Solicitude / Autoliquidación de Baleirado de Pozo Negro ou Fosa Séptica
Mediante este trámite poderá solicitar ao Concello o baleirado dun pozo negro ou dunha fosa séptica.
A quen está dirixido
Calquera persoa.
Como facelo
NOTA: Pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica.
Por Internet
Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.
Se o que desexa é facer unha simulación da cota a pagar, pulse no botón "Acceso Simulación" unha vez pulsado "Tramitar por Internet".
Presencialmente
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.
Unha vez feito o pago presente o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Por correo
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.
Unha vez feito o pago envíe o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Prazos
Unha vez feita a solicitude o Servizo de Limpeza do Concello porase en contacto co interesado nun prazo aproximado de 2 días.
Documentación requirida
- Impreso solicitude / autoliquidación para baleirado de pozo negro ou fosa séptica
Observacións
Para máis información chame aos teléfonos 986 810 223 / 986 281 900 do Servizo de Limpeza do Concello de 9 a 13 horas.
Oficinas
- Servizo Municipal de Limpeza
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - Planta 2
Teléfono: 986 810 223Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Normativa Municipal
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Escola Municipal de Artes e Oficios
Calle Garcia Barbon 1, 36200, Vigo