que entregarase, unha vez cuberto, no Rexistro Xeral do Concello para o seu envío ao Departamento de Protocolo.

Documentación requirida

  • Escrito de datos de contraentes
    Que se facilita no Rexistro Civil correspondente.
  • DNI
    Fotocopia do DNI das dúas testemuñas do casamento, maiores de idade, que intervirán na celebración do acto.

Observacións

- No caso de tramitar conxuntamente o expediente de matrimonio civil no Rexistro Civil e a solicitude a presentar no Concello, debe ter en conta para solicitar data, que a duración do trámite do expediente de matrimonio no Rexistro Civil é, como mínimo, de tres meses, dependendo do estado civil e nacionalidade dos solicitantes.

- Por razóns de dispoñibilidade do Pazo-Museo “Quiñones de León” e da sala da planta novena do Concello de Vigo, soamente admitiranse solicitudes de datas relativas ó ano en curso.

- O prazo para admisión de solicitudes de vodas civís correspondentes ao ano seguinte, abrirase sempre, no mes de xuño do ano anterior.

- Se por causas de forza maior ou de interese xeral da propia administración, como celebración de recepcións ou outro tipo de actos ineludibles, se necesitasen as dependencias do citado pazo, a celebración do acto de casamento realizaríase a determinar polo Alcalde, dando conta ás persoas interesadas.

Notificación:

O Departamento de Protocolo informaralles aos/ás solicitantes telefonicamente da dispoñibilidade de datas no prazo de 10 días, dende a recepción da solicitude.

A adxudicación de datas e horas será por orde rigoroso de entrada das solicitude no Rexistro Xeral do Concello ou Rexistro electrónico.

Competencia para Celebración de Voda Civil:

As vodas civís serán celebradas polo alcalde ou concelleiro/a en quen delegue. De tódolos xeitos, os solicitantes poderán suxerir un/unha concelleiro/a determinado/a, para o que deberán indicar o nome e apelidos do concelleiro/a no impreso de solicitude.

Outros Servizos:

O Concello de Vigo faise cargo do acondicionamento da sala onde se celebrará o matrimonio civil, así como de:

-Ambientación musical; Canon de Johann Pachelbel. No caso de preferir outra peza musical, entragarase seleccionada e gravada (soporte cd) no Departamento de Relacións Públicas, unha semana antes da celebración do matrimonio civil; dito cd devolverase ao remate da cerimonia.

-Ornamentación floral.

-Obsequio aos contraentes ao remate da cerimonia.

O Concello non se ocupará de reportaxes fotográficas ou filmes.

Todos os servicios anteriores son gratuítos.

Advertencias:

Prohíbese o lanzamento de arroz, pétalos ou calquera outro material dentro das salas nas que se celebren as vodas civís; ditas accións reservaranse para fóra do edificio do Concello ou da porta de acceso ó Pazo-Museo “Quiñones de León”.

Prohíbese a entrada e estacionamento de vehículos dentro do Xardín Histórico e do Pazo-Museo “Quiñones de León”, declarados Ben de Interese Cultural, e a entrada e estacionamento de vehículos no garaxe do edificio do Concello de Vigo.

Deberase facer un bo uso do Xardín Histórico; respectaranse escrupulosamente en todo momento os macizos e plantacións existentes.

Departamento Responsable:

O Departamento de Protocolo é o responsable do trámite e celebración dos actos de casamentos civís. Dende este departamento remitarase a acta de matrimonio asinada ó Rexistro Civil de Vigo, para que nun prazo de tres semanas, seguintes ó día da voda civil, o Xulgado facilite ás persoas interesadas o correspondente Libro de Familia.

Para máis información deberán contactar cos seguintes servicios:

Para información inicial:

Departamento Atención Cidadá

Tfnos:010, chamadas dende Vigo. 986810260, chamadas dende fóra de Vigo ou dende móbil.

Correo electrónico: 010@vigo.org

No caso de teren xa solicitada data de celebración de matrimonio:

Departamento de Protocolo

Tfno: 986 810 156; Correo electrónico: ofi.protocolo@vigo.org

Normativa Municipal


Oficinas de la administración

Escola Municipal de Artes e Oficios

Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.